INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

O prazo de presentación finalizou o 14/09/2012
Resolución do 25 de maio de 2012 (DOG Nº103 do 31/05/2012) - Bases reguladoras e convocatoria 2012
Anexo II
ORGANISMO
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
IG170 - RE-EXPORT 2012 - AVAIS PARA FACILITAR ÁS EMPRESAS GALEGAS O ACCESO A FINANCIAMENTO DESTINADO Á ACTIVIDADE EXPORTADORA
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
O obxectivo destas bases é facilitar a internacionalización da empresa galega non exportadora ou con escasa presenza nos mercados exteriores e apoiar tamén aquelas outras que xa se iniciaron no ámbito das exportacións e que teñen posibilidades de incrementar a súa presenza no exterior.

3. TIPOS DE APOIO
Avais.

4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
1. Poderán acceder aos avais as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 800/2008 (DOUE L 214, do 9 de agosto).

En calquera caso, deberán ter radicado o seu domicilio fiscal en Galicia.

2. Non poderán ser beneficiarias as empresas que se atopen en situación de crise, de acordo coa definición recollida no artigo 1.7. do Regulamento CE 800/2008, as que teñan un risco vivo co Igape como consecuencia dun aval concedido previamente nin as empresas cuxo único obxecto social sexa a compravenda de bens inmobiliarios ou activos financeiros.

5. SECTORES INCENTIVABLES
-
6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
• Características das liñas de financiamento e cobertura dos avais do Igape:

O Igape só poderá garantir operacións de financiamento novas, non permitíndose a substitución de créditos bancarios preexistentes.

Entenderase que a liña de financiamento avalada polo Igape substitúe a outras liñas preexistentes cando:

a) Os contratos de financiamento que a beneficiaria teña subscritos á data de entrada en vigor da convocatoria coas entidades financeiras, para a mesma finalidade, fosen cancelados antes do seu vencemento, sen consentimento expreso do Igape.

b) Os contratos de financiamento que a beneficiaria teña subscritos á data da solicitude coa entidade financeira, para a mesma finalidade, non sexan renovados durante a vixencia da operación avalada, sen consentimento expreso do Igape.

• Modalidades de operacións financeiras:

O Igape poderá avalar as seguintes modalidades de operacións financeiras:

- liñas de crédito.
- liñas de desconto ou anticipo de efectos comercias ou facturas
- liñas xenéricas de riscos mercantís.

As operación avaladas deberán destinarse ás seguintes finalidades:

a) Créditos de prefinanciamento: Créditos destinados ao financiamento do aprovisionamento de materias primas, fabricación dos produtos a exportar, así coma os gastos derivados do proceso de envase, embalaxe e preparación para o envío ao exterior. A necesidade do prefinanciamento deberá ser xustificada pola empresa, baseándose na previsión de exportacións durante o prazo de vixencia da operación e na previsión de aplicación de fondos.

b) Créditos de postfinanciamento: Créditos destinados a anticipar os dereitos de cobro das operacións de exportación materializados en diferentes documentos tales coma facturas, obrigas de pagamento, letras de cambio, etc.

c) Avais ou fianzas: Emisión de avais e fianzas prestadas pola entidade financeira en garantía de terceiros, vinculadas a operacións de tráfico ou avais técnicos.

• Cobertura e custo dos avais:

O Igape responderá de ata o 50% dos importes adebedados á entidade financeira como consecuencia dos descubertos que se produzan, unha vez cumpridos os requisitos de execución sinalados no artigo 6.3, e devengarase unha comisión de aval anual a favor do Igape dun 0,50 % do importe do aval formalizado.

• Importe das operacións:

A suma das operacións avaladas polo Igape para cada beneficiaria será como mínimo de 80.000 euros e máximo de 250.000 euros.

Unha mesma empresa poderá solicitar o aval para as tres finalidades ou ben para unha ou dúas delas. Non obstante, no caso de que o soliciten para máis dunha finalidade nunha mesma entidade financeira, deberán ampararse nunha póliza xenérica de riscos mercantís.

Unha mesma empresa tamén poderá solicitar os avais a través de dúas ou máis entidades financeiras, sempre que non se supere o importe máximo de operacións.

• Prazos:

O prazo máximo de vixencia das operacións avaladas será dun ano, e a vixencia dos avais de dous anos.

