axuda consulta mapa web buscar      
Páxina principal do IGAPE Contactar co IGAPE Xunta de Galicia Sociedades participadas polo IGAPE: XesGalicia e BicGalicia
Programas e axudas > Incentivos rexionais   voltar inicio
  Resumo da axuda  

Resumo da axuda

Obxectivos

Fomento do desenvolvemento económico rexional a través do apoio financeiro á implantación de proxectos empresariais investidores no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, considerada como zona de tipo II, co obxecto de corrixi-los desequilibrios territoriais existentes.

Beneficiarios

Sociedades mercantís que desenvolvan en Galicia proxectos de investimento empresarial dentro dos sectores de actividade cualificados como subvencionables.

Sociedades para constuír, con obxecto empresarial. Teñen un prazo de 4 meses dende a aceptación da resolución da concesión para que a sociedade se constitúa.

Tipos de Apoios

Subvención a fondo perdido sobre o investimento subvencionable que se vaia realizar en proxectos de creación de novas empresas, de ampliación, de modernización e de traslado.

Con carácter xeral, o prazo máximo para a realización do proxecto é de dous anos.

O investimento debe materializarse en activos fixos novos.

A contía máxima será o 40% sobre o investimento subvencionable. A porcentaxe de subvención gardará relación coa contía total do investimento aprobado, co número de postos de traballo creados, e valorarase especialmente a utilización de factores productivos da zona, a taxa do valor engadido e, se é o caso, o incremento de productividade, a incorporación ó proxecto de tecnoloxía avanzada e o carácter dinamizador do proxecto para a economía da zona.

Actividades subvencionables

Serán sectores promovibles os seguintes:

    • Industrias extractivas e transformadoras, especialmente as que apliquen tecnoloxías avanzadas ou utilicen enerxías alternativas.

    • Industrias agroalimentarias, de acuicultura e de transformación, conserva de productos pesqueiros, respectando os criterios sectoriais establecidos no Real decreto 1462/1986, do 13 de xuño.

    • Servicios de apoio industrial e os que melloren significativamente as estructuras comerciais da zona.

    • Establecementos de aloxamento hoteleiro, campamentos de turismo, aloxamentos de turismo rural, e instalacións complementarias de ocio de especial interese, así como ofertas para o turismo especializado con incidencia no desenvolvemento da zona.

Conceptos subvencionables

Poderanse considerar investimentos incentivables os realizados dentro dos seguintes conceptos:

    • Adquisición dos terreos necesarios para a implantación do proxecto.

    • Traídas e acometidas de servicios.

    • Urbanización e obras exteriores adecuadas ás necesidades do proxecto.

    • Obra civil en: oficinas, laboratorios, servicios sociais e sanitarios do persoal, almacenamento de materias primas, edificios de producción, edificios de servicios industriais, almacenamento de productos terminados e outras obras vinculadas ó proxecto.

    • Bens de equipo en: maquinaria de proceso, servicios de electricidade, xeradores térmicos, subministración de auga potable, elementos de transporte interior, vehículos especiais de transporte exterior, equipos de medida e control, instalacións de seguridade, depuración de augas residuais, medios de protección do medio e outros bens de equipo ligados ó proxecto.

    • Traballos de planificación, enxeñería do proxecto e de dirección facultativa dos proxectos.

    • Outros investimentos en activos fixos materiais.


 
 
Listas de distribución
 Novidades en programas e axudas.