INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

O prazo de presentación finalizou o 06/05/2011
Resolución do 21 de maio de 2010 (DOG Nº100 do 28/05/2010) - Bases e convocatoria 2010
Resolución do 21 de maio de 2010 (DOG Nº108 do 09/06/2010) - Corrección de erros
Resolución do 21 de maio de 2010 (DOG Nº124 do 01/07/2010) - Corrección de erros
Resolución do 21 de maio de 2010 (DOG Nº26 do 08/02/2011) - Corrección de erros
Resolución do 10 de marzo de 2011 (DOG Nº63 do 30/03/2011) - Convocatoria 2011
Modelo participación de empresas (formato rtf)
Resolución do 20 de xullo de 2011 (DOG Nº142 do 26/07/2011) - Ampliación crédito
Resolución do 24 de outubro de 2011 (DOG Nº207 do 28/10/2011) - Ampliación do crédito
Resolución do 10 de marzo de 2011 (DOG Nº240 do 19/12/2011) - Corrección de erros
ORGANISMO
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
IG128 - INNOEMPRESA: REALIZACIÓN DE DIAGNÓSTICOS INTEGRAIS DE SITUACIÓN E ELABORACIÓN E IMPLANTACIÓN DE PLANS ESTRATÉXICOS (2010)
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
Realización de diagnósticos integrais de situación e elaboración e implantación de plans estratéxicos.
3. TIPOS DE APOIO
Subvencións a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
• As pequenas e medianas empresas (pemes), que sexan sociedades con personalidade xurídica propia ou autónomos, que teñan un centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto, que desenvolvan actividades subvencionables e conten con, polo menos, UN EMPREGADO con contrato laboral.

Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas cuxa actividade de subministradoras de bens ou prestadoras de servizos se desenvolva nos mesmos ámbitos para os que solicitan a axuda.

• Os organismos intermedios, sempre que no proxecto subvencionable contemplen a prestación de servizos de carácter innovador a un conxunto de pemes galegas ou con centro de actividade en Galicia definidas en canto ao seu número, condición de pequena ou mediana empresa, sector de actividade e ámbito xeográfico que, necesariamente, terán que participar na súa execución e nun mínimo dun 10% no financiamento dos servizos recibidos. Entenderase como organismo intermedio:

a) As organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia, que de forma habitual presten servizos de apoio á innovación e á modernización nas súas diversas formas ás pemes e dispoñan de recursos materiais e humanos para impulsar e orientar os proxectos.

b) As entidades con participación maioritaria de capital público que presten de forma habitual servizos empresariais de apoio á innovación e á competitividade das pemes e promovan proxectos nos que non persigan a obtención de beneficios.

5. SECTORES INCENTIVABLES
Poderán ser beneficiarios as pemes dos sectores de industria (incluída a agroalimentaria), construción, turismo, comercio e servizos, e os organismos intermedios que desenvolvan proxectos para pemes destes sectores.

Non serán subvencionables as seguintes actividades:

a) As actividades relacionadas coa exportación, concretamente as directamente vinculadas ás cantidades exportadas, ao establecemento e funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos correntes vinculados á actividade exportadora.
b) As axudas subordinadas á utilización preferente de produtos nacionais repeto a produtos importados.
c) Os produtos da pesca e a acuicultura. CNAE 09: Grupo 10.2 (todas as clases)
d) As actividades relacionadas coa produción primaria de produtos agrarios, fabricación e comercialización de produtos agrarios cando a axuda se repercuta total ou parcialmente sobre os produtores primarios (agricultores). CNAE 09: Divisións 01, 02, 03 e 05 (todos os grupos e clases)
e) O sector da industria siderúrxica: CNAE 09: Grupos 24.1, 24.2 e 24.3 (todas as clases) e clases 24.51, 24.52
f) O sector de fibras sintéticas.
g) O sector do carbón e do aceiro: CNAE 09: División 05 (todos os grupos e clases)
h) O sector da construción naval: CNAE 09: Clase 30.11

6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
Esta axuda só se poderá disfrutar unha vez con carácter xeral, e non poderá volver a solicitarse agás que transcorreran tres anos dende a anterior concedida, se acredite a execución do plan estratéxico ou se xustifiquen razoablemente as causas polas que non se puido poñer en práctica. Estas condicións terán que cumprirse de igual xeito para o caso de obtención previa dunha axuda para Plans de mellora tecnolóxica (IG130)

Na solicitude de axuda terán que expoñerse con claridade os obxectivos perseguidos coa elaboración do plan estratéxico.

Os diagnósticos e plans estratéxicos deberán dar cumprida resposta, alomenos, aos seguintes puntos:

- Marco de referencia (valores, misión, obxectivos e políticas corporativos, mercado de actuación, etc.)
- Análise interno e externo (atractivo de mercado e análise competitivo)
- Análise económico-financeiro
- Diagnóstico: análise DAFO, identificación de requirimentos competitivos,...
- Estratexias competitivas avaliadas e priorizadas
- Cronograma de execución do plan
- Calendario de revisión

7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
Requisitos dos proxectos subvencionables:

a) Os proxectos subvencionables terán que acreditar a súa viabilidade técnica, económica, financeira e, se é o caso, ambiental.
b) No caso de proxectos que inclúan investimentos, o beneficiario deberá achegar unha contribución financeira, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25% dos custos, xa sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo.
c) Os proxectos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude no Igape. Ningún dos custos alegados, sobre os que se solicita subvención, poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude da axuda; de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable. Serán subvencionables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos destas bases, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude de axuda e dentro do prazo concedido para a execución dos proxectos.
d) Non se concederá máis dunha axuda por cada liña a unha mesma peme ou a un mesmo organismo intermedio dentro da mesma convocatoria.

Condicións necesarias para a avaliación dos proxectos:

a) Que sexan técnica, económica e financeiramente, e se é o caso ambientalmente, factibles.
b) Que sexan completos, é dicir, que aínda que sexan ampliables e mellorables no futuro, sexan totalmente suficientes para a súa aplicación.
c) Que o número de pemes participantes sexa como mínimo de 5 no caso de proxectos promovidos por organismos intermedios.

8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
• Cando os beneficiarios directos das axudas sexan ORGANISMOS INTERMEDIOS, poderanse subvencionar os seguintes tipos de gasto:

b) Gastos de persoal técnico directamente relacionado coa execución do proxecto. Por persoal técnico enténdese persoal que desenvolva funcións técnicas (non administrativas nin directivas) específicas para a execución do proxecto de que se trate. Para estes efectos considerarase persoal técnico os técnicos superiores e medios (grupos de cotización 1 e 2). Para os demais casos, teranse en conta as funcións concretas que se van desenvolver na execución do proxecto e que sexa preciso unha capacitación profesional específica para levalas a cabo. Neste apartado estarase aos máximos aplicables por categoría laboral especificados no anexo IV destas bases.

c) Colaboracións externas: asistencia técnica, gastos externos de consultoría, titorización e servizos directamente relacionados coa execución do proxecto.

d) Viaxes interurbanas e aloxamento do persoal propio necesarios para a realización do proxecto. A este respecto haberá que aterse aos límites máximos especificados no anexo IV destas bases.

e) IVE ou equivalente soportado polo beneficiario cando lle supoña un custo real, o que se acreditará mediante acordo de exención do IVE emitido pola Axencia Tributaria que deberá achegarse no prazo de 10 días desde a notificación da proposta de resolución provisional.

f) Gastos xerais, que non poderán superar o 10% do orzamento subvencionable.

g) Os proxectos promovidos por organismos intermedios poderán destinar un máximo do 30% do gasto subvencionable total a actividades de preparación e difusión, agás en casos excepcionais xustificados pola natureza do proxecto, que poderán acadar ata o 50%.

