|
| |
| ORGANISMO
|
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
|
| 1.
TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA |
IG138 - LIÑA PEME COMPETITIVA 2009 - PROGRAMA RE-IMAXINA
|
| 2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Créditos para financiar investimentos que permitan mellorar a competitividade das pemes galegas
|
| 3.
TIPOS DE APOIO |
Liña de financiamento.
|
| 4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
Pemes que veñan exercendo en Galicia por un período superior a dous anos algunha das actividades recollidas no anexo II destas bases, sexa en forma de persoa física ou calquera forma de persoa xurídica de obxecto empresarial.
Tamén poderán acceder as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.
A efectos de acreditar a data de inicio de actividade poderá considerarse a alta no Imposto de Actividades Económicas ou Declaración Censual.
|
| 5.
SECTORES INCENTIVABLES |
Actividades do Anexo II
|
| 6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
Operación mínima de 25.000 euros e máximo de 120.000 €. O risco vivo de cada empresa non poderá superar os 120.000 euros.
O importe dos préstamos poderá acadar ata o 75% dos investimentos financiables.
O prazo de reembolso será entre 5 e 7 anos, incluído ata 1 ano de carencia.
A operación financeira poderá ser amortizada sen custo de forma anticipada, total ou parcialmente, por vontade do beneficiario. As amortizacións anticipadas parciais poderán aplicarse a reducir, en igual contía, as cotas de amortización restantes.
Comisións. As entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca adheridas non lles repercutirán aos prestameiros e avalados ningún tipo de gasto ou comisión derivados das operacións aprobadas en aplicación destas bases.
Poderán ser financiados os investimentos realizados con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2009
|
| 7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
-
|
| 8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
a) Inmobilizado material, agás a adquisición de terreos e edificacións, de primeiro uso:
- Reforma e axeitamento de locais.
- Bens de equipo e unidades funcionais de explotación independente.
- Elementos de transporte, exclusivamente vehículos industriais, agás vehículos de transporte de mercadorías por estrada por parte de empresas que realicen esta actividade por conta allea.
- Honorarios facultativos de proxecto e dirección de obra.
- Outros investimentos en activos fixos materiais.
b) Inmobilizado inmaterial novo adquirido a terceiros: unicamente aplicacións informáticas, propiedade industrial, propiedade intelectual, canons de entrada de concesións administrativas ou de franquías, e investimentos de acondicionamento realizados nun local arrendado e que queden definitivamente incorporados a aquel.
c) Investimentos en Investigación e Desenvolvemento (persoal, materiais, colaboracións externas con institucións tecnolóxicas e outros, custos de materiais para probas e ensaios, e outros custos indirectos) cun máximo do 25% do importe financiable.
Non poderán financiarse os impostos indirectos recuperables que graven a adquisición, nin as achegas a realizar ás sociedades de garantía recíproca.
Os beneficiarios das operacións acollidas a estas bases deberán manter os investimentos obxecto de financiamento durante un prazo mínimo de cinco anos desde a súa adquisición.
O proxecto investidor deberá consistir na adquisición de activos a terceiros.
Poderán ser financiados os investimentos realizados con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2009
|
| 9.
CONTÍA DAS AXUDAS |
O tipo de xuro nominal anual variará por semestres naturais e determinarase de acordo coas seguintes normas:
a) Para o 1º semestre do ano 2010, o tipo de xuro nominal será do 2,493 %.
b) Para cada un dos restantes semestres naturais, o tipo de xuro nominal anual dos préstamos será o Euribor a 6 meses máis o tipo adicional de 1,5 puntos.
|
| 10.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte á publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de decembro de 2010.
|
| 11.
INCOMPATIBILIDADES |
Non poderán concorrer no financiamento dun mesmo proxecto préstamos das distintas liñas de financiamento contempladas nestas bases.
Serán compatibles con calquera outras axudas públicas ou privadas, pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea.
As subvencións financeiras que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de minimis.
Non poderán ser beneficiarias das liñas de financiamento contempladas nestas bases as empresas en crise, de acordo coa definición das Directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas en crise (DO C 244 de 1/10/2004).
|
| 12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Resolución do 22 de xullo de 2009 (DOG Nº148 do 30/07/2009) - Bases reguladoras
Resolución do 19 de xaneiro de 2010 (DOG Nº15 do 25/01/2010) - Modificación
Resolución do 25 de xaneiro de 2010 (DOG Nº21 do 02/02/2010) - Tipo de xuro 1º semestre 2010
Resolución do 30 de xuño de 2010 (DOG Nº128 do 07/07/2010) - Modificación prazo solicitudes
|
| 13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cumprimentar previamente un cuestionario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través da aplicación de axuda establecida no enderezo de Internet http://www.tramita.igape.es
A fin de prestar asistencia na cumprimentación do cuestionario, o Igape pon a disposición do interesado o seu Servizo de Asistencia Técnica, cun sistema de cita previa concertada a través do mencionado enderezo de internet ou dos números de teléfono 902 300 903 ou 981 541 147
|
| 14.
OBSERVACIÓNS |
-
|