INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

O prazo de presentación finalizou o 31/12/2012
Resolución do 22 de xullo de 2010 (DOG Nº155 do 13/08/2010) - Bases reguladoras
Resolución do 22 de xullo de 2010 (DOG Nº166 do 30/08/2010) - Corrección de erros
Resolución do 22 de xullo de 2010 (DOG Nº197 do 13/10/2010) - Corrección de erros
Resolución do 22 de xullo de 2010 (DOG Nº199 do 15/10/2010) - Corrección de erros
Resolución do 24 de novembro de 2010 (DOG Nº230 do 30/11/2010) - Ampliación do crédito
Memoria do proxecto (formato RTF)
Resolución do 6 de xuño de 2011 (DOG Nº114 do 15/06/2011) - Modificación das bases
Resolución do 22 de xullo de 2010 (DOG Nº247 do 28/12/2011) - Corrección de erros
Formularios
Modelo efecto incentivador
Resolución do 13 de xaneiro de 2012 (DOG Nº18 do 26/01/2012) - Modificación das bases
Resolución do 3 de decembro de 2012 (DOG Nº234 do 10/12/2012) - Convocatoria exercicio 2012
ORGANISMO
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
IG100 - PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL SUPERIOR A 500.000 euros
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
Favorecer a implantación de proxectos de investimento empresarial superior a 500.000 euros para a creación de novos establecementos, ampliación dun establecemento existente, a diversificación da produción dun establecemento en novos produtos adicionais ou un cambio esencial no proceso xeral de produción dun establecemento existente.
3. TIPOS DE APOIO
Subvencións a fondo perdido en réxime de concorrencia non competitiva.
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
1.- Sociedades mercantís existentes ou en constitución que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Desenvolver no centro obxecto do proxecto algunha das actividades subvencionables que se sinalan nestas bases para cada tipo de proxecto subvencionable.

c) Achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo. Para estes efectos, o Igape poderá esixir nas resolucións de concesión un determinado nivel de fondos propios que deberá acreditar o beneficiario.

2.- Non poderán ter a condición de beneficiarios as sociedades mercantís cuxa actividade estea comprendida nas excluídas polo artigo 1.2 do Decreto 432/2009.

3.- Non poderán ter a condición de beneficiarios as sociedades que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

4.- Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en crise.

5.- Non poderán ter a condición de beneficiarios as sociedades mercantís en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).

5. SECTORES INCENTIVABLES
Os proxectos subvencionables deberán en todo caso estar vinculados a algunha destas actividades, independentemente de calqueira outra que, ademáis desempeñe o solicitante:

a) A extracción, procesamento, transformación ou produción de minerais, produtos enerxéticos ou os seus derivados.
b) Todos os sectores da industria, agás os excluídos no Decreto 432/2009.
c)Turismo: hoteis de 4 ou máis estrelas, balnearios e baños, podendo incluír instalacións complementarias; portos deportivos de acceso público.
d) Actividades de electrónica, biotecnoloxía, robótica, audiovisual, telemática, telecomunicación e calquera outra de avanzada tecnoloxía.
e) Transporte e loxística.
f) Servizos de apoio industrial.
g) Tamén poderán ser incentivados, con especial consideración, os investimentos para a creación ou ampliación de centros de desenvolvemento, investigación, ensaios ou laboratorios, xunto con instalacións piloto de experimentación de novas tecnoloxías, vinculados ás empresas cuxa actividade principal sexa subvencionable.

6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
Requisitos específicos dos proxectos:

a) Os proxectos terán que contar cun investimento subvencionable, que supere os 500.000 €, que sexa viable técnica, económica, financeira e ambientalmente.

b) No caso de ampliacións de instalacións existentes, o investimento subvencionable deberá ser, ademais, superior a 1,5 veces a dotación media para amortizacións do inmobilizado, circunscrita ao centro obxecto dos novos investimentos, nos 3 últimos exercicios pechados.

c) Os proxectos terán que incluír o compromiso de manter o emprego existente resultante da cifra máis alta de entre as dúas seguintes: cifra de emprego no mes anterior ao da presentación da solicitude; ou ben cifra media de emprego dos últimos 3 meses antes da solicitude. Na resolución de concesión establecerase o prazo de mantemento do emprego que como mínimo será o de execución do proxecto máis os dous anos seguintes.

