INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

O prazo de presentación finaliza o 10/09/2010
Resolución do 6 de abril de 2010 (DOG Nº 67 do 12/04/2010) - Bases reguladoras e convocatoria
ORGANISMO
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
IG158 - INTERNACIONAL - PRIMEIRA IMPLANTACIÓN COMERCIAL CONXUNTA NO EXTERIOR (PLAN PRIMEX)
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
Apoio de proxectos de cooperación entre empresas galegas para aunar esforzos, compartir costes e, no seu caso, estratexia e marca para introducirse por primeira vez en novos mercados internacionais, especialmente nos países emerxentes de alto crecemento para o lanzamento de produtos ou servizos galegos en novos mercados (países ou zonas xeográficas determinadas dentro dun país).
Apoio das accións que realicen os organismos intermedios beneficiarios para os seus asociados que participen no proxecto baixo as regras de funcionamento que establezan co organismo intermedio beneficiario.

3. TIPOS DE APOIO
Subvención en réxime de concorrencia non competitiva.
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
a) Proxectos tipo I: primeira implantación conxunta no estranxeiro

• As agrupacións de polo menos tres empresas galegas -non vinculadas previamente entre si-, que se comprometan a crear unha sociedade de promoción e introdución comercial dos seus produtos no país de destino.
• Os consorcios domiciliados en Galicia e con personalidade xurídica independente formados por alomenos tres empresas galegas -non vinculadas previamente entre si, que se comprometan a crear unha filial no estranxeiro para a promoción e introdución comercial dos seus produtos no país de destino.

b) Proxectos tipo II: centros de promoción no estranxeiro

• Asociacións empresariais, consellos reguladores e clusters. Mínimo 5 empresas galegas no proxecto.
• As agrupacións de polo menos tres empresas - non vinculadas previamente entre si e con domicilio ou algún centro de actividade radicado en Galicia-, que se comprometan a establecer de forma conxunta un centro de promoción e introdución comercial no estranxeiro.

Requisitos dos beneficiarios para ambos tipos de proxectos:

• A non vinculación previa implica que unha empresa socio non pode ter participación do capital doutra empresa socio, nin dúas empresas socio poden ter un accionista común maioritario. Ademáis, dúas empresas socio non poden ter antes da solicitude de axuda un mesmo representante legal ou administradores comúns.
• Admitirase a existencia no proxecto de socios non galegos ou socios con vinculación previa pero ditas partes non recibirán axuda do Igape. No caso de vinculación previa, somentes un dos socios vinculados terá dereito á subvención, que será ademáis o que se compute a efectos de contabilizar o número mínimo de socios do proxecto.
• Admítese a participación dun socio financeiro (entidade financeira, de capital risco, xerente do consorcio, etc.) español ou estranxeiro. A parte do socio financeiro non recibirá axuda por parte do Igape.
• A maioría das empresas participantes nos proxectos deben ser pequenas e medianas empresas galegas -segundo a definición da Comisión Europea-, non vinculadas previamente entre sí. Así mesmo, en caso de constituir unha sociedade no estranxeiro, a maioria de capital debe corresponder a empresas ou a organismos intermedios galegos e ningun socio da sociedade en destino poderá deter a maioría do capital, salvo disposicións legais no de destino que o impidan, o que deberá quedar suficientemente acreditado ante o Igape.

5. SECTORES INCENTIVABLES
Calquera actividade económica, incluso a prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos, non excluída no Regulamento relativo ás axudas de mínimis. Serán subvencionables as actividades de produción de produtos agrícolas e as actividades do sector pesqueiro conforme ao establecido nos correspondentes Regulamentos.

Para aquelas actividades que se atopen comprendidas dentro dos sectores regulados por normas específicas da Unión Europea sobre axudas estatais, as axudas previstas nestes artigos axustaranse en cada caso ás ditas normas específicas.
6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
Proxectos subvencionables:

a) Proxectos tipo I, primeira implantación conxunta no estranxeiro:

Proxectos de prospección, promoción e primeira implantación conxunta de empresas galegas no estranxeiro, que teñan uns obxectivos de cooperación semellantes, para afrontar en destino unha estratexia de promoción comercial que beneficie a todas elas.

b) Proxectos tipo II, centros de promoción no estranxeiro:

• Proxectos para dar a coñecer e promocionar produtos e servizos de empresas galegas amparadas baixo unha ou varias denominacións de orixe, un cluster ou unha ou varias asociacións.
Estes organismos intermedios son os aglutinantes da estratexia e das accións comúns.
• Proxectos de agrupacións de empresas para facilitar a loxística de transporte, a exposición e almacenaxe en destino, reducindo custos e incentivando a un conxunto de empresas que por si soas atoparían importantes barreiras para acceder aos mercados internacionais; aínda así, cada empresa poderá manter a súa autonomía respecto das accións que considere máis convenientes para os seus obxectivos.
7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
-
8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
Conceptos subvencionables:

a) Proxectos tipo I, primeira implantación conxunta no estranxeiro:

Serán subvencionables os seguintes gastos de funcionamento da sociedade que se constitúa no país de implantación durante como máximo os dous primeiros anos de funcionamento desde a data da súa constitución (e en todo caso como data límite ata o 31 de agosto de 2013):

• Gastos de estrutura: constitución, persoal, servizos profesionais externos e alugueres, cota centro ou viveiro de empresas.
• Gastos de promoción relacionados co país de implantación: material de promoción, publicidade, accións promocionais, promocións e puntos de venda, feiras e viaxes.
• Outros gastos relacionados co país de implantación: homologación, normalización, rexistro de patentes e marcas e asistencia xurídica no mercado internacional obxectivo, así como gastos de certificacións.

b) Proxectos tipo II, centros de promoción no estranxeiro: serán subvencionables os seguintes gastos de funcionamento do centro de promoción durante como máximo os dous primeiros anos de funcionamento desde a data da súa posta en marcha (e en todo caso ata o 31 de agosto de 2013):

1- Para asociacións empresariais, consellos reguladores e clusters:

• Aluguer do local, aluguer de inmobilizado, e soldos e salarios dun promotor e dun encargado do centro.
• Gastos de promoción: axencia de comunicación, deseño, impresión e realización de campañas promocionais conxuntas, accións
promocionais/promocións e participación en feiras.

2 - Para agrupacións de empresas:

• Aluguer do local para o centro de promoción.
• Aluguer do inmobilizado.
• Soldos e salarios do encargado do centro.
9. CONTÍA DAS AXUDAS
a) Proxectos tipo I: primeira implantación conxunta no estranxeiro:
• Se a implantación é en Brasil, Rusia, India, China ou México: 40%.
• Se a implantación é noutro país estranxeiro distinto dos anteriores: 35%.
Estas porcentaxes incrementaranse nun 5% por cada empresa galega participante na agrupación ou consorcio por riba do número mínimo requirido de 3 empresas galegas. As porcentaxes incrementaranse ata acadar un máximo dun 15% adicional ás porcentaxes anteriores.
Límite máximo de axuda por proxecto: 160.000 euros/ano. Por cada empresa
adicional incrementarase o límite anterior en 30.000 euros, ata acadar un límite máximo de 250.000 euros/ano. A subvención máxima polo concepto de viaxes non superará os 6.000 euros/ano.

b) Proxectos tipo II: centros de promoción no estranxeiro:

1- Para asociacións empresariais, consellos reguladores e clusters:
• Se o proxecto é en Brasil, Rusia, India, China ou México: 45%.

Estas porcentaxes incrementaranse nun 6% por cada organismo intermedio galego adicional que participe no proxecto. As porcentaxes incrementaranse ata acadar un máximo dun 24% adicional ás porcentaxes anteriores.

Límite máximo de axuda por proxecto: 100.000 euros/ano, cando a solicitude a realice un só beneficiario, cando sexa conxunta de máis dun beneficiario incrementarase en 50.000 euros/ano ata acadar un límite máximo conxunto de 325.000 euros/ano.

2.- Para agrupacións de empresas:
• Se a implantación é en Brasil, Rusia, India, China ou México: 35%.
• Se a implantación é noutro país estranxeiro distinto dos anteriores: 30%.
Estas porcentaxes incrementaranse nun 3% por cada empresa galega participante na agrupación ou consorcio por riba do número mínimo requirido de 3 empresas galegas. As porcentaxes incrementaranse ata acadar un máximo dun 15% adicional ás porcentaxes anteriores.
Límite máximo de axuda por proxecto: 80.000 euros/ano. Por cada empresa adicional increméntase en 25.000 euros, ata acadar un límite máximo conxunto de 155.000 euros/ano.
• Se o proxecto é noutro país estranxeiro distinto dos anteriores: 40%
10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación no DOG ata o 10 de setembro de 2010.

Poderanse cubrir e obter os formularios a través da aplicación informática ata as 14.00 horas do día da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
11. INCOMPATIBILIDADES
Estas axudas son compatibles con calquera outra liña de subvencións, sempre que se respecten as intensidades de axuda máxima indicadas nos regulamentos da UE aplicables.

Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que, de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis, non se superan os seguintes límites:
a) Con carácter xeral, 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais.
b) 100.000 euros para as empresas do sector de transporte por estrada.
c) 30.000 euros para as empresas do sector pesqueiro
d) 7.500 euros para as empresas dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.

12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Resolución do 6 de abril de 2010 (DOG Nº 67 do 12/04/2010) - Bases reguladoras e convocatoria
13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Información nas oficinas territoriais do IGAPE e no Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 902 300 903. Tamén a través de www.igape.es ou en informa@igape.es

Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cumprimentar previamente un cuestionario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través da aplicación de axuda establecida no enderezo de Internet http://www.tramita.igape.es

A fin de prestar asistencia na cumprimentación do cuestionario, o Igape dispón dun Servizo de Asistencia Técnica a través dos teléfonos 902 300 903 ou 981 541 147
14. OBSERVACIÓNS
Para presentar a solicitude de cobramento, o beneficiario deberá cubrir previamente o cuestionario de liquidación a través da aplicación de axuda establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal