axuda consulta mapa web buscar      
Páxina principal do IGAPE Contactar co IGAPE Xunta de Galicia Sociedades participadas polo IGAPE: XesGalicia e BicGalicia
Ferramentas e servizos > "ADESTRA": ferramenta para o autodiagnóstico estratéxico das empresas galegas   voltar inicio
  ADESTRA: unha ferramenta de competitividade para as empresas galegas
descargar

 
 

Esta aplicación “Ferramenta de Autodiagnóstico Estratéxico para as Microempresas Galegas”, desenvolvida polo IGAPE, permítelles ás microempresas galegas a realización dun autodiagnóstico empresarial, de xeito que se xustifiquen as posibles necesidades de mellora e as incardine nun proxecto global de mellora a medio e longo prazo.

O obxectivo principal desta ferramenta é axudarlles as empresas usuarias na realización dun autodiagnóstico que permita definir un plan de acción a partir da análise da situación actual. Para iso a aplicación estrutura o autodiagnóstico nos seguintes catro pasos:

En primeiro lugar realizarase unha análise da situación actual que inclúa variables de negocio e do contorno competitivo:

  • Empresa, negocio e contorno

  • Procesos primarios da empresa e cadeas de valor

  • Imaxe corporativa e cultura empresarial

  • Análise económico-financeira


En segundo lugar identificaranse debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades derivadas da análise anterior, tendo en conta datos da propia empresa así como a súa posición relativa fronte aos competidores e ao sector


Posteriormente definiranse obxectivos e accións que fagan fincapé nos factores críticos identificados previamente reforzando as debilidades, evitando as ameazas, apoiándose nas fortalezas e aproveitando as oportunidades


Por último desenvolverase en detalle cada unha das accións e avaliarase o impacto a futuro do plan de acción na empresa.



Temas relacionados:
       Descarga da ferramenta e arquivos relacionados  
       Manual extendido de ADESTRA  
foto
FERRAMENTA TELEMÁTICA PARA A REALIZACIÓN DE AUTODIAGNÓSTICOS NAS EMPRESAS GALEGAS