axuda consulta mapa web buscar      
Páxina principal do IGAPE Contactar co IGAPE Xunta de Galicia Sociedades participadas polo IGAPE: XesGalicia e BicGalicia
Programas e axudas > Emprendedores > Préstamos a emprendedores con aval das SGR   voltar inicio
  Préstamos a emprendedores con aval das SGR  

  • A liña de financiamento habilita préstamos de entre 25.000 e 120.000 euros sen comisións das entidades e cun xuro do 3,30% no segundo semestre deste ano

Os emprendedores que decidan implantar as súas iniciativas en Galicia poderán dispor de préstamos en condicións preferentes e avalados polas sociedades de garantía recíproca galegas, ao abeiro do convenio asinado polo Igape coas entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca galegas, publicado no DOG o 09 de outubro de 2006. Achegando compensacións por custos e xestión das operacións financeiras tanto ás entidades financeiras colaboradoras como ás SGR, o instituto fai posible a concesión de préstamos por contías comprendidas entre 25.000 e 120.000 euros nas seguintes condicións: prazo de amortización entre 5 e 7 anos, incluíndo un ano de carencia, con xuros definidos polo Euribor a seis meses+un tipo adicional de 0,25 puntos. Para o segundo semestre de 2006, o xuro nominal será do 3,30%.

Esta liña de apoio ponse en marcha como consecuencia dunha das carencias detectadas a través do Foro Galego do Emprendemento impulsado polo Igape, a referida á necesidade de apoiar o financiamento dos proxectos emprendedores desde a súa xestación, e facelo principalmente mediante o achegamento de garantías que lles faciliten o acceso ao financiamento necesario. Mediante esta liña de apoio, o Igape habilita unha nova vía de financiamento para apoiar a cultura do emprendemento e a implantación de proxectos promovidos por emprendedores, que adoitan atopar importantes dificultades para financiar os seus proxectos, principalmente polos problemas na achega de garantías ou polos custos de xestión que teñen este tipo de operacións.



Temas relacionados:
       Resolución do 28/09/2006. Convenio entre o IGAPE ,as SGR e as entidades financeiras que habilita liña de financiamento específica para emprendedores