|
| |
| ORGANISMO
|
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
|
| 1.
TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA |
IG170 - AVAIS PARA O ACCESO A FINANCIAMENTO OPERATIVO ADICIONAL - PLAN RE-BROTE
|
| 2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Convenio de colaboración entre o Igape e as entidades financieiras adheridas polo que se establece unha liña de avais do Igape para facilitar ás empresas galegas o acceso ao financiamento operativo adicional.
|
| 3.
TIPOS DE APOIO |
Axuda en réxime de concorrencia non competitiva
|
| 4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
Empresas con domicilio social e fiscal en Galicia, que non se atopen en situación de crise e que desenvolvan algunha das actividades relacionadas no anexo II.b. e que presenten un proxecto obxecto de financiamento avalado que sexa considerado viable e dentro dos limites de risco asumibles polo IGAPE.
|
| 5.
SECTORES INCENTIVABLES |
Poderán ser obxecto de financiamento as actividades económicas que se relacionan no anexo II.
|
| 6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
O Igape poderá garantir operacións de financiamento novas, excluíndose expresamente a substitución de créditos bancarios preexistentes. Cada unha das operacións poderá ser concedida por unha entidade financeira asinante deste Convenio ou ben por un sindicado bancario formado por entidades asinantes do mesmo.
O importe individual das operacións de crédito acollidas ao Convenio será como mínimo de 300.000 €, con un máximo de risco por beneficiaria entre todas as entidades financeiras colaboradoras de 3.500.000 €.
Poderanse avalar as seguintes modalidades de operacións financeiras:
• CONTAS DE CRÉDITO A UN PRAZO DE 2 ANOS PARA O FINANCIAMENTO DE CIRCULANTE:
- Destinadas ó financiamento de nóminas dos traballadores, impostos, seguridade social, aluguer, leasing, provedores, acredores por prestación de servizos, reparacións e, tamén, os vencementos de débedas bancarias tales como cotas de préstamos a longo prazo, cotas de leasing ou similares. En ningún caso poderán aplicarse a financiar investimentos nin a cancelar ou reducir o risco doutras contas de crédito preexistentes.
- O límite de crédito mínimo por operación será de 300.000 €.
- O tipo de xuro nominal anual será variable por semestres naturais de acordo coa seguinte norma:
a) Tipo de referencia: euribor a prazo de 6 meses.
b) Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes sen que en ningún caso poida exceder de 2,75 puntos.
De establecerse un xuro mínimo este non poderá ser superior ao 4,25%
- As comisións máximas que a entidade financeira poderá repercutir serán do 1,5% apertura, 0,5% de estudio, e unha comisión de dispoñibilidade trimestral máxima do 0,50% sobre o saldo medio non disposto.
- O Igape responderá de ata o 40% do saldo disposto, unha vez cumpridos os requisitos de execución e devengarase unha comisión de aval anual a favor do Igape dun 0,5 % do importe do aval formalizado.
• LIÑAS DE CRÉDITO A 2 ANOS PARA O ADIANTO DE EFECTOS COMERCIAIS E FACTURAS:
- Estas liñas permitirán garantir a cesión mercantil ou transmisión dos créditos derivados das ventas a prazo que efectúe a empresa beneficiara.
- O límite de risco por efectos comerciais ou facturas descontadas mínimo por operación será de 300.000 €.
- O tipo de xuro nominal anual á aplicar ao desconto será variable por semestres naturais de acordo coa seguinte norma:
a) Tipo de referencia: euribor a prazo de 6 meses. As revisións faranse semestralmente.
b) Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes sen que en ningún caso poida exceder de 2,75 puntos.
De establecerse un xuro mínimo este non poderá ser superior ao 4,25%
- As entidades financeiras poderán aplicar unha comisión porcentual sobre as facturas e documentos cedidos, que non sobrepasará o 1%, podendo estipularse un mínimo por factura que non será superior a 8 €.
- A beneficiaria e a entidade financeira poderán contratar as coberturas de insolvencia de clientes que considere oportunas, debendo asumir o custo que corresponda.
- O Igape responderá de ata o 50% dos importes adebedados pola beneficiaria á entidade financeira como consecuencia dos impagados que se produzan, unha vez cumpridos os requisitos de execución e devengarase unha comisión de aval anual a favor do Igape dun 0,50 % do importe do aval formalizado.
• PÓLIZAS A 2 ANOS DE XESTIÓN DE PAGAMENTOS A PROVEDORES (“CONFIRMING”).
- Mediante esta liña facilitarase ós beneficiarios a xestión do pago das súas compras, anticipando as entidades financeiras os pagos ós provedores.
- O límite de risco por facturas comunicadas mínimo por operación acollida ao convenio será de 300.000 €.
- As entidades financeiras poderán repercutir unha comisión porcentual sobre as facturas confirmadas, que non sobrepasará o 1 %.
- O Igape responderá de ata o 60% dos importes adebedados á entidade financeira como consecuencia dos descubertos que se produzan, unha vez cumpridos os requisitos de execución e devengarase unha comisión de aval anual a favor do Igape dun 0,50 % do importe do aval formalizado.
|
| 7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
-
|
| 8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
-
|
| 9.
CONTÍA DAS AXUDAS |
As garantías outorgadas polo IGAPE consistirán na prestación de aval subsidiario ante as entidades financeiras asinantes do convenio.
O prazo de vixencia da garantía será como máximo de 30 meses dende a súa formalización, cubrindo o risco vivo financiado ou anticipado durante os 2 anos de vixencia máxima da operación avalada.
|
| 10.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte á publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de decembro de 2010
|
| 11.
INCOMPATIBILIDADES |
-
|
| 12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Resolución do 25 de setembro de 2009 (DOG Nº191 do 29/09/2009) - Bases reguladoras
Resolución do 25 de setembro de 2009 (DOG Nº193 do 01/10/2009) - Corrección de erros
Resolución do 5 de novembro de 2009 (DOG Nº225 do 17/11/2009) - Adhesión entidade financieira
Resolución do 26 de marzo de 2010 (DOG Nº61 do 31/03/2010) - Modificación do prazo de presentación
Resolución do 23 de xullo de 2010 (DOG Nº141 do 26/07/2010) - Modificación prazo de presentación
|
| 13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Unha vez aprobadas as operacións polas entidades financeiras colaboradoras condicionadas á achega do aval do Igape, os interesados deberán presentar ante este Instituto a súa instancia de solicitude, segundo o modelo que figura no Anexo I, nas súas oficinas ou de calquera das formas previstas pola Lei 30/1992.
Á solicitude xuntaráselle a documentación establecida no Anexo II.
O IGAPE notificará ó solicitante e comunicará á entidade financeira a concesión ou denegación do aval. O IGAPE subscribirá coa beneficiaria un contrato de garantía no cal se recollerán as obrigas das partes respecto ó aval prestado. O prazo máximo para a instrumentación do aval e da operación avalada será de 5 meses a partir da data de notificación da súa concesión.
|
| 14.
OBSERVACIÓNS |
-
|