INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

O prazo de presentación finaliza o 30/09/2010
Resolución do 21 de xullo de 2010 (DOG Nº143 do 28/07/2010) - Bases reguladoras e convocatoria 2010
ORGANISMO
Consellería de Economía e Industria
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
AXUDAS A PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
O fomento do uso racional da enerxía e o desenvolvemento e aplicación das tecnoloxías enerxéticas incluídas as renovables.
3. TIPOS DE APOIO
Subvencións en réxime de concorrencia competitiva.
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
a) Persoas físicas maiores de idade ou emancipadas que teñan plena capacidade de obrar.

b) Persoas xurídicas legalmente constituídas.

c) Agrupación de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade. Nestes casos, deberanse facer constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos, así como o importe da subvención que se aplicará a cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios.

d) Fundacións, asociacións e comunidades con personalidade xurídica e sen ánimo de lucro.

5. SECTORES INCENTIVABLES
Industrial, Transporte, Edificación, Servizos públicos e Transformación de enerxía, Agricultura e Pesca
6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
-
7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
-
8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
Consideraranse actuacións subvencionables as incluídas no anexo I desta resolución realizadas entre o día 1 de xaneiro de 2010 e o día 15 de setembro de 2011, sempre que se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

. Sector industria.

1.A. Auditorías enerxéticas a industrias (AEI).
1.B. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en industrias (PEI)

2. Sector transporte.

2.A. Estudos xerais de mobilidade urbana sustentable (EPM).
2.B. Estudos de viabilidade de actuacións de mobilidade urbana sustentable (VPM).
2.C. Plans de transporte para empresas (EPT).
2.D. Xestión de flotas de transporte por estrada (XFT).

3. Sector edificación.

3.A. Rehabilitación da envolvente térmica (ENV).
3.B. Mellora da eficiencia enerxética de instalacións térmicas nos edificios existentes (TER).
3.C. Construción de novos edificios con alta cualificación enerxética (CNE).
3.D. Auditoría enerxética nos edificios do sector residencial e servizos (AES).
3.E. Proxectos de instalacións de bombas de calor xeotérmicas (BCX).
3.F. Proxectos de instalacións de bombas de calor aire-auga e aire-aire (BCA).

4. Sector servizos públicos.

4.A. Renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE/SEM).
4.B. Auditorías enerxéticas a instalacións de iluminación pública (AEP).

5. Sector transformación da enerxía.

5.A. Auditorías enerxéticas a plantas de coxeración (AEC).
5.B. Estudos de viabilidade para coxeracións (EVC).

6. Sector agricultura e pesca.

6.A. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector pesqueiro (PES).
6.B. Auditorías enerxéticas e proxectos de mellora de eficiencia enerxética no sector agrario (AGR).

O imposto sobre o valor engadido (IVE) será subvencionable:

- Cando o solicitante da axuda sexa unha entidade sen ánimo de lucro ou un particular e, en ambos os dous casos, efectúen unha declaración responsable de que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe a ningunha actividade empresarial ou profesional (anexo II ADM 03).

- Cando o solicitante sexa unha administración pública, sempre que acheguen o certificado a que se refire o artigo 5, letra A.2, punto 3.

Non serán subvencionables os gastos que se realicen en pagamento de licenzas, gastos sometidos a aranceis, adquisición de bens de segunda man e os recollidos con tal carácter no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

9. CONTÍA DAS AXUDAS
-
10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación das presentes bases no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de setembro de 2010, agás nas axudas relativas ás auditorías enerxéticas sector servizos (AES), bombas de calor xeotérmicas (BCX), bombas de calor aire-aire e aire-auga nova construción (BCA), renovación das instalacións de iluminación pública
exterior/Renovación de semáforos (Ile/Sem) e auditorías enerxéticas en iluminación pública exterior (AEP), nas cales o prazo rematará o 31 de agosto de 2010.

11. INCOMPATIBILIDADES
O importe da subvención outorgada en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas procedentes de calquera outra Administración ou de entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea
ou doutros organismos internacionais, supere o 100% do custo elexible. En todo caso, deberán respectarse as condicións establecidas para cada réxime de axudas na normativa que resulte de aplicación.

Por estaren tamén incluídas parte das actuacións subvencionables dentro do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013, os gastos cofinanciados por un fondo non poderán acollerse a outras axudas procedentes do mesmo fondo ou doutros fondos ou instrumentos financeiros comunitarios.

Axudas en réxime de minimis.

12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Resolución do 21 de xullo de 2010 (DOG Nº143 do 28/07/2010) - Bases reguladoras e convocatoria 2010

13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Teléfono do INEGA : 981 54 15 38
Información: www.inega.es

A solicitude de subvención será presentada segundo os modelos normalizados dos documentos anexos II e III ás presentes bases reguladoras. Non serán admitidas a trámite aquelas solicitudes en que non figuren cubertos os campos obrigatorios, nin aqueloutras que non acheguen os formularios conforme o establecido no presente artigo. Todo o anterior sen prexuízo do disposto no artigo 71.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A solicitude acompañarase da documentación que se relaciona no artigo seguinte.

Os formularios de solicitude deberán ser obtidos, cubertos e validados polo solicitante a través do enderezo http://www.inega.es/axudasinega2010. Estes modelos valerán tanto para a súa presentación en papel, una vez impresos, como para a presentación electrónica, que se describe no artigo 6º.

Poderanse cubrir e obter os formularios a través da aplicación informática ata as 14.00 horas do día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Para cubrir correctamente os formularios de solicitude no citado enderezo da internet disporase de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polos solicitantes. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios, os interesados poderán dirixirse ao Inega, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

14. OBSERVACIÓNS
Nos proxectos de renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (Ile), renovación de instalacións de semáforos (Sem) e auditorías enerxéticas en iluminación pública exterior (AEP), so caberá que o peticionario presente unha solicitude por liña de axuda, que non poderá superar a contía de 100.000 € en concepto de custo elixible.
 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal