INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

O prazo de presentación finaliza o 31/12/2010
Resolución do 1 de marzo de 2010 (DOG Nº57 do 25/03/2010) - Bases reguladoras
Formularios
ORGANISMO
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
BONIFICACIÓN DOS GASTOS FINANCIEIROS NOS PRÉSTAMOS DO IGAPE CON FONDOS DO BEI NO MARCO DO IMPULSA - LUGO E IMPULSA - OURENSE
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
Subvención polo Igape dos gastos financeiros dos préstamos concedidos por dito Instituto ao abeiro do seu programa de préstamos con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) que financien proxectos de investimento nas provincias de Lugo e Ourense.
3. TIPOS DE APOIO
Bonificar os gastos financeiros dos préstamos acollidos ao programa de préstamos para financiar proxectos de investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia con Fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) en réxime de concorrencia non competitiva.
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
- Poderán acceder a estas axudas aquelas empresas ás que con posterioridade á entrada en vigor destas bases se lles conceda unha operación do programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI), cuxo investimento estea localizado nas provincias de Lugo e Ourense.

- Se a empresa solicitante cumpre os requisitos de Peme, non poderá iniciar o proxecto de investimento que se vai financiar co préstamo bonificable antes da presentación da solicitude de bonificación.
Se a empresa non cumpre os criterios de Peme, ademais, non poderá iniciar o proxecto de investimento con anterioridade á notificación do Igape da ELEXIBILIDADE do proxecto.

- Os beneficiarios terán que estar ao corrente das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma de Galicia.
5. SECTORES INCENTIVABLES
-
6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
O investimento financiado terá que manterse na propiedade do prestameiro durante toda a vixencia do préstamo e polo menos durante un período mínimo de cinco anos, aínda que poderá ser substituído no caso de obsolescencia, sempre e cando a actividade económica da beneficiaria se manteña en Galicia durante o dito período.
7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
-
8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
-
9. CONTÍA DAS AXUDAS
Poderán ser obxecto de subvención os xuros e a comisión de apertura dos préstamos concedidos polo Igape e dispostos para financiar investimentos realizados e pagados dentro do prazo establecido na resolución de concesión da subvención (denominado prazo de vixencia). O dito prazo comprende desde a data de solicitude da axuda de bonificación –no caso de empresas que non cumpran os requisitos de Peme desde a notificación do Igape da elixibilidade do proxecto- ata a data límite de execución do proxecto establecida na resolución de concesión.

A subvención dos xuros será pagada dunha soa vez mediante a súa aplicación para minorar o principal do préstamo.
10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de decembro de 2010.
11. INCOMPATIBILIDADES
Estas axudas outorgaranse ao abeiro do Regulamento (CE) nº 800/2008, do 6 de agosto de 2008 (DOUE L 214, do 9 de agosto). Para as empresas do sector da pesca as axudas outorgaranse en réxime de minimis no sector pesqueiro. Para as empresas do sector agrícola as axudas outorgaranse ao abeiro do Tratado CE ás axudas de mínimis no sector da produción de produtos agrícolas.

A concesión das axudas queda supeditada ao cumprimento da normativa vixente e, en especial, á da Unión Europea. Neses termos, serán compatibles con calquera outras axudas públicas ou privadas, pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea polo que a intensidade bruta da axuda non excederá do 30% no caso de que a empresa non cumpra os criterios de Peme, do 40% no caso de mediana empresa e do 50% no caso de pequena empresa. Para as empresas do sector da pesca as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar os 30.000 euros brutos durante calquera período de tres exercicios fiscais e para as empresas do sector agrícola as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar os 7.500 euros brutos durante calquera período de tres exercicios fiscais.
12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Resolución do 1 de marzo de 2010 (DOG Nº57 do 25/03/2010) - Bases reguladoras
13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá presentar ou ter presentado unha solicitude de concesión de préstamo do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) e cubrir a instancia de solicitude que figura no anexo I destas bases.

A solicitude poderá presentarse simultaneamente á solicitude de concesión de préstamo do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) e, en todo caso, deberá presentarse antes da formalización do préstamo bonificable.

Información nas oficinas do Igape ou nos teléfonos 981 541147 / 902 300 903
14. OBSERVACIÓNS
Os beneficiarios da axuda, antes da finalización do prazo máximo establecido na resolución de concesión para a xustificación dos investimentos, deberán presentar no Igape a solicitude de cobramento mediante o anexo II a estas bases. En ningún caso serán admitidas solicitudes de cobramento presentadas con posterioridade ao 30 de novembro de 2011.
 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal