INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

O prazo de presentación finalizou o 12/08/2010
Orde do 1 de xullo de 2010 (DOG Nº131 do 12/07/2010) - Bases e convocatoria 2010
ORGANISMO
Consellería de Economía e Industria
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
SUBVENCIÓNS PARA INVESTIMENTOS INNOVADORES (IN848A)
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
As subvencións recollidas nestas bases teñen por obxecto incentivar o desenvolvemento de actuacións que incidan na capacidade competitiva das empresas, e que incrementen a súa capacidade tecnolóxica e innovadora mediante a dotación de recursos materiais específicos para desenvolver os seus proxectos de innovación, así como a dotación específica de unidades de I+D como vía de mellora da súa competitividade mediante a posta no mercado de novos ou mellorados produtos ou servizos.

3. TIPOS DE APOIO
Subvencións en réxime de concorrencia competitiva.
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
Empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
5. SECTORES INCENTIVABLES
Segundo o establecido no Regulamento (CE) 800/2008, polo que se regulan as axudas recollidas nesta orde, non se aplicará a axudas en favor das actividades seguintes:

a) Os produtos da pesca e a acuicultura regulados polo Regulamento (CE) 104/2000 do Consello.

CNAE 09: grupo 10.2 (todas as clases).

b) As actividades relacionadas coa produción primaria de produtos agrarios mencionadas no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea e as relacionadas coa transformación, fabricación e comercialización de produtos agrarios cando o importe da axuda se fixe sobre a base do prezo ou a cantidade de tales produtos comprados aos produtores primarios ou comercializados polas empresas en cuestión; ou cando a axuda se repercuta total ou parcialmente sobre os produtores primarios (agricultores).

CNAE 09: divisións 01, 02, 03 e 05 (todos os grupos e clases).

c) O sector da industria siderúrxica conforme a definición que recolle o anexo I das directrices comunitarias sobre as axudas de Estado de finalidade rexional para o período 2007-2013 (2006/C 54/08):

CNAE 09: grupos 24.1, 24.2 e 24.3 (todas as clases) e clases 24.51, 24.52.

d) O sector de fibras sintéticas conforme a definición que recolle o anexo II das directrices comunitarias sobre as axudas de Estado de finalidade rexional para o período 2007-2013 (2006/C 54/08).

e) O sector do carbón e do aceiro:

CNAE 09: división 05 (todos os grupos e clases).

f) O sector da construción naval consonte ao disposto na comunicación da Comisión DO C 160, do 28-10-2006:

CNAE 09: clase 30.11.

g) Tampouco poderán aplicarse as axudas a actividades relacionadas coa exportación, concretamente as axudas directamente vinculadas ás cantidades exportadas, as axudas ao establecemento e funcionamento dunha rede de distribución ou as axudas a outros gastos correntes vinculados á actividade exportadora.

6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
As subvencións recollidas nesta convocatoria concederanse para a realización dos proxectos e investimentos que se inicien con posterioridade á presentación da solicitude de subvención.

Subvencionaranse os investimentos dirixidos a:

a) Creación dun novo centro produtivo ou a ampliación dun establecemento da empresa solicitante, coa finalidade de permitir o desenvolvemento de novos produtos e procesos.

b) Diversificación da produción dun establecemento para atender mercados de produtos novos e adicionais.

c) Unha transformación fundamental de carácter innovador no proceso global de produción dun establecemento existente.

d) Creación e ampliación da capacidade tecnolóxica estable dentro das empresas mediante estruturas de investigación e innovación de dimensión apropiada para a xeración de desenvolvemento tecnolóxico.

7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
-
8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
Terán a consideración de gastos subvencionables:

a) Realización de investimentos en maquinaria necesaria para o proxecto. No sector do transporte non serán subvencionables os medios e equipamento de transporte.

b) Adquisición de equipamento específico para o incremento da capacidade tecnolóxica e innovadora da unidade de I+D da empresa.

c) Instalacións e acondicionamentos imprescindibles para o funcionamento dos equipamentos adquiridos.

d) Transferencia de tecnoloxía mediante a adquisición de dereitos de patentes, licenzas, know-how ou coñecementos técnicos non patentados. No caso de empresas que non teñan a condición de peme, o custo subvencionable por este concepto non pode ser superior ao 50% do custo subvencionable total do proxecto.

O custo subvencionable mínimo do proxecto será de 300.000 euros para as axudas que teñen por obxecto a realización de investimentos innovadores. Por debaixo desta cantidade non serán atendidas as solicitudes de subvención.

Estas subvencións terán unha única anualidade; polo tanto, só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre a data de presentación da solicitude de subvención e a data límite de xustificación establecida no artigo 6º destas bases.

9. CONTÍA DAS AXUDAS
Establécense dúas modalidades de axuda, segundo o tipo de empresa solicitante:

a) Investimentos realizados por pemes.

b) Investimentos realizados por grandes empresas.

A subvención concedida poderá alcanzar o 30% do custo subvencionable, en termos de equivalente de subvención bruta. No caso das subvencións concedidas a pequenas e medianas empresas este límite poderá incrementarse nun 20% cando se trate de pequenas empresas, e nun 10% para as concedidas a medianas empresas. Non obstante, estes incrementos non son aplicables ao sector de transporte.

As subvencións concedidas non poderán superar o importe de 1.500.000 €, respectando as porcentaxes máximas permitidas.

10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

11. INCOMPATIBILIDADES
As axudas previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das liñas de axudas xestionadas pola Dirección Xeral de I+D+i para o mesmo proxecto. Polo demais, estas axudas serán compatibles con calquera outra destinada ao mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que a conceda, sempre que o conxunto das axudas acadadas non exceda, en termos de equivalente de subvención bruto (ESB), a porcentaxe fixada nas bases reguladoras e en todo caso que conxuntamente non superen o custo total elixible do proxecto. As entidades deberán achegar unha copia simple da resolución de concesión doutras axudas.

12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Orde do 1 de xullo de 2010 (DOG Nº131 do 12/07/2010) - Bases reguladoras e convocatoria 2010
13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Información:

a) Na páxina web oficial da consellería (http://economiaeindustria.xunta.es), na súa epígrafe de «axudas consellería».
b) Nos teléfonos 981 95 73 92 e 981 95 73 87 da devandita dirección xeral.
c) No enderezo electrónico cei.infosegapi@xunta.es.
d) Presencialmente.
14. OBSERVACIÓNS
Para cobrar a subvención concedida, o beneficiario deberá presentar na data límite do 15 de novembro de 2010, ademais da documentación correspondente para a xustificación.
 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal