axuda consulta mapa web buscar      
Páxina principal do IGAPE Contactar co IGAPE Xunta de Galicia Sociedades participadas polo IGAPE: XesGalicia e BicGalicia
Programas e axudas > Subsidiación ó tipo de xuro > Operacións de préstamos a Pemes (Convenio 2004-2006)   voltar inicio
  Operaciones de préstamos a Pymes
descargar

 
 

Dentro das

 operacións de préstamo subsidiables no convenio 2004-2006 contémplanse dous tipos de préstamos:

Préstamos para investimentos (Tipo A).

Préstamos para ampliación de capital (Tipo B).

 AVISO: convocatoria do ano 2006 soamente para o sector pesqueiro

Resolución do 27 de marzo de 2006: para atender ao financiamento de proxectos do sector pesqueiro

O convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras e publicado mediante Resolución do 27 de xaneiro de 2004 (Diario Oficial de las Comunidades Europeas nº 20, do 30 de xaneiro), prevé a publicación no Diario Oficial de Galicia do límite de crédito dispoñible para a concesión de axudas no ano 2006 e das partidas orzamentarias asignadas ao seu financiamento, así como o volume global de préstamos a subsidiar e do tipo de xuro aplicable para o primeiro semestre de 2006.

Por outra banda, a previsión da sinatura neste ano do convenio de apoio financeiro IGAPE-ICO-EEFF co obxecto de fomentar a utilización do crédito oficial na nosa comunidade autónoma supón que todas as actividades determinadas neste convenio se poidan beneficiar do mesmo. Polo tanto, decídese limitar a convocatoria do ano 2006 soamente para o sector pesqueiro, debido ás especiais características deste no relativo aos prazos habituais de amortización dos préstamos.

Cómpre, así mesmo, fixar o tipo de xuro aplicable ás operacións acollidas ao convenio e introducir unha serie de matices na súa redacción.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas, mediante o artigo 12.a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de

Promoción Económica, e do artigo 11.1.a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o seu regulamento

RESOLVO:

Primeiro.-Facer pública a seguinte modificación do convenio de apoio financeiro 2004-2006 ás pequenas e medianas empresas subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras, acordada polo Consello de Dirección do IGAPE na súa xuntanza do 2 de marzo de 2006:

Primeiro.- Para o ano 2006, as axudas reguladas no convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras, publicado mediante Resolución do 27 de xaneiro de 2004 (Diario Oficial de las Comunidades Europeas nº 20, do 30 de xaneiro) financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias 02.01 01/06/05 656700 cun crédito plurianual de 583.600 euros para o ano 2006, de 1.167.200 euros para o ano 2007 e de 1.167.200 euros para o ano 2008 e 02.01 01/02/01 656700 cun crédito plurianual de 25.800 euros para o ano 2006, de 51.600 euros para o ano 2007 e de 51.600 euros para o ano 2008. A concesión das axudas condicionarase á existencia de crédito orzamentario suficiente.

Segundo.-O volume global de préstamos a subsidiar non poderá superar os 35 millóns de euros.

Terceiro.-O tipo de xuro máximo que se aplicará durante o primeiro semestre do ano 2006 aos préstamos formalizados durante o mesmo será do 3,65%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior a 1,15 puntos, o tipo de xuro a aplicar será o resultado de engadir ao tipo de referencia (2,500) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, arredondarase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Cuarto.-O establecido nas cláusulas 2ª.5 e 7ª.1.2 non será de obrigado cumprimento para aqueles proxectos consistentes na adquisición ou construción de buques de pesca.

Quinto.-As cláusulas 8ª.3.4 e 8ª.3.5 quedan modificadas pola seguinte redacción:

8ª.3.4.-A subsidiación do tipo de xuro será de 2 puntos porcentuais.

8ª.3.5.-O tipo de xuro resultante para o beneficiario non poderá ser inferior ao 1%.

Sexto.-Limítase a relación de actividades incentivables do anexo I ás correspondentes aos epígrafes CNAE: 05 e 15.2.

Segundo.-Esta resolución entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.



Temas relacionados:
       Descarga dos formularios  
       Texto completo do convenio de Prestamos a Pemes publicado no DOGA  
       Resolución do 27 de marzo de 2006: para atender ao financiamento de proxectos do sector pesqueiro