
Xerar documento de Word imprimible. |
O prazo de presentación finalizou o 07/07/2010
|
|
| |
| ORGANISMO
|
Consellería de Traballo e Benestar
|
| 1.
TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA |
PROGRAMA DE INCENTIVOS A EMPRESAS DE INSERCION LABORAL (E.I.L.) (TR356A)
|
| 2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Promover a inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento ás empresas de inserción laboral, a través dos seguintes tipos de incentivos:
Contratación de persoas en situación ou risco de exclusión social.
Contratación de xerentes ou técnicos necesarios para garantir a viabilidade técnica, económica ou financeira da empresa de inserción.
Contratación de técnicos en accións de orientación e acompañamento á inserción.
Realización de labores de mediación laboral para a contratación de persoas en inserción no mercado laboral ordinario.
Formalización de préstamos con entidades financeiras.
Creación e ampliación do cadro de persoal das empresas de inserción laboral
|
| 3.
TIPOS DE APOIO |
Axudas en réxime de concorrencia non competitiva
|
| 4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
As empresas de inserción laboral, unha vez cualificadas e rexistradas como tales no rexistro habilitado a tal efecto na Dirección Xeral de Promoción do Emprego que promovan a inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, que teñan centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, nos termos e de acordo cos requisitos e condicións establecidos na orde de convocatoria.
Para os efectos desta orde son factores de exclusión sociolaboral os seguintes:
A discapacidade física, psíquica ou sensorial, ou a enfermidade mental, en grados que dificulten pero non imposibiliten a súa inserción laboral común.
A condición de persoa en proceso de rehabilitación e socialización normalizada, por proceder dunha situación de desestruturación persoal e familiar, de conflicto co entorno, ou rexeitamento social, tales como adicións a drogas, ou alcol, o exercicio da prostitución, o cumprimento de penas privativas de liberdade, etc.
A situación de cargas familiares non compartidas, agravadas por outros factores ou carencias persoais ou familiares.
A condición de inmigrante ou emigrante retornado, cando, polas súas características ou circunstancias persoais, presenten especiais dificultades de integración no mercado laboral.
A condición de persoa sen fogar.
A procedencia de institucións de protección ou reeducación de menores.
A condición de muller vítima de violencia de xénero que, por proceder de recursos específicos de acollida ou por calquera outra circunstancia, implique especiais dificultades de integración laboral.
A pertenza a determinadas minorías étnicas cando tal condición implique especiais problemas de integración laboral.
Calquer outro factor non previsto expresamente neste artigo sempre que, ponderado polos servizos sociais no contexto persoal, familiar e social da persoa, se considere que condiciona gravemente a súa empregabilidade.
Poderán ser ademais beneficiarios da inserción laboral a través de empresas de inserción:
As persoas beneficiarias da Renda de integración social de Galicia ou prestación de natureza equivalente e outros usuarios e usuarias do Plan galego de inclusión social, así como as perceptoras da axudas a vítimas de violencia de xénero xestionadas pola comunidade autónoma.
As persoas en situación ou risco de exclusión social que non accedan a dita prestación por falla do período de residencia ou empadroamento, características das unidade de convivencia, obriga de alimentos, idade ou tempo máximo de percepción.
As persoas desempregadas inscritas ininterrompidamente na oficina de emprego durante dous anos, as persoas desempregadas durante un período superior a doce meses maiores de corenta e cinco anos e as admitidas no programa que contempla a axuda específica denominada Renda activa de inserción que o soliciten e que a criterio do Servizo Público de Emprego de Galicia ou entidades asociadas requira a súa inclusión nun proceso de inserción a través dunha empresa de inserción laboral e que, en todo caso, se atopen en situación ou risco de exclusión social.
|
| 5.
SECTORES INCENTIVABLES |
-
|
| 6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
Os contratos de traballo celebrados entre os traballadores en risco ou en situación de exclusión social, cualificados de acordo co procedemento establecido no Decreto 156/2007, do 19 de xullo, e as empresas de inserción laboral deberán reunir as seguintes características para poder ser subvencionables:
Deberán formalizarse por escrito aceptándose calquera das modalidades de contratación existentes na normativa laboral vixente.
Non terán unha duración inferior a 12 meses nin superior a 24 meses, nin unha xornada inferior ao 50% da establecida en convenio colectivo de aplicación, ou no seu defecto, na xornada ordinaria legalmente establecida.
Con carácter previo ao mesmo, deberá subscribirse pola persoa seleccionada, a empresa de inserción e os servizos sociais o convenio de inserción, nos termos sinalados no artigo 13 do Decreto 156/2007 do 19 de xullo.
|
| 7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
-
|
| 8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
- Contratación de persoas en situación ou risco de exclusión social: A contía máxima da subvención será o 50% do salario mínimo interprofesional.
- Subvención pola contratación de xerentes ou técnicos: Subvención do 50% dos custos laborais totais calculada sobre 24 mensualidades.
- Subvención pola contratación de técnicos en orientación e acompañamento á inserción: Subvención do 50% dos custos laborais totais calculada sobre 24 mensualidades.
- Realización de labores de mediación laboral para a contratación de persoas en inserción no mercado laboral ordinario: Subvención de 6.000 euros á empresa de inserción laboral pola incorporación indefinida á empresa ordinaria dun traballador en proceso de inserción.
- Formalización de préstamos con entidades financeiras: Reducción dos xuros dos préstamos para financiar investimentos en activo fixo, ou ben, poderase destinar ata o 25% en activo circulante.A contía máxima non poderá ser superior a 3.000 euros por emprego creado.
- Creación e ampliación do cadro de persoal das empresas de inserción laboral: Subvención do 60% do custo total dos investimentos en activo fixo, excluídos os impostos que gravan a adquisición. O importe máximo determinarase en función dos postos de traballo ocupados por persoas en proceso de inserción ata un máximo de 12.000 euros por posto de traballo.
- Os incentivos anteriormente sinalados reduciranse proporcionalmente ao tempo efectivo de traballo cando o contrato se realice a tempo parcial.
|
| 9.
CONTÍA DAS AXUDAS |
-
|
| 10.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
O prazo de presentación das solicitudes de axudas será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
|
| 11.
INCOMPATIBILIDADES |
1. As axudas previstas nesta orde para as contratacións por conta allea serán incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento de emprego. As ditas axudas son compatibles, se é o caso, con incentivos en forma de bonificacións á Seguridade Social.
2. Os beneficios establecidos á contratación nesta orde non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 60% do custo salarial anual correspondente ao contrato que se subvenciona.
3. Os incentivos establecidos nesta orde serán compatibles con calquera outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea, doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados pero, sen que en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poidan superar os límites establecidos pola Unión Europea e os que establece o artigo 17.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
|
| 12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Orde do 26 de maio de 2010 (DOG Nº106 do 07/06/2010) - Bases reguladoras e convocatoria 2010
|
| 13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Servizo dos Autónomos, Inserción Laboral e Calidade do Emprego (Dirección Xeral de Promoción do Emprego)
Tfno. 981 95 77 27
|
| 14.
OBSERVACIÓNS |
-
|
|