axuda consulta mapa web buscar      
Páxina principal do IGAPE Contactar co IGAPE Xunta de Galicia Sociedades participadas polo IGAPE: XesGalicia e BicGalicia
Programas e axudas > Innovación Tecnolóxica > Préstamos a proxectos innovadores co aval das SGR   voltar inicio
  Préstamos a proxectos innovadores con aval das SGR

 
 

  • Esta liña de financiamento para pemes habilitará préstamos de entre 25.000 e 120.000 euros sen comisións das entidades e cun xuro do 3,30% no segundo semestre deste ano

As pemes que impulsen en Galicia proxectos innovadores poderán dispor de préstamos en condicións preferentes e avalados polas sociedades de garantía recíproca galegas. Será a través da liña de financiamento que se crea a partir do convenio publicado no DOG o 09 de outubro de 2006. Achegando compensacións por custos e xestión das operacións financeiras tanto ás entidades financeiras colaboradoras como ás SGR, o Igape fará posible a concesión de préstamos por contías comprendidas entre 25.000 e 120.000 euros nas seguintes: prazo de amortización entre 5 e 7 anos, incluíndo un de carencia, con xuros definidos polo Euribor a seis meses+un tipo adicional de 0,25 puntos. Para o segundo semestre de 2006, o xuro nominal é do 3,30%.

Mediante esta liña de apoio, o Igape habilita unha nova vía de financiamento específico para apoiar proxectos de innovación; o instituto procura deste xeito facilitar o desenvolvemento en Galicia dos proxectos deste tipo impulsados polas pemes, que adoitan atopan dificultades especiais para acceder ao financiamento directo.



Temas relacionados:
       Res 28/08/2006. Convenio entre o IGAPE, as SGR e as entidades financeiras que habilita unha liña específica para o financiamento de proxectos de innovación en Galicia