axuda consulta mapa web buscar      
Páxina principal do IGAPE Contactar co IGAPE Xunta de Galicia Sociedades participadas polo IGAPE: XesGalicia e BicGalicia
Programas e axudas > Transporte   voltar inicio
  Convenio sector transporte
descargar

 
 

Finalidade da axuda: Abaratamento dos custos dos contratos de arrendamento financeiro concertados polas empresas do sector e destiñados ó financiamento de proxectos de renovación da flota de vehículos co obxecto da súa modernización e mellora medioambiental.

Beneficiarios: Empresas pertencentes ó sector transporte público por estrada, tando de viaxeiros coma de mercadorías e que teñan o seu domicilio social ou centro de traballo permanente en Galicia e realicen o proxecto investidor nesta Comunidade Autónoma.

Características das operacións: A axuda consiste na subsidiación dos tipos de xuro dos contratos de arrendamento financeiro concertados coas entidades de crédito colaboradoras do Igape.

O importe mínimo do investimento subvencionable e do contrato de arrendamento financeiro será de 60.000 euros, sendo a porcentaxe máxima de financiamento do 95%.

O importe máximo do contrato ou contratos de arrendamento financeiro subscritos ó abeiro deste convenio para cada beneficiario será de 3.000.000 €.A vixencia dos contratos de leasing será de entre 2 e 7 anos.

Os investimentos subvencionables serán, exclusivamente, os que se materialicen en novos elementos de transporte destiñados á substitución de vehículos usados de similares características.

A empresa beneficiaria deberá comprometerse a exerce-la opción de compra á expiración do contrato subsidiado.

Contía da subvención: A subsidiación será de 2 puntos porcentuáis de xuro, sen que, en ningún caso,  o tipo de xuro nominal do contrato de leasing, unha vez descontada a subsidiación, resulte inferior ó 1%. A axuda financiera que se conceda pagarase dunha sola vez.

Resolución do 27 de marzo de 2006: Convócanse para o ano 2006 as axudas reguladas no convenio de apoio financeiro 2004-2006 ao sector de transporte público por estrada de Galicia para a renovación da frota de vehículos, subscrito entre o IGAPE e as entidades de crédito.

Os tipos de xuro que serán de aplicación ás operacións solicitadas ao abeiro do convenio durante o ano 2006 serán os seguintes:

Para as operacións a tipo fixo, o 3,90%.

Para as operacións a tipo variable, o 3,40% durante o ano 2006.

Modifícase o convenio nos seguintes termos: A cláusula 7ª, punto 7.4.3. Axuda financeira e prazo de subsidiación, pasa a ter a seguinte redacción: A subsidiación ao tipo de xuro dos contratos de arrendamento financeiro será de 2,00 puntos.

Segundo.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2006.



Temas relacionados:
       Descarga dos formularios  
       Texto completo do Convenio de Transporte publicado no DOGA  
       Resolucion do 27.03.2006: Convovatoria 2006 do Convenio de Transporte