• Cando os beneficiarios directos das axudas sexan PEMES, poderanse subvencionar os gastos da letra c):

c) Colaboracións externas: asistencia técnica, gastos externos de consultoría, titorización e servizos directamente relacionados coa execución do proxecto.

As colaboracións externas subvencionables non consistirán en actividades permanentes ou periódicas nin estarán relacionadas cos gastos de explotación normais da empresa como son os servizos rutinarios de asesoría fiscal, os servizos xurídicos periódicos ou os de publicidade.

O período de cobertura dos gastos e investimentos subvencionados, relativos ás actividades dos proxectos, denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de solicitude da axuda ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión. Ningún dos custos alegados, sobre os que se solicita subvención, poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude da axuda; de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable.

9. CONTÍA DAS AXUDAS
A subvención máxima será de 4.000 € por empresa no caso de diagnósticos e plans estratéxicos de micropemes; 6.000 € para pequenas empresas e 10.000 € para medianas empresas.
10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 6 de maio de 2011.

Poderanse cubrir e obter os formularios a través da aplicación informática ata as 14.00 horas do día da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

11. INCOMPATIBILIDADES
Esta liña de axuda é incompatible, nunha mesma convocatoria, coa liña de plans de mellora tecnolóxica (IG30)

Estas liñas de axuda son incompatibles con calquera outra subvención pública. A obtención doutras axudas ou subvencións ao mesmo proxecto deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa do proxecto realizado.

12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Resolución do 21 de maio de 2010 (DOG Nº100 do 28/05/2010) - Bases reguladoras e convocatoria 2010
Resolución do 21 de maio de 2010 (DOG Nº108 do 09/06/2010) - Corrección de erros
Resolución do 21 de maio de 2010 (DOG Nº124 do 01/07/2010) - Corrección de erros
Resolución do 21 de maio de 2010 (DOG Nº26 do 08/02/2011) - Corrección de erros
Resolución do 10 de marzo de 2011 (DOG Nº63 do 30/03/2011) - Convocatoria 2011
Resolución do 20 de xullo de 2011 (DOG Nº142 do 26/07/2011) - Ampliación do crédito
Resolución do 24 de outubro de 2011 (DOG Nº207 do 28/10/2011) - Ampliación do crédito
Resolución do 10 de marzo de 2011 (DOG Nº240 do 19/12/2011) - Corrección de erros

13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Información nas oficinas territoriais do IGAPE e no Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 902 300 903. Tamén a través de www.igape.es ou en informa@igape.es

Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cumprimentar previamente un cuestionario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través da aplicación de axuda establecida no enderezo de Internet http://www.tramita.igape.es. O interesado presentará a instancia de solicitude co IDE nun rexistro público ou se dispón de certificado dixital mediante a presentación telemática.

A fin de prestar asistencia na cumprimentación do cuestionario, o Igape pon a disposición do interesado o seu Servizo de Asistencia Técnica a través do 902 300 903 ou 981 541 147

14. OBSERVACIÓNS
O prazo de execución dos proxectos non poderá superar o 30 de setembro de 2012.

Os beneficiarios deberán presentar a solicitude de cobramento da subvención no prazo dun mes desde o fin do prazo de execución establecido na resolución de concesión e nunca posteriormente ao 31 de outubro do exercicio correspondente á anualidade establecida na resolución de concesión (en caso de coincidir en sábado ou día inhábil en Santiago, o prazo finalizará o día hábil seguinte). Para presentar a solicitude de cobramento, o beneficiario deberá cubrir previamente o cuestionario de liquidación a través da aplicación de axuda establecida no enderezo da internet http://tramita.igape.es

Os proxectos nos que estean identificadas desde o inicio o 50% ou máis das empresas participantes, terán unha consideración prioritaria, pero neste caso, non se permitirá que das empresas inicialmente identificadas, sexan posteriormente substituídas máis dun 25%.
 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal