|
| |
| ORGANISMO
|
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras
|
| 1.
TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA |
AXUDAS A EMPRESAS DE TRANSPORTE PÚBLICO DE VIAXEIROS PARA A ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS ACCESIBLES
|
| 2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Concesión das subvencións da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para que as empresas prestadoras de servizos de transporte público regular permanente de viaxeiros de uso xeral suxeitas a concesión administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia poidan adquirir vehículos accesibles para persoas con mobilidade reducida.
|
| 3.
TIPOS DE APOIO |
Axudas en réxime de concorrencia non competitiva
|
| 4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
Empresas prestadoras de servizos de transporte público regular permanente de viaxeiros de uso xeral suxeitas a concesión administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia.
|
| 5.
SECTORES INCENTIVABLES |
Transporte de viaxeiros
|
| 6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
-
|
| 7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
1. Con cargo a esta orde será subvencionable a adquisición de vehículos destinados ao transporte interurbano colectivo e de capacidade superior a nove prazas, incluído o condutor, que reúnan as seguintes condicións:
a) Que estean adaptados para o seu uso por persoas con mobilidade reducida. Para estes efectos, os vehículos deberán reunir as condicións previstas no Real decreto 1544/2007, do 23 de novembro, polo que se regulan as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e utilización dos modos de transporte para persoas con minusvalidez. Ademais, e en todo caso, as actuacións de accesibilidade que se realicen nos vehículos deberán reunir, cando menos, as especificacións contidas na Directiva 2001/85/CE, do 20 de novembro.
As condicións mínimas de accesibilidade establecidas polas anteditas normas recóllense resumidamente no anexo I desta orde de convocatoria.
b) Os vehículos deberán ser adquiridos durante o ano 2010.
c) En ningún caso se admitirán como subvencionables os vehículos de segunda man nin os adscritos ao Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal para Persoas con Discapacidade e/ou Dependentes (065).
2. Entenderase como actuación subvencionable a adquisición mediante arrendamento financeiro (leasing), mais neste caso a subvención cubrirá unicamente os gastos de capital que se realicen durante o ano 2010.
|
| 8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
Será subvencionable a adquisición de vehículos destinados ao transporte interurbano colectivo e de capacidade superior a nove prazas, incluído o condutor, que reúnan as seguintes condicións:
a) Que estean adaptados para o seu uso por persoas con mobilidade reducida. Para estes efectos, os vehículos deberán reunir as condicións previstas no Real decreto 1544/2007, do 23 de novembro, polo que se regulan as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e utilización dos modos de transporte para persoas con minusvalidez.
As condicións mínimas de accesibilidade establecidas polas anteditas normas recóllense resumidamente no anexo I desta orde de convocatoria.
b) Os vehículos deberán ser adquiridos durante o ano 2009.
Entenderase como actuación subvencionable a adquisición mediante arrendamento financeiro (leasing), mais neste caso a subvención cubrirá unicamente os gastos de capital que se realicen durante o ano 2009.
|
| 9.
CONTÍA DAS AXUDAS |
A contía de cada subvención por vehículo será a que resulte de dividir o importe sinalado no número 2 deste artigo polo número de vehículos que figuren nas solicitudes que cumpran os requisitos fixados nesta orde. Porén, esa cantidade en ningún caso poderá exceder dos 24.000 euros
|
| 10.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 2 de xullo de 2010, incluído.
|
| 11.
INCOMPATIBILIDADES |
As subvencións obxecto desta orde decláranse compatibles, de ser o caso, con outras achegas, axudas ou subvencións que para a mesma finalidade poida obter a entidade beneficiaria; non obstante, a suma total de todas elas nunca poderá superar o custo da actividade subvencionada.
|
| 12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Orde do 4 de maio de 2010 (DOG Nº96 do 24/05/2010) - Bases reguladoras
|
| 13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Información na Dirección Xeral de Mobilidade. Os teléfonos 981 54 45 02 e 981 54 45 85 da devandita dirección xeral.
|
| 14.
OBSERVACIÓNS |
Unha vez notificado o outorgamento da axuda e, en todo caso, antes do 30 de novembro de 2010, o interesado deberá presentar ante a Dirección Xeral de Mobilidade a factura de compra do vehículo subvencionado e o xustificante da transferencia ou transferencias bancarias do seu aboamento.
|