axuda consulta mapa web buscar      
Páxina principal do IGAPE Contactar co IGAPE Xunta de Galicia Sociedades participadas polo IGAPE: XesGalicia e BicGalicia
Programas e axudas > Xeriátricos   voltar inicio
  Xeriátricos
descargar

 
 

(Por estar completado o cupo de proxectos apoiables, non é posible atender novas solicitudes neste momento)

Obxectivos

O obxecto deste convenio consiste en incentiva-los investimentos en infraestructuras dedicadas a centros residenciais para maiores asistidos, promovidos pola iniciativa privada, que se instalen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarios

 Empresas privadas prestadoras de servicios sociais que promovan proxectos destinados á creación e posta en marcha de centros residenciais para maiores asistidos, e proxecten a localización, con carácter permanente, dalgún centro en Galicia.

 Tipos de apoios

Subvencións a fondo perdido do 10% do investimento considerado subvencionable, cun límite máximo de 900 millóns por proxecto.

Requisitos dos beneficiarios

  • Que acheguen para o proxecto un autofinanciamento de, alomenos, o 30% do seu importe, que non poderá ser obxecto de ningunha axuda.

  • Que se incardinen no Plan galego de persoas maiores 2001-2006, aprobado pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

  • Que o centro teña unha capacidade, como mínimo, de 150 prazas residenciais e un número de cuartos, maioritariamente individuais, dotados dun servicio hixiénico propio.

  • Que o proxecto sexa compatible coa creación dun servicio de atención diúrna/centro de día para maiores.

  • A concepción arquitectónica deberá contribuír a: potencia-la autonomía física, respecta-la privacidade, acada-la seguridade psíquica, atender a criterios de concepción sociorrecreativa do centro e facilita-lo labor do persoal polo que atinxe ó desenvolvemento das súas funcións.

Actividades subvencionables

Xestión de centros residenciais para maiores asistidos.

Conceptos subvencionables

  1. Investimentos realizados en:

    1. Adquisición de terreos necesarios para acomete-lo proxecto.
    2. Traídas e conexións de servicios.
    3. Urbanización e obras exteriores adecuadas as necesidades do proxecto.
    4. Obra civil en: oficinas, laboratorios, servicios sociais e sanitarios do persoal, almacenamento de materias primas, edificios de producción, edificios de servicios industriais, almacenamento de productos terminados e outras obras vinculadas ó proxecto.
    5. Bens de equipo: maquinaria de proceso, servicios de electricidade, subministración de auga potable, elementos de transporte interior, vehículos especiais de transporte exterior, medios de protección do ambiente, e outros bens de equipo ligados ó proxecto. No sector de transporte quedan excluídos os gastos destinados á adquisición de elementos de transporte (activos móbiles).
    6. Outros investimentos en activos fixos materiais.
    7. Traballos, estudios de planificación, enxeñería de proxecto e dirección facultativa.
    8. Aplicacións informáticas, propiedade industrial e intelectual incluíndo gastos de investigación e desenvolvemento que realice a propia empresa, e outros activos intanxibles ligados ó investimento, en contía non superior ó 25 % do investimento total aprobado no proxecto.

  2. Outros gastos ligados ó investimento:

    1. Gastos financeiros vinculados ás operacións de préstamo, crédito ou arrendamento financeiro, ata o 75% do investimento subvencionable destinado a financia-lo proxecto investidor.
    2. No caso do primeiro establecemento dunha empresa, ou centro de actividade, na Comunidade Autónoma de Galicia, os aprovisionamentos necesarios para o inicio da actividade (ata o 10% da facturación prevista para o primeiro exercicio económico).
    3. As asistencias técnicas para a elaboración de estudios vinculados á toma de decisión de acomete-lo proxecto investidor.


Temas relacionados:
       Descarga dos formularios  
       Texto completo do convenio de Xeriátricos publicado no DOGA  
 
 
Listas de distribución
 Novidades en programas e axudas.