• Obxecto e condicións da garantía do Igape:

- As garantías outorgadas polo Igape consistirán na prestación de aval subsidiario ante as entidades financeiras, nas condicións e termos do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulamento de avais do Igape, e do Decreto 132/1995, do 10 de maio, que modifica o anterior.

- O prazo de vixencia da garantía será como máximo de 2 anos, cubrindo o risco vivo financiado ou anticipado durante o ano de vixencia máxima da operación avalada

• Garantías a achegar pola beneficiaria.

As garantías a achegar serán as esixidas pola entidade financeira para autorizar a operación. As ditas garantías serán repartidas entre a entidade financeira e o Igape en función do risco asumido por cada parte.

No caso de acreditarse a constitución doutras garantías distintas ás declaradas polas entidades financeiras, o Igape non responderá polo aval concedido.

7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
-
8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
A suma das operacións avaladas polo Igape para cada beneficiaria será como mínimo de 80.000 euros e máximo de 250.000 euros.

9. CONTÍA DAS AXUDAS
O Igape responderá de ata o 50% dos importes adebedados á entidade financeira como consecuencia dos descubertos que se produzan, unha vez cumpridos os requisitos de execución sinalados no artigo 6.3, e devengarase unha comisión de aval anual a favor do Igape dun 0,50 % do importe do aval formalizado.

10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte á publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 14 de setembro do ano 2012.

Poderanse cubrir e obter os formularios a través da aplicación informática ata as 14.00 horas do día da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

11. INCOMPATIBILIDADES
-
12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Resolución do 25 de maio de 2012 (DOG Nº103 do 31/05/2012) - Bases reguladoras e convocatoria 2012

13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Información:

- Nas oficinas do Igape
- Por teléfono: 902 300 903 / 981 54 11 47
- Por correo electrónico: informa@igape.es
- Na web do Igape: www.igape.es


Tramitación:

1.- Para solicitar unha operación avalada polo Igape, a empresa deberá plantexala nalgunha das entidades financeiras adheridas a este programa mediante convenio de colaboración e obter o certificado expedido pola mesma, de acordo co modelo establecido no Anexo II.

2.- Unha vez que a empresa estea en posesión do dito certificado, deberá cubrir un cuestionario descritivo da empresa, do proxecto e da operación financeira a través do enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. No caso de que se conceda o aval, serán obxecto de acreditación documental nas fases de tramitación en cada caso oportunas e, en calquera caso, previamente a calquera aboamento do aval.

Co fin de prestar asistencia para cubrir o cuestionario, o Igape pon a disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, a través do mencionado enderezo da internet ou dos números de teléfono 902 30 09 03 ou 981 54 11 47.

3.- As solicitudes de aval presentaranse mediante a instancia normalizada que se xunta como Anexo I, nas que será obrigatorio a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior.

Xunto coa instancia de solicitude, presentarase a seguinte documentación, en orixinal ou copia cotexada:

a) Comunicación por parte da entidade/s financeira/s das operacións que estarían dispostas a conceder condicionadas ao aval do Igape certificando que non substitúe a outras liñas de financiamento preexistentes e descrición das garantías esixidas para cubrir o risco da operación (Anexo II).
b) NIF da empresa.
c) DNI do asinante da solicitude. Co fin de evitar a súa achega o órgano xestor accederá ao Sistema de Verificación de Datos de Identidade e Residencia. No caso de que o solicitante denegue expresamente esta autorización deberá, obrigatoriamente, presentar o DNI.
d) Escrituras de constitución e dos estatutos debidamente inscritas no rexistro competente así coma as modificacións posteriores.
e) Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se é o caso, no rexistro competente.
f) Contas anuais correspondentes ao último exercicio pechado, incluído, se é o caso, informe de auditoría.

O interesado presentará a instancia de solicitude co IDE e a documentación anexa no rexistro xeral dos servizos centrais do Igape, nas súas oficinas territoriais ou a través dalgunha das formas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro.

Así mesmo, os interesados poderán asinar electrónicamente o formulario de solicitude co IDE e presentalo no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia. Os solicitantes por esta vía telemática deberán reunir os requisitos do artigo 8.15 das bases reguladoras.

14. OBSERVACIÓNS
-
 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal