
Xerar documento de Word imprimible. |
O prazo de presentación finalizou o 30/09/2012
|
|
| |
| ORGANISMO
|
Consellería de Traballo e Benestar
|
| 1.
TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA |
AXUDAS E SUBVENCIONS ÁS INICIATIVAS DE EMPREGO DE BASE TECNOLOXICA (IEBT) (TR340E)
|
| 2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
O programa de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) configúrase como un instrumento para a dinamización da vocación emprendedora e para aproveitar o potencial das persoas dedicadas á investigación e das persoas con titulación universitaria como xestores dos seus proxectos empresariais innovadores, así como apoiar e fomentar a transferencia do amplo coñecemento creado nas universidades e nos centros de investigación en proxectos xeradores de riqueza e de emprego.
|
| 3.
TIPOS DE APOIO |
Axudas a fondo perdido en réxime de concorrencia non competitiva.
As empresas cualificadas como IEBT poderán solicitar as seguintes modalidades de axudas:
a) Subvención á creación directa de emprego estable.
b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación.
c) Apoio á función xerencial.
d) Subvención financeira.
e) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.
|
| 4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
Empresas privadas, incluídos autónomos, que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT), ou, de ser o caso, no que se estableza na resolución de cualificación, sempre que se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.
O cadro de persoal no mes en que se proceda á primeira contratación por conta allea deberá estar constituído, como mínimo, nun 25% por persoas con titulación universitaria.
As entidades beneficiarias deberán crear, no primeiro ano de actividade, emprego estable para persoas desempregadas, respectando a proporción dunha persoa con titulación universitaria por cada catro postos de traballo da IEBT.
|
| 5.
SECTORES INCENTIVABLES |
Todos
|
| 6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
-
|
| 7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
As empresas deben estar previamente cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) e inscritas no rexistro administrativo habilitado para o efecto na Dirección Xeral de Promoción do Emprego
|
| 8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
1. Axuda á creación directa de emprego estable
Subvenciona os postos de traballo estables de carácter indefinido que sexan ocupados por desempregados inscritos como tales no Servizo Público de Emprego, incluídos os dos propios promotores e promotoras.
Cando o posto de traballo estable o ocupe un traballador desempregado, o incentivo será de 4.000 euros, esta contía incrementarase ata unha contía de 5.000 euros cando o posto de traballo sexa ocupado por unha traballadora desempregada.
Cando as contratacións se realicen con mozos menores de 30 anos os incentivos serán de ata 5.000 euros se son mozos desempregados e 5.600 euros se son mozas desempregadas.
Cando o posto de traballo se ocupe por un desempregado con título universitario o incentivo será de ata 6.000 euros, e de tratarse dunha muller con titulación universitaria de ata 6.600 euros.
Cando as persoas desempregadas posúan o título de doutor ou doutora a contía da axuda será de 7.000 euros.
Serán subvencionables os postos de traballo estables de carácter indefinido creados antes de transcorrer un ano desde a data de inicio da actividade, sendo subvencionables as contratacións realizadas entre o 1/10/2011 e o 30/09/2012.
2. Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación
Permite a contratación temporal de persoal técnico de alta cualificación para suplir as carencias para o desenvolvemento da actividade empresarial e o bo fin dela.
A subvención será equivalente ao 40% dos custos salariais totais, incluídas as cotizacións á Seguridade Social por todos os conceptos, segundo a duración do contrato, cun máximo de 12 mensualidades. Esta subvención terá como límite máximo por todas as contratacións a contía de 18.000 euros.
Serán subvencionables as contratacións realizadas antes de transcorrer un ano desde a data de inicio de actividade, sendo subvencionables as contratacións realizadas entre o 1/10/2011 e o 30/09/2012.
3. Apoio á función xerencial
Para o acompañamento na instalación da empresa, poderán ser obxecto de apoio as funcións xerenciais para axudar á persoa promotora ou empresaria na toma de decisións necesarias para o funcionamento da empresa. O dito apoio poderá revestir as modalidades de titoría, formación e realización externa de estudos e informes sobre a actividade.
Subvención equivalente ao 75% do custo dos servizos recibidos, cun límite máximo de 12.000 euros polo conxunto das modalidades de asistencia técnica previstas.