d) Os proxectos terán que incluír o compromiso de manter unha determinada composición do accionariado nos supostos en que esta represente un elemento substancial para garantir a viabilidade técnica, económica, financeira e, se é o caso, ambiental, do proxecto e así se establecese na resolución de concesión.

e) No caso de proxectos específicos de protección e mellora ambiental, ademais de cumprir os requisitos anteriores, o obxecto social da empresa solicitante deberá recoller como actividade principal a realización dalgunha das seguintes:
- Eliminación, valorización ou reciclaxe de residuos.
-Fabricación de equipamento para instalacións de xestión e tratamento de residuos, redución ou eliminación da contaminación.

f) O Consello de Dirección do Igape poderá eximir do cumprimento dos requisitos anteriores aqueles grandes proxectos cun gasto subvencionable superior aos 50.000.000€, en base ao seu interese estratéxico, tecnolóxico, de localización, sectorial ou pola súa actividade.

Os proxectos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda. Ningún dos custos alegados, sobre os que se solicita subvención, poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude da axuda, de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable. Serán subvencionables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos destas bases, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude de axuda e dentro do prazo concedido para a execución dos proxectos.

No caso de investimentos en obra civil, soamente serán subvencionables aqueles realizados posteriormente ao levantamento dun acta notarial que reflicta fidedignamente e con posterioridade á presentación da solicitude, a non iniciación da obra.

7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
-
8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
Serán conceptos subvencionables excluíndo impostos, taxas e arbitrios os seguintes:

a) Adquisición dos terreos necesarios para acometer o proxecto, traídas e conexións de servizos, urbanización e obras exteriores adecuadas ás necesidades do proxecto. A contía máxima subvencionable de custo de terreo non poderá superar o 10% do investimento subvencionable total.
b) Obra civil: oficinas, laboratorios, servizos sociais e sanitarios do persoal, almacenamento de materias primas, edificios de produción, edificios de servizos industriais, almacenamento de produtos terminados e outras obras vinculadas ao proxecto.
c) Adquisición de inmobles.
d) Bens de equipo: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, equipos e medios de transporte interior, vehículos especiais de transporte exterior, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento ligados ao proxecto. No sector de transporte non son subvencionables os medios e equipamento de transporte exterior.
e) Outros investimentos en activos fixos materiais incluíndo mobiliario.
f) Aplicacións informáticas e adquisición de propiedade intelectual e industrial, incluíndo licenzas de fabricación e patentes, gastos de I+D e outros activos intanxibles ligados a proxectos de innovación tecnolóxica, en contía non superior ao 50% do investimento subvencionable aprobado.

Naqueles casos de subvención ao terreo, construcións e urbanizacións por cambio de localización dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, a base sobre a que se aplicará a subvención será a que resulte da diferenza entre o prezo de adquisición dos novos activos, unha vez aplicados os módulos e criterios establecidos polo Consello de Dirección do Igape, e o valor dos da antiga localización, segundo informe de taxación subscrito por sociedade de taxación homologada, sempre e cando as instalacións que se abandonen sexan propiedade da empresa ou dos seus socios maioritarios, directa ou indirectamente. Se dentro do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión da subvención fosen alleadas as instalacións da antiga localización da empresa e o importe neto da venda resultase superior ao da taxación homologada que se tivo en conta para os efectos da subvención, reaxustarase o importe da subvención concedida.

9. CONTÍA DAS AXUDAS
Co límite máximo do 30% de intensidade de axuda sobre os gastos subvencionables, a porcentaxe da axuda resultará da aplicación da seguinte fórmula: 5+(30 x (puntos obtidos/200)) na aplicación do baremo establecido nas bases.

Para proxectos específicos de protección e mellora ambiental poderase conceder unha axuda mínima dun 15% sobre a base subvencionable e ata un máximo do 30%. A porcentaxe da axuda resultará da aplicación da seguinte fórmula: 30 x (puntos obtidos/100), tendo en conta na avaliación e na determinación da intensidade da axuda os criterios establecidos nas bases.

Para os proxectos que se localicen nos concellos relacionados no anexo V, aplicaranse, ademais, os apoios específicos establecidos no devandito anexo.

10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de decembro de 2012.
11. INCOMPATIBILIDADES
Estas axudas son incompatibles para un determinado proxecto con calquera outra subvención a fondo perdido do Igape.

Serán compatibles, non obstante, cos programas de axuda financeira do instituto como poden ser, entre outros, os préstamos ou a subsidiación do tipo de xuro, e tamén con calquera outro tipo de subvención ou axuda concedida por outros organismos públicos ou privados, sempre e cando non se atopen cofinanciadas con outro fondo da UE que non sexa Feder e respecten as intensidades de axuda máxima indicadas no anexo do Decreto 432/2009, do 11 de decembro; isto é:

a) Como regra xeral:

• Ata o 30% para grandes empresas.
• Ata o 40% para medianas empresas.
• Ata o 50% para pequenas empresas.

b) Ata o 30% para empresas do sector do transporte.

12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Resolución do 22 de xullo de 2010 (DOG Nº155 do 13/08/2010) - Bases reguladoras das axudas a proxectos de investimento empresarial
Resolución do 22 de xullo de 2010 (DOG Nº166 do 30/08/2010) - Corrección de erros
Resolución do 22 de xullo de 2010 (DOG Nº197 do 13/10/2010) - Corrección de erros
Resolución do 22 de xullo de 2010 (DOG Nº199 do 15/10/2010) - Corrección de erros
Resolución do 24 de novembro de 2010 (DOG Nº230 do 30/11/2010) - Ampliación do crédito
Resolución do 6 de xuño de 2011 (DOG Nº114 do 15/06/2011) - Modificación das bases reguladoras
Resolución do 22 de xullo de 2010 (DOG Nº247 do 28/12/2011) - Corrección de erros
Resolución do 13 de xaneiro de 2012 (DOG Nº18 do 26/01/2012) - Modificación das bases reguladoras
Resolución do 3 de decembro de 2012 (DOG Nº234 do 10/12/2012) - Convocatoria para o exercicio 2012

13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Información: Instituto Galego de promoción Económica (Igape) - Teléfono: 902 300 903
www.igape.es ou informa@igape.es

Tramitación:

Dentro do prazo establecido na convocatoria, para presentar unha solicitude de axuda, os interesados deberán cubrir previamente un cuestionario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención a través da aplicación de axuda establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

Co fin de prestar asistencia para cubrir o cuestionario, o Igape pon a disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, nos números de teléfono 902 30 09 03 ou 981 54 11 47, ou os que en cada momento se establezan para esta finalidade. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará unívocamente o cuestionario.

Poderánse cubrir e obter os formularios a través da aplicación informática ata as 14.00 horas do día da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes de axuda presentaranse mediante a instancia normalizada que se xunta como Anexo I, nas que será obrigatorio a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación de axuda) serán devoltas sen tramitación.

Xunto coa instancia de solicitude, presentarase a seguinte documentación, en orixinal ou copia cotexada:

I.- Para sociedades constituídas:

a) CIF.
b) Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e modificacións posteriores dos devanditos.
c) Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se é o caso, no rexistro competente.
d) Certificado resumo do Imposto de sociedades emitido pola Axencia Tributaria referido aos 3 últimos exercicios fiscais.
e) Último recibo pagado polo imposto de actividades económicas. No caso de empresas de nova creación, alta no IAE ou declaración responsable que inclúa o compromiso de darse de alta no IAE indicando a epígrafe correspondente, así como de remitir o documento de alta antes de enviar ao Igape a solicitude de cobramento ou ben acompañando a esta.

II.- No caso de sociedades en constitución:

a) Certificado do Rexistro Xeral de Sociedades Mercantís da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza, ou do rexistro competente, de non figurar inscrita a futura denominación social da entidade que se vai constituír.
b) Proxecto de estatutos da sociedade.
c) Alta no IAE ou declaración responsable que inclúa o compromiso de darse de alta no IAE indicando a epígrafe correspondente, así como de remitir o documento de alta antes de enviar ao Igape a solicitude de cobramento ou ben acompañando a esta.


