
Xerar documento de Word imprimible. |
O prazo de presentación finaliza o 20/09/2010
|
|
| |
| ORGANISMO
|
Consellería do Medio Rural
|
| 1.
TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA |
AXUDAS AOS PRODUTORES QUE PARTICIPEN EN PROGRAMAS DE PRODUCIÓN E MELLORA DOS PRODUTOS AGROALIMENTARIOS GALEGOS CON CALIDADE DIFERENCIADA
|
| 2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
O obxecto desta orde é convocar, para o exercicio orzamentario 2010, as axudas aos produtores que participen nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada.
|
| 3.
TIPOS DE APOIO |
Axuda en réxime de concorrencia competitiva polo sistema de rateo.
|
| 4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
Poderán ser beneficiarios destas axudas os produtores que participen nalgún dos programas de calidade diferenciada dos alimentos:
Produción agrícola ecolóxica, regulada polo R (CE) 2092/1991, do Consello, do 24 de xuño, sobre a produción agrícola ecolóxica e a súa indicación nos produtos agrarios e alimenticios, e R (CE) 834/2007, do Consello, do 28 de xuño de 2007, sobre produción e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos.
Indicacións xeográficas protexidas (IXP) e denominacións de orixe protexidas (DOP) de produtos agroalimentarios, reguladas polo R (CE) 510/2006, do Consello, do 20 de marzo, sobre a protección das indicacións xeográficas e das denominacións de orixe dos produtos agrícolas e alimenticios.
Viños de calidade producidos en rexións determinadas e viños da terra, regulados no R (CE) 1493/1999, do Consello, do 17 de maio, polo que se establece a organización común do mercado vitivinícola; no R (CE) 479/2008, do Consello, do 29 de abril, polo que se establece a organización común do mercado vitivinícola, se modifican os R (CE) 1493/1999, R (CE) 1782/2003, R (CE) 1290/2005, R(CE) 3/2008 e se derrogan os R(CEE) 2392/86 e R(CE) 1493/1999; e na Lei 24/2003, do 10 de xullo, da viña e do viño.
Bebidas espirituosas con denominación xeográfica, reguladas polo R (CE) 110/2008, do Parlamento e do Consello, do 15 de xaneiro, relativo á definición, designación, presentación, etiquetaxe e protección da indicación xeográfica de bebidas espirituosas, e polo que se derroga o R (CEE) 1576/1989, do Consello.
Especialidades tradicionais garantidas, reguladas polo R (CE) 509/2006, do Consello, do 20 de marzo, sobre as especialidades tradicionais garantidas dos produtos agrícolas e alimenticios.
|
| 5.
SECTORES INCENTIVABLES |
Agroalimentario
|
| 6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
-
|
| 7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
-
|
| 8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
Para a convocatoria de 2010, serán atendibles os gastos realizados no período comprendido entre o 1 setembro de 2009 e o 31 de agosto de 2010.
Serán subvencionables, excluídos impostos recuperables, os gastos derivados da inscrición e as cotas de participación nun programa de calidade diferenciada dos alimentos do sector agroalimentario galego, incluíndo, se é o caso, os gastos de rexistro, control ou inspección e certificación necesarios para comprobar o cumprimento das especificacións do programa. Non se considerarán subvencionables os custos internos ou de autocontrol.
|
| 9.
CONTÍA DAS AXUDAS |
A contía da axuda poderá chegar ata o 100% dos gastos subvencionables realizados, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación, durante un período máximo de cinco anos.
|
| 10.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria rematará o día 20 de setembro de 2010
|
| 11.
INCOMPATIBILIDADES |
Estas axudas son compatibles ata o 100% dos gastos subvencionables con calquera outra para o mesmo fin que non teña financiamento total ou parcial do Feader ou doutros fondos da Unión Europea, sen superar os 3.000 € anuais por explotación.
Os beneficiarios teñen a obriga de comunicarlle de inmediato ao órgano concedente calquera subvención, axuda ou ingreso que, para a mesma finalidade e de calquera procedencia, solicitase ou lle fose concedida ou pagada.
|
| 12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Orde do 31 de agosto de 2009 (DOG Nº 175 do 07/09/2009) - Bases e convocatoria 2009
Orde do 29 de xuño de 2010 (DOG Nº126 do 06/07/2010) - Bases 2010
|
| 13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria
Tfno. 981 544777
|
| 14.
OBSERVACIÓNS |
-
|
|