INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

O prazo de presentación finalizou o 18/03/2009
Orde do 31 de decembro de 2008 (DOG Nº33 do 17/02/2009) - Bases reguladoras 2009
Orde do 29 de outubro de 2009 (DOG Nº213 do 30/10/2009) - Modificación das bases
ORGANISMO
Consellería de Economía e Industria
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
SUBVENCIÓNS PARA A ADECUACIÓN DOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS AO SEU CONTORNO COMPETITIVO (IN214A)
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
A renovación do comercio retallista galego e a incorporación das novas tecnoloxías da información á xestión dos establecementos comerciais co obxectivo de adoptar as súas estruturas ao seu contorno de maneira máis competitiva.
3. TIPOS DE APOIO
Subvencións a fondo perdido en réxime de concorrencia non competitiva.

O procedemento de concesión destas subvencións quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos de 200.000 euros nun período de tres anos establecidos no Regulamento (CE) 1998/2006, da Comisión da Unión Europea, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis (DOUE L379/5, do 28 de decembro de 2006).
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
Os comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís e comunidades de bens, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

-Que desenvolvan a súa actividade en establecementos comerciais ou no comercio ambulante no territorio galego, e que, se é o caso, os investimentos se realicen en establecementos comerciais situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
-Que a súa actividade principal estea incluída nalgunha das agrupacións ou epígrafes subvencionables.
-Que non superen os dez traballadores.
-Que os seus locais comerciais non superen os 300 m2 de superficie comercial destinada a exposición e venda ao público.
-Os solicitantes non poderán estar incursos en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

Os beneficiarios desta mesma orde nas súas convocatorias do ano 2006 e 2007 non poderán ser novamente beneficiarios para os mesmos conceptos xa subvencionados, salvo que se trate de investimentos que sexan destinados a un establecemento comercial de nova apertura.
5. SECTORES INCENTIVABLES
Actividades de comercio recollidas nos epígrafes do IAE 641, 642, 643, 644, 645, 647.1, 647.2, 647.3, 651, 652.2, 652.3, 652.4, 653, 654.2, 654.5, 657, 659.2, 659.3, 659.4, 659.5, 659.6, 659.7, 661.3, 662.2 y 663.
6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
Para poder optar á subvención establécese unha contía mínima de investimento subvencionable de 1.000 euros, IVE excluído.
O investimento máximo subvencionable será de 12.000 euros, salvo no caso de deseño de sistemas de venda non presenciais e páxinas web, nos cales o investimento máximo subvencionable será de 3.000 euros, IVE excluído.

Dentro dos límites establecidos no punto anterior a contía máxima de subvención a outorgar será do 50% do investimento subvencionable, IVE excluído.
Non obstante, a porcentaxe de subvención a outorgar poderá acadar ata o 60%, IVE excluído, para os investimentos vinculados á incorporación por parte do comerciante ou beneficiario da axuda a un proxecto dunha ou varias agrupacións de comerciantes que asuman conxuntamente a realización dalgunha das seguintes actuacións: medios de pagamento, plans de fidelización, acceso á internet, operacións de comercio electrónico e sistemas de xestión integral da empresa, centrais de compras e servizos, que deberá ter o visto e prace previo da Consellería de Innovación e Industria.
O citado proxecto deberá ser presentado para a súa validación antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes

En concreto, considéranse actuacións subvencionables sempre que sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2008 ata a data límite de xustificación.
7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
-
8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
* Equipamentos para o proceso de información (ordenadores persoais de sobremesa, servidores, impresoras, equipos multifunción, scaners e similares) destinados a aplicacións de contabilidade, facturación, almacén e automatización das vendas.
* Aplicacións informáticas de carácter xenérico ou estándar destinadas aos fins sinalados no punto anterior.
* O deseño e implantación de sistemas de venda non presenciais (comercio electrónico).
* Paxinas web promocionais do establecemento comercial.
* Equipamentos portátiles (ordenadores, axendas electronicas, PDA e similares), soamente no caso de vendedores ambulantes, ou naqueles casos que se acredite suficientemente a súa necesidade polo tipo de actividade que se realiza, non subvencionándose en ningún caso máis dun equipamento por comerciante.
* Caixas rexistradoras.
* Terminais punto de venda.
* Lectores ópticos de códigos de barras.
* Sistemas de medición e pesaxe de mercadorías.
* Sistemas de etiquetaxe.
* Sistemas de alarma e equipamentos anti-furto incorporados ao produto.
* Fotocopiadoras e aparellos de teléfono e fax.
* Equipamentos para o tratamento de temperatura do produtos para a exposición e venda ao público exclusivamente.

Conceptos excluídos de subvención:
* Cámaras dixitais e teléfonos móviles
* Hardware e software que de forma clara non se poida relacionar cunha mellora da xestión comercial.
* Investimentos realizados mediante contratos de arrendamento financeiro ou outras modalidades de financiamento.
* Os gastos de transporte, instalación e mantemento dos conceptos subvencionables.
* Calquera dos conceptos subvencionables cando sexan obxecto de comercialización polos comerciantes solicitantes.

9. CONTÍA DAS AXUDAS
A contía máxima de subvención que se outorgará será do 40% do investimento subvencionable, IVE excluído, non obstante, a porcentaxe de subvención que se outorgará poderá acadar ata o 50%, IVE excluído, para os investimentos vinculados á incorporación por parte do comerciante ou beneficiario da axuda a un proxecto dunha ou varias agrupacións de comerciantes que asuman conxuntamente a realización dalgunha das seguintes actuacións; medios de pagamento, plans de fidelización, acceso a internet, operacións de comercio electrónico e sistemas de xestión integral da empresa, centrais de compras e servizos, que deberá ter o visto e prace previo da Consellería de Innovación e Industria.

A porcentaxe de subvención que se aplicará sobre o investimento subvencionable incrementarase en dez puntos cando o establecemento comercial se atope en concellos de menos de 5.000 habitantes
10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG e ata o día 18 de marzo de 2009, ambos inclusive.
11. INCOMPATIBILIDADES
O importe das axudas e subvencións reguladas nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras axudas e subvencións das distintas administracións, ou calquera dos seus entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o 70% do investimento subvencionable.

As axudas previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das reguladas por esta consellería para os mesmos conceptos subvencionables.
12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Orde do 31 de decembro de 2008 (DOG Nº33 do 17/02/2009) - Bases reguladoras 2009
Orde do 29 de outubro de 2009 (DOG Nº213 do 30/10/2009) - Modificación das bases

13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Rexistro Xeral das delegacións provinciais da Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Comercio e Consumo.
Telefono 981 544341

Deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta orde, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 4 das bases reguladoras.

Páxina web oficial da consellería (www.conselleriaiei.org) no seu enlace de axudas e na oficina virtual.
Télefonos das delegacións:
Delegación Provincial de Coruña: 981184905 / 981184962 email: maria.concepcion.olveira.espinosa@xunta.es
Delegación Provincial de Lugo: 982294670 email: ramon.maria.olano.vela@xunta.es
Delegación Provincial de Ourense: 988386712 email: ana.isabel.perez.souto@xunta.es
Delegación Provincial de Pontevedra: 986817559 email: invigo@xunta.es
14. OBSERVACIÓNS
Considéranse actuacións subvencionables sempre que sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2009 ata a data límite de xustificación (30 de outubro de 2009)
 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal