INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

O prazo de presentación finalizou o 14/09/2012
Resolución do 15 de xuño de 2012 (DOG Nº120 de 25/06/2012) - Bases e convocatoria 2012
ORGANISMO
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
IG138 - PROGRAMA RE-IMAXINA - LIÑA PEME COMPETITIVA 2012
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
Créditos para financiar investimentos que permitan mellorar a competitividade das pemes galegas.
3. TIPOS DE APOIO
Financiamento subsidiado en réxime de concorrencia non competitiva.
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
Aquelas pemes que veñan exercendo en Galicia por un período superior a dous anos algunha das actividades recollidas no anexo II destas bases.

Tamén poderán acceder as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

A efectos de acreditar a data de inicio de actividade poderá considerarse a alta no Imposto de Actividades Económicas ou Declaración Censual.

5. SECTORES INCENTIVABLES
Actividades do Anexo II pertencentes aos seguintes sectores:

- Agricultura, gandaría, silvicultura e pesca
- Industrias extractivas
- Industria manufactureira
- Construción
- Comercio
- Transporte e almacenamento
- Hostalaría
- Información e comunicacións
- Servizos auxiliares

6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
- Importe do préstamo: mínimo 25.000 euros e máximo de 120.000 €. O risco vivo de cada empresa non poderá superar os 120.000 euros.

- O tipo de xuro nominal anual variará por semestres e determinarase tomando como tipo de referencia o euribor a 6 meses, máis un diferencial de 2,5 puntos porcentuais.

- O importe dos préstamos poderá acadar ata o 75% dos investimentos financiables.

- O prazo de reembolso será entre 5 e 7 anos, incluído ata 1 ano de carencia.

- A operación financeira poderá ser amortizada sen custo de forma anticipada, total ou parcialmente, por vontade do beneficiario. As amortizacións anticipadas parciais aplicaranse a reducir, en igual contía, as cotas de amortización restantes.

- Comisións. As entidades financeiras adheridas non lles repercutirán aos prestameiros e avalados ningún tipo de gasto ou comisión derivados das operacións aprobadas en aplicación destas bases.

- Achegas ás SGR. Os prestameiros deberán realizar, se é o caso, a achega para adherirse á sociedade de garantía recíproca que corresponda, e aboar as comisións de aval e de estudio que se devenguen.

- Garantías da operación. As operacións formalizadas ao abeiro destas bases contarán co aval dunha sociedade de garantía recíproca polo 100% do importe do financiamento. Na liña “Peme Competitiva” poderán requirirse ademais garantías reais sobre os bens afectos á actividade.

7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
-
8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
O proxecto investidor deberá consistir na adquisición de activos a terceiros.

Serán financiables os seguintes conceptos:

a) Inmobilizado material de primeiro uso, agás a adquisición de terreos e edificacións:

- Reforma e axeitamento de locais.
- Bens de equipo e unidades funcionais de explotación independente.
- Elementos de transporte, exclusivamente vehículos industriais, agás vehículos de transporte de mercadorías por estrada por parte de empresas que realicen esta actividade por conta allea.
- Honorarios facultativos de proxecto e dirección de obra.
- Outros investimentos en activos fixos materiais.

b) Inmobilizado inmaterial novo adquirido a terceiros: unicamente aplicacións informáticas, propiedade industrial, propiedade intelectual, canons de entrada de concesións administrativas ou de franquías, e investimentos de acondicionamento realizados nun local arrendado e que queden definitivamente incorporados a aquel.

c) Investimentos en Investigación e Desenvolvemento (persoal, materiais, colaboracións externas con institucións tecnolóxicas e outros, custos de materiais para probas e ensaios, e outros custos indirectos) cun máximo do 25% do importe financiable.

Non poderán financiarse os impostos indirectos recuperables que graven a adquisición, nin as achegas a realizar ás sociedades de garantía recíproca.

O proxecto investidor deberá consistir na adquisición de activos a terceiros.

Poderán ser financiados os investimentos realizados con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2012

9. CONTÍA DAS AXUDAS
Por cada operación aprobada ao abeiro destas bases, o Igape aboará ás entidades de crédito e sociedades de garantía recíproca o 13,10% do importe do préstamo subvencionable, dos cales 9,85 puntos porcentuais serán aboados á entidade de crédito; e 3,25 á sociedade de garantía recíproca en todas as liñas, ambas as achegas cun mínimo de 250 € por operación.
10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes nas entidades financeiras por parte do solicitante iniciarase o día seguinte á publicación das presentes bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 14 de setembro do ano 2012.

11. INCOMPATIBILIDADES
As subvencións financeiras que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de mínimis.

Non poderán concorrer no financiamento dun mesmo proxecto préstamos das distintas liñas de financiamento contempladas nestas bases.

Non poderán ser beneficiarias das liñas de financiamento contempladas nestas bases as empresas en crise, de acordo coa definición das Directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas en crise.

Serán compatibles con calquera outras axudas públicas ou privadas, pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea.

12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Resolución do 15 de xuño de 2012 (DOG Nº120 de 25/06/2012) - Bases reguladoras e convocatoria 2012
13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cumprimentar previamente un cuestionario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través da aplicación de axuda establecida no enderezo de Internet http://www.tramita.igape.es

Unha vez cuberto o cuestionario, xerará unha solicitude de tramitación do expediente en formato papel que se presentará na entidade de crédito, asinada polo solicitante (anexo I).

A fin de prestar asistencia na cumprimentación do cuestionario, o Igape pon a disposición do interesado o seu Servizo de Asistencia Técnica, a través dos números de teléfono 902 300 903 ou 981 541 147

14. OBSERVACIÓNS
O prazo para a formalización da operación financeira vencerá aos 3 meses dende a data de notificación da resolución de concesión da axuda do Igape.

 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal