|
| |
| ORGANISMO
|
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
|
| 1.
TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA |
IG169 - LIÑA DE FINANCIAMENTO DE CIRCULANTE SUBSIDIADO E AVALADO PARA AUTÓNOMOS E MICROEMPRESA - PLAN RE-SOLVE
|
| 2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Liña de financiamento subsidiado e avalado para facilitar o acceso ao financiamento para circulante dos autónomos e as microempresas.
|
| 3.
TIPOS DE APOIO |
Axuda en réxime de concorrencia non competitiva
|
| 4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
Microempresas con domicilio fiscal en Galicia, os autónomos e as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da axuda.
Definición de microempresas: empresas con menos de 10 traballadores, e cun volumen de negocio menor ou igual a 2 millóns de euros ou un balance menor ou igual a 2 millóns de euros
|
| 5.
SECTORES INCENTIVABLES |
Poderán ser obxecto de financiamento as actividades económicas que se relacionan no anexo II.
|
| 6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
As operacións acollidas a estas bases serán pólizas de préstamo ou crédito novas, excluíndose expresamente a substitución de créditos bancarios preexistentes, coas seguintes condicións financeiras:
a) Importe mínimo das operacións será 3.000 € e o máximo de 40.000 €.
b) O seu prazo de vixencia será de 3 anos.
c) No caso de préstamos, o primeiro ano será de carencia. Unha vez transcorrido o mesmo, o 50% do préstamo será amortizado con periodicidade mensual ou trimestral e o 50% restante será amortizado ao vencemento. No caso de pólizas de crédito, o saldo máximo dispoñible inicial manterase durante o primeiro ano, transcorrido o cal, o límite reducirase nun 25% ao principio do segundo ano, noutro 25% ao final do segundo ano e nun 50% ao vencemento.
d) O tipo de xuro nominal anual será variable por semestres naturais de acordo coa seguinte norma:
- Tipo de referencia: euribor a prazo de 6 meses. As revisións faranse semestralmente.
- Tipo adicional: o que libremente pacten as partes sen que en ningún caso poida exceder de 2,75 puntos.
Comisións máximas que a entidade financeira poderá repercutir: 1,5% apertura, 0,5% de estudio. No caso de póliza de crédito ademais unha comisión de dispoñibilidade trimestral máxima do 0,50% sobre o saldo medio non disposto.
Para as comisións de estudio e apertura, conxuntamente, a entidade financeira poderá estipular un mínimo de ata 100 €.
e) Os fondos dispostos destas operacións deberán ser utilizados para o financiamento de circulante: nóminas dos traballadores, impostos, seguridade social, aluguer, leasing, provedores, acredores por prestación de servizos, reparacións, cotas de débedas bancarias a longo prazo ó seu vencemento e cotas de leasing. En ningún caso poderán aplicarse a financiar investimentos en inmobilizado ou activos financeiros, nin á cancelación anticipada de pasivos bancarios.
f) As garantías a favor das entidades financeiras serán o aval de sociedade de garantía recíproca adheridas ó Convenio polo 90% do risco. Como garantía adicional poderán requirir garantías persoais pola parte non avalada pola SGR.
g) As garantías a favor da SGR serán o reaval do IGAPE en cobertura do 25% do risco, e como garantía adicional poderán requirir garantías persoais.
|
| 7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
-
|
| 8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
-
|
| 9.
CONTÍA DAS AXUDAS |
As axudas do Igape son as seguintes:
- Axuda en forma de garantía: reaval do Igape en garantía do 25% do risco asumido pola SGR.
- Subvención da comisión de aval das SGR: o Igape aboará ás SGR colaboradoras un 3% do principal do préstamo ou crédito formalizado directamente ás sociedades de garantía recíproca dentro da primeira quincena do mes seguinte a aquel no que recibisen as correspondentes liquidacións polas operacións formalizadas no trimestre anterior.
- En canto ó reaval do 25% do risco asumido pola SGR. Entendese que cumpre os requisitos establecidos na Comunicación da Comisión 2008/C155/02 relativa á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE das axudas estatais en forma de garantía para descartar a presenza de axuda estatal, salvo no que respecta ao pagamento dunha prima pola garantía baseada no mercado, cuantifícase unha axuda indirecta equivalente a tal prima non cobrada ao beneficiario, que sería do 0,5 % anual do risco asumido polo Igape en cada operación.
|
| 10.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte á publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de xuño de 2010
|
| 11.
INCOMPATIBILIDADES |
Compatibles con calquera outras axudas públicas ou privadas pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea.
As axudas financeiras que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de mínimis.
As axudas de mínimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 200.000 € durante calquera período de tres exercicios fiscais. Este límite será de 100.000 € para as empresas do sector do transporte por estrada. Para as empresas que operen no sector primario pesqueiro este límite será de 30.000 €. Para a produción primaria dos produtos agrícolas que figuran no anexo I do Tratado da Unión Europea, as axudas terán un límite de 7.500 €.
|
| 12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Resolución do 25 de setembro de 2009 (DOG Nº191 do 29/09/2009) - Bases reguladoras
Resolución do 21 de outubro de 2009 (DOG Nº213 do 30/10/2009) - Corrección de erros
Resolución do 5 de novembro de 2009 (DOG Nº225 do 17/11/2009) - Adhesión entidade financieira
Resolución do 28 de xaneiro de 2010 (DOG Nº22 do 03/02/2010) - Modificación do prazo de presentación
|
| 13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Antes da presentación da solicitude ao Igape, o interesado deberá acudir a unha das entidades financeiras colaboradoras, onde se lle requirirá a documentación necesaria para a avaliación do seu risco.
No caso de que a operación sexa aprobada pola entidade financeira nas condicións deste convenio e condicionada á achega do aval da SGR en garantía do 90%, esta comunicará ao Igape por vía telemática o importe e condicións aprobadas.
Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cumprimentar previamente un cuestionario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través da aplicación de axuda establecida no enderezo de Internet http://www.tramita.igape.es
A fin de prestar asistencia na formalización do cuestionario, o Igape pon á disposición do interesado o seu Servizo de Asistencia Técnica, nos teléfonos 902 300 903 ou 981 541 147
No caso de que non conste recibida no Igape a comunicación telemática previa de aprobación por parte da entidade financeira a aplicación no permitirá a cumplimentación do cuestionario.
O interesado presentará a instancia de solicitude co IDE no rexistro xeral dos servizos centrais do Igape, nas súas oficinas territoriais ou a través dalgunha das formas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992. Así mesmo, o interesado poderá asinar electrónicamente o formulario de solicitude co IDE e presentalo no Rexistro Telemático da Xunta de Galicia.
|
| 14.
OBSERVACIÓNS |
-
|