axuda consulta mapa web buscar      
Páxina principal do IGAPE Contactar co IGAPE Xunta de Galicia Sociedades participadas polo IGAPE: XesGalicia e BicGalicia
Programas e axudas > Pesca   voltar inicio
  Convenio de Pesca
descargar

 
 

(Non está aberto, neste momento, á presentación de novas solicitudes)

Obxectivos

 O obxecto deste convenio é establecer liñas de financiamento subsidiado para titulares de empresas pertencentes ó sector pesqueiro de Galicia.

As axudas establecidas neste convenio son complementarias das establecidas no Decreto 201/2000, do 6 de xullo, e nas ordes da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia, con data do 14 de xullo de 2000, reguladora de axudas á renovación da flota e modernización de buques; do 17 de xullo de 2000, reguladora de axudas para a creación, renovación, modernización e innovación tecnolóxica das empresas de manipulación, transformación, conservación, tratamento e comercialización de productos; e  do 26 de xullo de 2000, reguladora de axudas ós investimentos en acuicultura mariña.

Beneficiarios

Armadores, empresas de manipulación, transformación e comercialización de productos de pesca e titulares de establecementos de cultivos mariños, con centros productivos situados na Comunidade Autónoma de Galicia, que formalicen operacións de préstamo ó abeiro deste convenio, para financiar proxectos de investimento subvencionados pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Galicia, conforme as seguintes ordes da citada consellería:

  • Orde do 14 de xullo de 2000, reguladora de axudas á renovación da flota e modernización de buques.

  • Orde do 17 de xullo de 2000, reguladora de axudas para a creación, renovación, modernización e innovación tecnolóxica das empresas de manipulación, transformación, conservación, tratamento e comercialización de productos.

  • Orde do 26 de xullo de 2000, reguladora de axudas ós investimentos en acuicultura mariña.

  • Orde de 21 de setembro de 2000, reguladora das axudas a investimentos en equipamento e servicio dos portos pesqueiros.

Tipos de apoios

A axuda consistirá na subsidiación dos tipos de xuro dos préstamos concertados ó abeiro deste convenio, e destinados ó financiamento de proxectos de investimento subvencionados ó abeiro das ordes da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura con  data do 14 de xullo, do 17 de xullo e do 26 de xullo de 2000.

Requisitos dos beneficiarios

(modificado pola Resolución do 27 de decembro de 2004 pola que se fai pública a nova definición de microempresas, pequenas e medianas empresas que, en cumprimento da Recomendación da Comisión Europea do 6 de maio de 2003)

Artigo 2º da Resolución do 27 de decembro do 2004 .-Os efectivos e límites financeiros que definen as categorías de empresas.

1. A categoría de microempresas, pequenas e medianas empresas (PEME) está constituída polas empresas que ocupan menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede 43 millóns de euros.

2. Na categoría das PEME defínese unha pequena empresa como unha empresa que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros.

3. Na categoría das PEME defínese unha microempresa como unha empresa que ocupa a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros.


Artigo 3º da Resolución de 27 de decembro de 2004.-Tipos de empresas considerados para o cálculo dos efectivos e os importes financeiros.

1. É unha empresa autónoma a que non pode cualificarse nin como empresa asociada para efectos do número 2, nin como empresa vinculada para efectos do número 3.

2. Son empresas asociadas todas as empresas que non se poden cualificar como empresas vinculadas para efectos do número 3 e entre as cales existe a relación seguinte: unha empresa (empresa participante) posúe, por si soa ou conxuntamente cunha ou máis empresas vinculadas para efectos da definición do número 3, o 25% ou máis do capital ou dos dereitos de voto doutra empresa (empresa participada).