As empresas que a 30 de setembro de 2011 non tiveran finalizado o primeiro ano de actividade, poderán solicitar a axuda para o apoio á función xerencial polos gastos xerados desde o 1 de outubro de 2011 e ata o cumprimento de dito ano.
4. Subvención financeira de redución dos xuros dos préstamos necesarios dirixidos a financiar os investimentos que sexan necesarios para a creación e posta en marcha das empresas cualificadas como IEBT. Como mínimo, o 75 por cento do importe do préstamo deberá destinarse a financiar investimentos en inmobilizado material ou intanxible.
A subvención será de ata catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo calculada sobre os oito primeiros anos de vixencia destes. Terá como límite a contía de 6.300 euros por emprego estable creado para persoas desempregadas durante o primeiro ano desde o inicio da actividade.
5. Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade
Esta axuda consistirá nunha subvención para o financiamento dos gastos necesarios para o inicio e posta en marcha da actividade.
Serán subvencionables, a través desta axuda, os gastos de constitución, os gastos pola compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, arrendamento do local, de maquinaria e de equipos informáticos; os gastos do seguro do local, de publicidade e subministracións, excluído o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.
O importe máximo desta axuda determinarase en atención ao número de postos de traballo estables creados para os colectivos de beneficiarios previstos, de acordo coa seguinte escala:
■De 1 a 2 postos de traballo: ata 24.000 euros.
■De 3 a 10 postos de traballo: ata 36.000 euros.
■De 11 a 20 postos de traballo: ata 48.000 euros.
■21 ou máis postos de traballo: ata 60.000 euros.
En ningún caso o importe desta axuda poderá superar a contía de 12.000 euros por posto de traballo estable creado para os colectivos beneficiarios.
Para os efectos desta axuda, só se terán en conta os empregos subvencionables creados durante o primeiro ano de actividade.
As empresas que a 30 de setembro de 2011 non tiveran finalizado o primeiro ano de actividade, poderán solicitar a axuda para o inicio e posta en marcha da actividade polos gastos xerados desde o 1 de outubro de 2011 e ata o cumprimento de dito ano.
|
| 9.
CONTÍA DAS AXUDAS |
-
|
| 10.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
O prazo xeral de presentación de solicitudes de todos os tipos de axudas do programa regulado nesta orde finalizará o 30 de setembro de 2012.
|
| 11.
INCOMPATIBILIDADES |
En ningún caso o importe das subvencións ou axudas concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, concedidos por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, supere o 80% do custo da actividade que vaia desenvolver a persoa ou entidade beneficiaria.
As subvencións reguladas nesta orde serán incompatibles coas axudas establecidas nos programas de iniciativas locais de emprego (ILES), de promoción do emprego autónomo, de iniciativas emprendedoras e de emprego, das iniciativas emprendedoras promovidas por persoas traballadoras que esgotaran as súas prestacións por desemprego, de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego, así como no programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais, agás que se trate da axuda para o acceso á condición de socio ou socia traballador/ a dunha cooperativa de traballo asociado, convocados pola Consellería de Traballo e Benestar.
A axuda á creación de emprego estable e a subvención para a contratación de persoal experto técnico de alta cualificación serán incompatibles coas establecidas nos diferentes programas de fomento da contratación por conta allea convocados pola Consellería
de Traballo e Benestar. Os ditos incentivos serán compatibles, de ser o caso, coas axudas ou bonificacións ás cotizacións á Seguridade Social.
Ao estar estas axudas suxeitas ao réxime de minimis, deberase garantir que, no caso de axudas a empresas, de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis, non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais.
Este límite será de 100.000 euros para as empresas do sector de transporte por estrada; 30.000 euros para as empresas do sector pesqueiro; e 7.500 euros para as empresas dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.
|
| 12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Orde do 2 de marzo de 2012 (DOG Nº51 do 13/03/2012) - Bases reguladoras e convocatoria 2012
|
| 13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
As solicitudes e os anexos deste programa están dispoñibles na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar: http://traballo.xunta.es
DIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN DO EMPREGO
Subdirección Xeral de Apoio á Contratación, aos Emprendedores e ao Traballo Autónomo
Servizo de Apoio aos Emprendedores e á integración Laboral das Persoas con Discapacidade
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
TELÉFONOS:
981 957732, 981 544716, 981 544682, 981 957253
|
| 14.
OBSERVACIÓNS |
-
|
|