INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

O prazo de presentación finaliza o 30/12/2010
Resolución do 22 de xullo de 2010 (DOG Nº142 do 27/072010) - Bases reguladoras e convocatoria 2010
ORGANISMO
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
IG139 - APOIO FINANCEIRO Á HOSTALARÍA, COMERCIO, TURISMO E SERVIZOS DAS COMARCAS DE FERROL, EUME E ORTEGAL (RE-INVIRTE FERROL)
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
Liña de subsidiación ao financiamento obtido polas pequenas e medianas empresas dos sectores de hostalería, comercio, turismo e servizos que promovan investimentos nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.
3. TIPOS DE APOIO
Concorrencia non competititva.

Subsidiación do tipo de xuro de préstamos ou leasing.
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
Pemes segundo a definición adoptada pola Comisión Europea, que desenvolvan algunha das actividades económicas relacionadas no Anexo I, que promovan investimentos nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

5. SECTORES INCENTIVABLES
Hostalaría, comercio, turismo e servizos.
6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
A contía do investimento subvencionable será como mínimo de 3.500 euros e como máximo de 100.000 euros e determinarase excluíndo o IVE e outros tributos do custo de adquisición.

O importe a financiar con dereito á subsidiación poderá acadar o 100% do investimento subvencionable. O importe subsidiable será, como mínimo, de 3.500 euros e non poderá, para cada beneficiario, superar os 100.000 euros.

O prazo máximo de amortización será de 7 anos incluído, como máximo un ano de carencia.

O sistema de amortización de capital e de liquidación de intereses será o que libremente pacten as empresas directamente coa entidade de crédito.

O tipo de xuro nominal anual poderá ser, a elección do beneficiario, fixo ou variable:
*Tipo fixo: tipo de xuro nominal do 6% .
*Tipo variable: o tipo de xuro variará por semestres naturais. Tipo de referencia: Euribor a 6 meses. Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes sen que en ningún caso poida exceder de 2,75.

As entidades financeiras prestamistas poderán percibir, por todos os conceptos e dunha soa vez, unha comisión máxima dun 1,5% sobre os saldos máximoos garantidos cada ano. A devandita comisión non será subvencionable.

As sociedades de garantía recíproca (SGR) poderán percibir, polos avales prestados ás operacións de empréstito subscritas ao abeiro desta bases, unha comisión máxima anual do 1% sobre os saldos máximos garantidos cada ano. A devandita comisión será subvencionada polo Igape.
7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
-
8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
O proxecto investidor deberá consistir na adquisición de activos a terceiros e non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude no IGAPE.

Consideraranse subvencionables os investimentos adquiridos a terceiros, que se realicen con posterioridade á solicitude da axuda no Igape e se paguen no período dun ano desde a formalización da operación de préstamo ou se adquiran mediante arrendamento financeiro (leasing) que se formalicen no período dun ano dende a solcitude de axuda, sempre que a empresa se comprometa ante o Igape a exercer a opción de compra ó finalizar o arredamento; e que se materialicen en:

-Inmobilizado material novo ou usado. No caso de elementos de transporte, exclusivamente vehiculos industriais.

-Inmobilizado intanxible.

-Gastos de aprovisionamento e inicio de actividade ata un máximo do 20% do gasto subvencionable elixible.

9. CONTÍA DAS AXUDAS
A subsidiación será de 4 puntos porcentuais do tipo de xuro e, no seu caso, ao importe da comisión do aval da SGR.
A axuda financeira que se conceda, pagarase dunha soa vez.

10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Desde o día seguinte á publicación das presentes bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e terminará o 30 de decembro do 2010
11. INCOMPATIBILIDADES
Non poderán acollerse a estas axudas aqueles proxectos que se vaian a financiar, en todo ou en parte, mediante créditos, préstamos ou contratos de leasing que teñan calquera tipo de subvención encamiñada a mellorar as condicións financeiras respecto das normais de mercado.

Serán compatibles con calquera outras axudas públicas ou privadas - salvo as referidas no parágrafo anterior-, pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea no Regulamento 800/2008.
12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Resolución do 22 de xullo de 2010 (DOG Nº142 do 27/072010) - Bases reguladoras e convocatoria 2010
13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Para presentar unha solicitude de axuda o interesado, ou a entidade colaboradora no seu nome, deberá cubrir previamente un cuestionario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través da aplicación da axuda establecida na dirección de Internet http://www.tramita.igape.es

Servizo de Asistencia Técnica: 902 300 903 ou 981 54 11 47

14. OBSERVACIÓNS
-
 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal