INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

O prazo de presentación finalizou o 30/07/2010
Resolución do 15 de abril de 2010 (DOG nº 76 do 23/04/2010) - Bases reguladoras
ORGANISMO
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
IG175 - PROXECTO DE CONSULTORÍA EXTERNA DIRIXIDOS Á ANÁLISE ECONÓMICO-FINANCIEIRA DAS PEMES (2010)
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
1.- Serán subvencionables os proxectos de consultoría externa dirixidos á análise económico-financeira do solicitante, co obxecto de establecer as hipóteses e decisións que soporten unha viabilidade futura da empresa e obter financiamento nalgunha entidade financeira acorde coas necesidades a curto prazo da empresa. Os traballos de consultoría subvencionables terán que incluír o acompañamento aos empresarios ás entidades financeiras por parte dos consultores que presten os servizos. O contido mínimo do plan será o establecido no anexo II a estas bases.

2.- Os proxectos terán que acreditar a súa viabilidade económica e financeira.

3.- Os proxectos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda.

3. TIPOS DE APOIO
Axuda en réxime de concorrencia non competitiva
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
Poderán ser beneficiarios as pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea, que exerzan ou teñan intención de exercer a súa actividade económica en Galicia baixo calquera forma de persoa xurídica de obxecto mercantil.

Tamén poderán ser beneficiarios as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades que entren dentro da categoría de empresas en crise, ao abeiro da definición do artigo 1 número 7º do Regulamento Xeral de Exención (Regulamento CE 800/2008). Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Non poderán ter a condición de beneficiarios as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

5. SECTORES INCENTIVABLES
Están excluídas das axudas as seguintes actividades, segundo o Regulamento (CE) nº 800/2008 (DOUE L 214, do 9 de agosto de 2008):

a) As actividades de produción primaria dos produtos agrarios e as actividades nos sectores da pesca e da acuicultura:

CNAE 09: Divisións 01, 02, 03 e 05 (todos os grupos e clases)
CNAE 09: Grupo 10.2 (todas as clases)

b) O sector da industria siderúrxica:
CNAE 09: Grupos 24.1, 24.2 e 24.3 (todas as clases) e clases 24.51, 24.52

c) O sector de fibras sintéticas.

d) O sector do carbón e do aceiro:
CNAE 09: División 05 (todos os grupos e clases)

e) O sector da construción naval:
CNAE 09: Clase 30.11

6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
-
7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
-
8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
* Proxectos de consultoría externa dirixidos á análise económico-financeira do solicitante, co obxecto de establecer as hipóteses e decisións que soporten unha viabilidade futura da empresa e obter financiamento nalgunha entidade financeira acorde coas necesidades a curto prazo da empresa.
O contido mínimo do plan será o establecido no anexo II a estas bases.

Os gastos subvencionables serán os realizados dentro do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión para os efectos de cumprir todas as condicións nela establecidas. Este prazo iniciarase na data de presentación da solicitude de axuda e rematará na data que, á vista das características do proxecto, sexa establecida na resolución de concesión. Ningún dos custos alegados, sobre os que se solicita subvención, poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude da axuda; de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable.

Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 12.000 euros o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores de contraer o compromiso para a prestación do servizo.
Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases os impostos indirectos cando sexan suscepti¬bles de recuperación ou compensación e os impos¬tos persoais sobre a renda.
Os gastos subvencionables deberán ser contratados e pagados directamente entre o beneficiario da axuda e o provedor final. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores. En ningún caso poderá concertarse polo beneficiario a execución total ou parcial das actividades.
En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

9. CONTÍA DAS AXUDAS
Os proxectos aprobados contarán cunha subvención a fondo perdido do 50% sobre o custo dos traballos de consultoría externa previstos na solicitude, co límite de 6.000 euros por proxecto, sempre que conste acreditado que como resultado do proxecto e do acompañamento dos consultores, a empresa beneficiaria obteña un financiamento en algunha entidade financeira acorde coas necesidades a curto prazo detectadas na análise e por un valor non inferior á cobertura do 50% desas necesidades.

No caso de non obter financiamento ou ser inferior ao establecido no parágrafo anterior, a subvención reduciríase ao 30% dos custos dos traballos de consultoría.

10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia; no caso de coincidir en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, o prazo comezará o día hábil seguinte; e rematará o 30 de xullo de 2010, ou no intre do esgotamento do crédito orzamentario.
11. INCOMPATIBILIDADES
A subvención ao abeiro deste artigo para un determinado proxecto será incompatible con calquera outra subvención a fondo perdido do Igape. Será compatible, non obstante, con programas de axuda financeira do instituto como pode ser, entre outros, a subsidiación do tipo de xuro e tamén, con calquera outro tipo de subvención ou axuda concedida por outros organismos públicos ou privados, sempre e cando o seu cómputo non exceda o límite do 50% do gasto subvencionable.

12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Resolución do 15 de abril de 2010 (DOG nº 76 do 23/04/2010) - Bases reguladoras
13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Para presentar unha solicitude de axuda, os interesados deberán cubrir previamente un cuestionario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención a través da aplicación de axuda establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

Poderanse cubrir e obter os formularios a través da aplicación informática ata as 14.00 horas do día da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

14. OBSERVACIÓNS
Unha vez rematado o proxecto subvencionado e aboados os gastos de consultoría externa pola parte non subvencionada, os beneficiarios deberán presentar a solicitude de cobramento da subvención no prazo dun mes desde o fin do prazo de execución establecido na resolución de concesión e nunca posteriormente ao 30 de outubro do exercicio correspondente á anualidade establecida na resolución de concesión.

Na solicitude de cobramento a empresa beneficiaria designará a empresa de servizos contratada como cesionaria da subvención.

 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal