axuda consulta mapa web buscar      
Páxina principal do IGAPE Contactar co IGAPE Xunta de Galicia Sociedades participadas polo IGAPE: XesGalicia e BicGalicia
Programas e axudas > Audiovisuais   voltar inicio
  Audiovisuais
descargar

 
 

Obxectivos 

Financia-la realización de produccións audiovisuais: longametraxes, películas para a televisión, documentais, animación,  miniseries de ficción e programas piloto de series televisivas.

Beneficiarios

Empresas do sector audiovisual domiciliadas en Galicia, que realicen actividades na comunidade autónoma ou que teñan un impacto significativo no seu desenvolvemento económico.

Tipos de apoios

Préstamos coas seguintes características:

  • Importe de financiamento: con carácter xeral, ata o 50% do orzamento do proxecto. Poderase, excepcionalmente, chegar ata o 70% en calquera caso, cun límite máximo de 900.000 euros por operación.

  • O límite máximo de risco vivo por prestatario non superará os 1,8 millóns de euros.

  • O prazo de vixencia das operacións será, con carácter xeral, de 3 anos.  Poderase chegar ata un máximo de 5 anos cando as necesidades do proxecto o xustifiquen.

  • Tipo de xuro variable: euribor a 6 meses máis 0,5 puntos porcentuais.

Requisitos dos beneficiarios

  • Deberá ser presentado un proxecto que acredite: a súa viabilidade dende o punto de vista técnico e económico-financeiro, o seu impacto no desenvolvemento de Galicia, e o seu interese estratéxico de cara á consolidación da actividade vinculada ó sector na comunidade autónoma.

  • O proxecto deberá prever unha difusión que supere o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Deberán participar maioritariamente no proxecto productoras con enderezo social e fiscal en Galicia, ou ben, as ditas productoras desempeñarán a producción executiva, sempre que, neste caso, participen como mínimo, nun 20 % da producción. Excepcionalmente, tamén poderán solicitar préstamos as productoras con domicilio social e fiscal en Galicia, que aínda que non maioritariamente, participen nunha producción audiovisual que teña interese polo seu impacto no sector audiovisual da Comunidade Autónoma de Galicia. Neste último caso axustarase o importe do préstamo á porcentaxe da súa participación na producción.

Actividades subvencionables

  • Sector audiovisual

Conceptos subvencionables

As operacións financeiras destinaranse a atende-los gastos e investimentos para a implantación e desenvolvemento do proxecto empresarial.



Temas relacionados:
       Descarga dos formularios  
       Texto completo do programa de préstamos Audiovisuais publicado no DOGA  
       Tipo de xuro de referencia para o primeiro semestre de 2006  
 
 
Listas de distribución
 Novidades en programas e axudas.