axuda consulta mapa web buscar      
Páxina principal do IGAPE Contactar co IGAPE Xunta de Galicia Sociedades participadas polo IGAPE: XesGalicia e BicGalicia
Ferramentas e servizos > Emprendedores > [3] O proxecto > A elaboración do plan de empresa   voltar inicio
  A elaboración do plan de empresa  

¿Como podo realizar o Plan de Empresa se non teño a formación necesaria?

Para a elaboración do plan de empresa o Programa de Emprendedores dispón de diferentes actividades de formación, como son o Seminario de Planificación Empresarial, que cunha duración de 32 horas ofrecen os coñecementos básicos para a elaboración do plan de empresa; O Seminario de Xestión Empresarial, cunha duración de 132 horas,  e unha versión tamén on-line. Así como as Guías de actividade, o CD EMPRENDENDO, para a elaboración do Plan de empresa, e un programa informático  elaborado polo Bic- Galicia , o VIABLE, para a elaboración do plan económico-financiero. Dispón tamén  dun servicio de tutorías e asesoramento.

¿Cales son os elementos básicos do plan de empresa?

O plan de empresa é un documento de análise, e como tal  debe estar ó servicio da idea, por eso é polo que o seu contido adaptaráse ás necesidades de análise e presentación do proxecto empresarial.

Os elementos que compoñen o plan de empresa son os seguintes: Proxecto empresarial e presentación dos emprendedores; Actividade da empresa: o poducto ou servicio; O mercado; A comercialización do producto/servicio; O proceso de producción; A localización da empresa; As persoas; A financiación; Os aspectos formais do proxecto; A innovación; Planificación temporal da posta en marcha.

Algúns consellos prácticos para a elaboración do plan de empresa:

  • Debe ser sinxelo, posto que vai a ser utilizado  por persoas que non teñan coñecemementos técnicos, como colaboradores, traballadores, socios, inversores,...

  • Breve e conciso, desenrolaránse tódolos epígrafes de forma sistemática mantendo unha coherencia.

  • De lectura agradable, acompañaráse de gráficos, debuxos, estadísticas, que poidan despertar máis interese no lector.

  • Práctico, posto que será a referencia para a toma dedecisións.

  • Dinámico, non debe pensarse como un documento definitivo, senón que é un exercicio que se pode revisar e traballar sobre él.



foto