axuda consulta mapa web buscar      
Páxina principal do IGAPE Contactar co IGAPE Xunta de Galicia Sociedades participadas polo IGAPE: XesGalicia e BicGalicia
Programas e axudas > Emprendedores   voltar inicio
  Emprendedores  

Resumo da axuda

A axuda consta de tres liñas:

Liña

Finalidade

Apoio

Base 3ª .- Apoios orientados a determinar a viabilidade dun proxecto empresarial

Axudar a determinar a viabilidade da idea empresarial e a perfeccionar os coñecementos dos promotores dos proxectos en materia de organización e xestión de empresas.

Servizos de formación e titorías a potenciais promotores de proxectos.

Base 4ª .- Apoios orientados a facilitar a implantación dun proxecto empresarial

Fomentar a aparición de empresas promovidas por novos emprendedores e de novas iniciativas empresariais de carácter innovador.

1-Subvencións a fondo perdido sobre dos gastos e investimentos considerados subvencionables.

2- Préstamos directos do Igape, en condicións de mercado e suxeitos ao dereito privado, destinados a gastos e investimentos de posta en marcha dun proxecto empresarial, que se axustarán en todo caso á súa normativa reguladora (Decreto 133/2002, do 11 de abril e a súa normativa de desenvolvemento).

Base 5ª .- Iniciativas de difusión

Apoiar as iniciativas en materia de difusión da cultura emprendedora

Subvencións a fondo perdido ás iniciativas en materia de difusión da cultura emprendedora, tales como xornadas, seminarios, ciclos de conferencias, congresos, etc. sempre e cando inclúan no seu programa contidos de divulgación específica dos instrumentos e actuacións do Igape no eido da cultura emprendedora na Comunidade Autónoma galega



Temas relacionados:
       Bases de Emprendedores: resolucion 01.03.2006 (DOG Nº49 10.03.2006)  
       Resolución de 5.07.2006 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas do Programa Emprendedores (DOG Nº136 11.07.2006)  
 
 
Listas de distribución
 Novidades en programas e axudas.