III.- Acreditación de emprego:
a) Os TC1 e TC2 dos tres meses anteriores á data de presentación da solicitude de axuda de todos os centros de traballo da empresa en Galicia.
b) Certificado da Tesourería Xeral da Seguridade Social de afiliados adscritos ás contas de cotización da empresa por tipos de contrato, e de todos os centros de traballo da empresa, á data de solicitude da axuda.

IV.- Memoria descritiva do investimento proxectado segundo o modelo normalizado establecido polo Igape.

V.- Declaración do efecto incentivador da axuda solicitada, de acordo co establecido no artigo 1.5 destas bases, segundo o modelo normalizado establecido polo Igape.

VI.- Planos.

VII.- Declaración de cumprimento de requisitos segundo o establecido no anexo VI.

VIII.- Declaración da condición de peme, segundo o modelo do anexo VII.

IX.- Calquera outra documentación ou información adicional que considere conveniente para unha correcta análise da solicitude.

O interesado presentará a instancia de solicitude co IDE e a documentación anexa no rexistro xeral dos servizos centrais do Igape, nas súas oficinas territoriais ou a través dalgunha das formas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992.

14. OBSERVACIÓNS
APOIOS ESPECÍFICOS:

Para os proxectos que se van a implantar nos seguintes municipios:

- Municipios das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal
- Municipios da Costa da Morte: A Laracha, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión,Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muros, Muxía, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo, Zas.
- Municipios da provincia de Lugo.
- Municipios da provincia de Ourense.

Adoptaranse as seguintes medidas de prioridade específica:

1. Nos criterios de avaliación e selección de proxectos, o criterio de localización avaliarase co valor máximo para os proxectos que se van desenvolver nestes municipios.

2. Ademáis dos sectores prioritarios xerais, establecidos no anexo IV das bases reguladoras, nos municipios das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal consideraranse e ponderaranse como prioritarios os proxectos que se vaian desenvolver nas actividades seguintes: industria eólica, turismo, loxística, diversificación naval e industria auxiliar do naval e biomasa.

3. Para os proxectos de primeira implantación en Galicia, garántese unha axuda mínima do 20% do investimento subvencionable e para proxectos de creación de establecementos que non sexan considerados de primeira implantación, ampliación, modernización ou innovación tecnolóxica, garántese unha axuda mínima do 15% dos custos subvencionables.

4. Nos proxectos de investimento empresarial, o investimento mínimo previsto redúcese a 200.000 euros.

5. Para os proxectos que se van implantar na provincia de Lugo e na provincia de Ourense, para os proxectos de primeira implantación promovidos por pequenas empresas, garántese unha porcentaxe do 30% do investimento subvencionable e como mínimo do 25% cando promovan proxectos de ampliación e modernización. No caso de que o promotor sexa mediana empresa, o proxecto de primeira implantación terá garantido como mínimo o 25% do investimento subvencionable e o mínimo do 20% nos proxectos de ampliación e modernización. Estes apoios específicos aplicaranse exclusivamente aos proxectos que desenvolvan as seguintes actividades:

a) Provincia de Lugo:
- Industria de transformación agroalimentaria.
- Sector químico e industria farmacéutica.
- Eliminación, valorización e reciclaxe de residuos.
- Transporte de mercadorías.
- Hoteis de 4 ou máis estrelas, balnearios e baños, podendo incluír instalacións complementarias.
- Industrias de biotecnoloxía.
- Actividades de electrónica, robótica, audiovisual, telemática, e telecomunicacións e desenvolvemento de software.

b) Provincia de Ourense:
- Industria de transformación agroalimentaria.
- Sector moda (confección e complementos), agás o que se refira ao sector das fibras sintéticas.
- Fabricación de motores, xeradores e transformadores eléctricos, e de aparellos de distribución e control eléctrico.
- Sector industria da automoción.
- Actividades de envasamento e empaquetamento por conta de terceiros.
- Industria aeronáutica e auxiliar.
- Eliminación, valorización e reciclaxe de residuos.
- Transporte de mercadorías.
- Hoteis de 4 ou máis estrelas, balnearios e baños, podendo incluír instalacións complementarias.
- Actividades de electrónica, robótica, audiovisual, telemática, e telecomunicacións e desenvolvemento de software.
 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal