axuda consulta mapa web buscar      
Páxina principal do IGAPE Contactar co IGAPE Xunta de Galicia Sociedades participadas polo IGAPE: XesGalicia e BicGalicia
Programas e axudas > Plan de Consolidación e Competitividade da Peme   voltar inicio
  PCCP: Plan de Consolidación e Competitividade da Pequena e Mediana Empresa 2006  

O Plan de Consolidación e Competitividade da Pequena e Mediana Empresa (Peme) cuxo obxectivo é modernizar o tecido empresarial a través da incorporación das tecnoloxías da información e comunicacións (TIC) e a incorporación de técnicas innovadoras, está regulado polo Real Decreto 582/2001, do 1 de xuño, polo que se establece o réxime de axudas e o sistema de xestión do Plan de Consolidación e Competitividade da Peme, cunha vixencia para o período 2000-2006. Dito real decreto atribúe ás Comunidades Autónomas a promulgación das bases reguladoras nos seus respectivos ámbitos e a tramitación e resolución das solicitudes de subvención e o seu pagamento, conforme aos criterios fixados pola Conferencia Sectorial da Peme, correspondéndolle ao Igape a xestión no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Engádense ademais, nas presentes bases, dúas medidas específicas de apoio á empresa familiar e á consultoría de apoio á primeira expansión das pequenas empresas, polo seu interese na concienciación das pequenas empresas e, en particular das empresas familiares, de planificar o seu futuro e abordar con garantías os procesos de expansión iniciais. Estas medidas concretas, póñense en marcha ao abeiro do Decreto 172/2001 sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, e non contarán co cofinanciamento dos fondos do Plan de Consolidación e Competitividade da Peme provistos pola Administración Xeral do Estado.

As Directrices Comunitarias sobre axudas do Estado ás pequenas e medianas empresas (96/C 213/04) e o Regulamento 70/2001 da Comisión Europea relativo á aplicación de ditas axudas, recoñecen a función decisiva das pemes na creación do emprego e como factor de estabilidade social e dinamismo económico. Así mesmo recoñece as súas necesidades de axuda que contrarresten aquelas imperfeccións do mercado que puidesen coartar o seu desenvolvemento económico; isto é, axudalas a conquerir a necesaria innovación tecnolóxica e a mellorar a súa xestión.

Preténdese nestas bases manter o apoio ás iniciativas de organismos intermedios cando representen actuacións en beneficio directo da mellora competitiva das pequenas e medianas empresas galegas.

As axudas reguladas nestas bases, segundo o indicado en cada apartado, outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva ao abeiro do disposto no apartado 8 do artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Nas convocatorias en concorrencia competitiva, a preparación de solicitudes será necesariamente telemática, como exemplo da implantación de sistemas e tecnoloxías novedosas, en beneficio de ambas partes. A súa presentación e a comunicación entre o solicitante e o Igape poderá ser asemade totalmente telemática, a través do rexistro telemático da Xunta, ou ben mediante a presentación física da instancia de solicitude, segundo o previsto na base 10ª.



Temas relacionados:
       Resolución do 05/06/2006 (DOG Nº 112 13/06/2006) - Plan de Consolidación e Competitividade da Pequena e Mediana Empresa  
       Resumo informativo das bases PCCP 2006  
       Solicitude de cobro  
       Modelo xustificación de gastos