axuda consulta mapa web buscar      
Páxina principal do IGAPE Contactar co IGAPE Xunta de Galicia Sociedades participadas polo IGAPE: XesGalicia e BicGalicia
Programas e axudas > Acción Exterior   voltar inicio
  Acción Exterior  

Liña diagnósticos de internacionalización (Base 6ª)

Apoio financeiro na elaboración de diagnósticos empresariais – elaborados por colaboradores externos escollidos polas empresas – para a análise da capacidade de internacionalización da empresa.

Límites de subvención: 70% ou 90% (para determinadas actividades ou empresas de carácter familiar ou cooperativo), cun máximo de 6.000 €

Liña estudos de mercado (Base 7ª)

Apoio financeiro a traballos de consultoría - realizados por colaboradores externos escollidos polas empresas - que permitan determinar as vantaxes competitivas para a actividade no exterior do Estado español, xa sexa co obxecto do abastecemento de materias primas ou produtos intermedios, para implantación empresarial ou para a comercialización de produtos elaborados na Comunidade Autónoma e de servizos prestados por empresas da Comunidade Autónoma.

Límites de subvención:

  • Solicitudes de asociacións, clusters e agrupacións de empresas con personalidade xurídica propia: 75% cun máximo de 9.000 €

  • Solicitudes de pemes: 50% cun máximo de 6.000 €

Liña promoción exterior en novos mercados (Base 8ª)

Apoio financeiro á primeira presenza nun determinado evento expositivo internacional relacionado directamente coa actividade da empresa solicitante en Galicia.

Conceptos subvencionables e límites:

  • 50 % aluguer de espazo expositivo, mobiliario e medios audiovisuais e de traslado de materiais (ida e volta), cun máximo de 6.000 € para eventos en Europa ou 9.000 € para eventos noutros países.

  • 50% deseño e construción do stand, cun máximo de 9.000 € (unha única vez por beneficiario).

  • 50% servizos de interpretación en eventos internacionais, cun máximo de 1.000 €

  • 50% viaxe e aloxamento no estranxeiro dunha persoa por beneficiario, cun máximo de 1.500 €

  • 50% asistencia técnica para a elaboración de axenda de entrevistas, cun máximo de 1.500 €

Liña cooperación internacional (Base 9ª)

Apoio financeiro a proxectos e actuacións destinados á sinatura de acordos de cooperación entre empresas xuridicamente independentes cun obxectivo identificado que, aproveitando sinerxías, reciprocidades ou complementariedades, permita ás PEMES galegas mellorar a súa competitividade. Os proxectos poderán incluír a análise de viabilidade do acordo, así como o estudo de alternativas xurídicas para a súa formalización e legalización.

Conceptos subvencionables e límites:

  • 50% consultoría externa (técnica, económica e xurídica), gastos notariais e rexistrais, cun máximo de 6.000 €

  • No seu caso, os seguintes conceptos que estean detallados no informe de consultoría:

  • 50% viaxe e aloxamento no estranxeiro, cun máximo de 1.500 € por viaxe (máximo 3 viaxes)

  • 50% asistencia técnica para a elaboración de axenda de entrevistas, cun máximo de 1.500 €

Liña apoio interempresarial (Base 10ª)

Apoio financeiro a proxectos e actuacións destinados á contratación de colaboracións externas dirixidas á identificación de empresas galegas axeitadas para conformar un grupo cara a súa actuación interempresarial.

Conceptos subvencionables e límites: 50% consultoría externa, cun máximo de 3.000 €



Temas relacionados:
       Resolución do 31/03/2006 (DOG Nº 69 07/04/2006) - Acción Exterior bases da axuda