Unha empresa pode, non obstante, recibir a cualificación de autónoma, sen empresas asociadas, aínda que se alcance ou se supere o límite máximo do 25%, cando estean presentes as categorías de investidores seguintes, e a condición de que entre estes, individual ou conxuntamente, e a empresa en cuestión non existan os vínculos descritos no número 3:

a) Sociedades públicas de participación, sociedades de capital risco, persoas físicas ou grupos de persoas físicas que realicen unha actividade regular de investimento en capital risco (investidores providenciais ou business angels) e invistan fondos propios en empresas sen cotización bursátil, sempre e cando o investimento dos devanditos business angels na mesma empresa non supere 1.250.000 euros.
b) Universidades ou centros de investigación sen fins lucrativos.
c) Investidores institucionais, incluídos os fondos de desenvolvemento rexional.
d) Autoridades locais autónomas cun orzamento anual de menos de 10 millóns de euros e unha poboación inferior a 5.000 habitantes.

3. Son empresas vinculadas as empresas entre as cales existe algunha das relacións seguintes:

a) Unha empresa posúe a maioría dos dereitos de voto dos accionistas ou socios doutra empresa.
b) Unha empresa ten dereito a nomear ou revogar a maioría dos membros do órgano de administración, dirección ou control doutra empresa.
c) Unha empresa ten dereito a exercer unha influencia dominante sobre outra, en virtude dun contrato celebrado con ela ou dunha cláusula estatutaria da segunda empresa.
d) Unha empresa, accionista ou asociada a outra, controla soa, en virtude dun acordo celebrado con outros accionistas ou socios da segunda empresa, a maioría dos dereitos de votos dos seus accionistas.

Hai presunción de que non existe influencia dominante, cando os investidores enunciados no segundo parágrafo do número 2 non teñan implicación directa ou indirecta na xestión da empresa en cuestión, sen prexuízo dos dereitos que lles correspondan na súa calidade de accionistas ou de asociados.

As empresas que manteñan calquera das relacións contempladas no primeiro parágrafo a través doutra ou outras empresas, ou cos investidores enumerados no número 2, consideraranse tamén vinculadas.

Consideraranse tamén empresas vinculadas as que manteñan algunha das devanditas relacións a través dunha persoa física ou un grupo de persoas físicas que actúen de común acordo, se as ditas empresas exercen a súa actividade ou parte dela no mesmo mercado de referencia ou en mercados contiguos.

Considerarase mercado contiguo o mercado dun produto ou servizo situado nunha posición inmediatamente anterior ou posterior á do mercado en cuestión.

4. A excepción dos casos citados no segundo parágrafo do número 2, unha empresa non pode ser considerada como PEME se o 25% ou máis do seu capital ou dos seus dereitos de voto están controlados, directa ou indirectamente, por un ou máis organismos públicos ou colectividades públicas.

5. As empresas poden efectuar unha declaración relativa á súa cualificación como empresa autónoma, asociada ou vinculada, así como aos datos relativos aos límites máximos enunciados no artigo 2º. Pode efectuarse esta declaración aínda que o capital estea distribuído de tal xeito que non se poida determinar con precisión quen o posúe, se a empresa declara con presunción lexítima e fiable que o 25% ou máis do seu capital non pertence a outra empresa ou non o ten conxuntamente con empresas vinculadas entre elas ou a través de persoas físicas ou dun grupo de persoas físicas. Tales declaracións non eximen dos controis e verificacións previstos polas normativas nacionais ou comunitarias.

Actividades subvencionables

Sector pesqueiro.

Conceptos subvencionables

O importe dos préstamos con dereito a subsidiación non poderá exceder do 70% do investimento subvencionable aprobado na correspondente resolución de axuda da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Orde do 14 de xullo de 2000, reguladora de axudas á renovación da flota e modernización de buques.

Orde do 17 de xullo de 2000, reguladora de axudas para a creación, renovación, modernización e innovación tecnolóxica das empresas de manipulación, transformación, conservación, tratamento e comercialización de productos.

Orde do 26 de xullo de 2000, reguladora de axudas ós investimentos en acuicultura mariña



 
 
Listas de distribución
 Novidades en programas e axudas.