INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

O prazo de presentación finaliza o 15/09/2010
Resolución do 7 de setembro de 2009 (DOG Nº182 do 16/09/2009) - Bases reguladoras
Resolución do 7 de setembro de 2009 (DOG Nº200 do 13/10/2009) - Corrección de erros
Resolución do 7 de setembro de 2009 (DOG Nº238 do 04/12/2009) - Corrección de erros
Resolución do 17 de xuño de 2010 (DOG Nº119 do 24/06/2010) - Modificación das bases reguladoras
ORGANISMO
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
IG166 - AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DE XESTORES DE EXPORTACIÓN
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
Axudar a incorporar profesionais ao mercado laboral e promover e facilitar ás empresas galegas a prospección e acceso a novos mercados, poñendo, ao seu alcance, axudas para a contratación de profesionais durante o primeiro ano de vixencia do contrato laboral.
3. TIPOS DE APOIO
Axuda en réxime de concorrencia non competitiva
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
a) As empresas, Pemes ou non Pemes, que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, incluídas as empresas con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.

b) Os consorcios con personalidade xurídica propia, asociacións empresariais, consellos reguladores e clusters (con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro) de carácter eminentemente empresarial que representen a un colectivo de empresas galegas, e que estean domiciliados en Galicia.

Todos os beneficiarios deben presentar ao Igape un proxecto de internacionalización para o que se require contratar un especialista en comercio exterior.

En todos os casos, os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social, e cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia e no seu Regulamento, para ser beneficiario da axuda.
5. SECTORES INCENTIVABLES
Todos
6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
-
7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
-
8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
O salario bruto anual da contratación por conta allea - a tempo completo ou parcial - durante o primeiro ano de vixencia do contrato laboral, dun xestor de exportación, que reúna os seguintes requisitos:

a) O xestor debe ser elixido polo beneficiario de entre os integrantes na bolsa de traballo denominada “xestores de exportación” e publicada polo Igape na súa páxina web www.igape.es (no apartado internacionalización).

b) O obxecto do contrato laboral é a realización -nun centro de traballo en Galicia ou no estranxeiro-, de actividades relacionadas co comercio exterior.

c) O traballador debe ser dado de alta nun grupo 01 ou 02 de cotización á Seguridade Social no caso de contratos de traballo formalizados conforme á lexislación española.

Exclúense da base subvencionable as indemnizacións, os suplidos, os custos de Seguridade Social e calquera outros a conta da empresa, que serán a cargo do solicitante.

Un mesmo xestor pode ser obxecto de varias contratacións subvencionadas contemporáneas, a tempo parcial, por distintas empresas.

Serán subvencionables os gastos realizados e pagados conforme ao establecido nestas bases dentro do prazo concedido para a execución do proxecto.

A contratación pode iniciarse desde a data de solicitude da axuda e ata un prazo máximo dun mes a partir do dia seguinte ao da notificación da resolución de concesión.

O prazo de vixencia comprende desde a data de solicitude da axuda ata a data límite de execución do proxecto subvencionable establecida na resolución. A partir desta data o beneficiario dispón dun prazo máximo de dous meses para presentar ante o Igape a solicitude de cobro da subvención concedida e a documentación.

En calquera caso, a finalización dos doce meses de contratación subvencionada non debe ser posterior ao 31 de decembro de 2011.

Só se concederá unha axuda do tipo da descrita nestas bases por solicitante.

Exclusións:
• A contratación do xestor de exportación realizada polo solicitante, persoa física, co seu cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive.
• Son subvencionables as novas contratacións, polo que non son subvencionables os contratos con persoas que tivesen algunha relación laboral co solicitante con carácter previo á presentación da solicitude.

9. CONTÍA DAS AXUDAS
A contía da axuda para os contratos laborais que se formalicen -a tempo completo ou parcial-, cumprindo os requisitos destas bases será do 75% do salario bruto anual, cun límite máximo de 15.000 € en Galicia, agás se a contratación é en/ou para o estranxeiro, en cuxo caso o límite elévase ata un máximo de 25.000 €. Estes límites máximos de 15.000 e 25.000 son aplicables no caso de contratos a tempo completo. Para contratos a tempo parcial, estes importes máximos se reducirán na mesma proporción que a redución do tempo de traballo.
10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte á publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de setembro de 2010.
11. INCOMPATIBILIDADES
As axudas outorgadas ao abeiro destas bases serán incompatibles con calquera outra axuda concedida para o mesmo concepto subvencionable.
Estas axudas quedarán sometidas ao réxime de mínimis.

12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Resolución do 7 de setembro de 2009 (DOG Nº182 do 16/09/2009) - Bases reguladoras
Resolución do 7 de setembro de 2009 (DOG Nº200 do 13/10/2009) - Corrección de erros
Resolución do 7 de setembro de 2009 (DOG Nº238 do 04/12/2009) - Corrección de erros
Resolución do 17 de xuño de 2010 (DOG Nº do 24/06/2010) - Modificación das bases reguladoras

13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cumprimentar previamente un cuestionario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través da aplicación de axuda establecida no enderezo de Internet http://www.tramita.igape.es

O interesado presentará a instancia de solicitude co IDE no rexistro xeral dos servizos centrais do Igape, nas súas oficinas territoriais ou a través dalgunha das formas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992. Así mesmo, os interesados poderán asinar electronicamente o formulario de solicitude co IDE e presentalo no Rexistro Telemático da Xunta de Galicia. Para iso deberá posuir un certificado dixital en vigor.

A fin de prestar asistencia na cumprimentación do cuestionario, o Igape pon a disposición do interesado o seu Servizo de Asistencia Técnica, a través dos teléfonos 902 300 903 ou 981 54 11 47.

14. OBSERVACIÓNS
Unha vez recibida a notificación de resolución o solicitante disporá dun prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación para a acreditación das condicións iniciais de contratación, mediante a presentación da documentación (en orixinal e copia ou copia cotexada) especificada na resolución de concesión, que con carácter xeral será a seguinte, salvo que xa conste presentada no expediente:

a) CIF do solicitante.
b) DNI do asinante da solicitude e da dilixencia de aceptación.
c) Poder de representación inscrito, no seu caso, no rexistro competente do asinante da dilixencia de aceptación.
d) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución e estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e modificacións posteriores destes.
e) Alta censual -ou último recibo do IAE pagado-, do solicitante na actividade subvencionada.
f) Contrato de traballo formalizado e asinado entre as partes, coa xustificación –en caso de contratacións en Galicia-, do seu rexistro na correspondente oficina de emprego público.
g) Informe de vida laboral completa do xestor.
h) Documentación relativa á titulación e ao cumprimento dalgunha das condicións mínimas esixidas ao xestor para formar parte da bolsa de traballo.
i) Declaración firmada polo traballador contratado de que a retribución bruta anual establecida no contrato é conforme como mínimo ao establecido no convenio colectivo ou táboa salarial vixente aplicable á data de contratación, e de que ha sido dado de alta na Seguridade Social nos termos establecidos no artigo 3 destas bases. Para o caso de contratos baixo a lexislación estranxeira, declaración de que o contrato se axusta a tal lexislación e á titulación do traballador.
j) Documentación para acreditar que o capital está participado polo beneficiario, nunha porcentaxe, polo menos do 25%, no caso de que o destino do xestor sexa nunha filial/consorcio no estranxeiro.
k) Calquera outra documentación necesaria para efectos da liquidación que voluntariamente decida anticipar.

A partir da data de finalización do prazo de vixencia o beneficiario dispón dun prazo de dous meses para presentar ante o Igape a solicitude de cobro da subvención.
 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal