|
| |
| ORGANISMO
|
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
|
| 1.
TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA |
IG136 - LIÑA MICROEMPRESAS 2009 - PROGRAMA RE-IMAXINA
|
| 2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Facilitar o acceso ao financiamento dos investimentos das microempresas.
|
| 3.
TIPOS DE APOIO |
Liña de financiamento.
|
| 4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
Aquelas empresas con domicilio fiscal en Galicia que teñan a consideración de Microempresas e que teñan algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.
|
| 5.
SECTORES INCENTIVABLES |
Todas as actividades económicas, agás:
a) As actividades relacionadas coa exportación, a creación de redes de distribución e investimentos vinculados a actividade de exportación.
b) As actividades do sector do carbón.
|
| 6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
- O proxecto investidor deberá consistir na adquisición de activos a terceiros.
- Máximo de 25.000 euros. O risco vivo de cada empresa por operacións financeiras formalizadas ao abeiro da liña non poderá superar os 25.000 euros.
- Ata o 100% dos investimentos financiables.
- O prazo de reembolso será de 5 anos, incluído ata 1 ano de carencia, períodos aos que se poderá engadir os días que transcorran dende a formalización ao último día do trimestre ou mes no que se produza a mesma.
- A operación financeira poderá ser amortizada sen custo de forma anticipada, total ou parcialmente, por vontade do beneficiario. As amortizacións anticipadas parciais poderán aplicarse a reducir, en igual contía, as cotas de amortización restantes.
- Comisións. As entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca adheridas non lles repercutirán aos prestameiros e avalados ningún tipo de gasto ou comisión derivados das operacións aprobadas en aplicación destas bases.
|
| 7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
-
|
| 8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
a) Inmobilizado material, agás a adquisición de terreos e edificacións:
- Reforma e axeitamento de locais.
- Bens de equipo e unidades funcionais de explotación independente.
- Elementos de transporte, exclusivamente vehículos industriais, agás vehículos de transporte de mercadorías por estrada por parte de empresas que realicen esta actividade por conta allea.
- Honorarios facultativos de proxecto e dirección de obra.
- Outros investimentos en activos fixos materiais.
b) Inmobilizado inmaterial: aplicacións informáticas, propiedade industrial, propiedade intelectual, canons de entrada de concesións administrativas ou de franquías, e investimentos de acondicionamento realizados nun local arrendado e que queden definitivamente incorporados a aquel.
Poderán ser financiables bens usados.
Non poderán financiarse os impostos indirectos recuperables que graven a adquisición, nin as achegas a realizar ás sociedades de garantía recíproca.
Poderán ser financiados os investimentos realizados con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2009.
|
| 9.
CONTÍA DAS AXUDAS |
O tipo de xuro nominal anual para as operacións acollidas a estas bases será FIXO do 3,144 %
|
| 10.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte á publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de decembro de 2010.
|
| 11.
INCOMPATIBILIDADES |
Non poderán concorrer no financiamento dun mesmo proxecto préstamos das distintas liñas de financiamento contempladas nestas bases.
Non poderán ser beneficiarias das liñas de financiamento contempladas nestas bases as empresas en crise, de acordo coa definición das Directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas en crise (DO C 244 de 1/10/2004).
Serán compatibles con calquera outras axudas públicas ou privadas, pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea.
|
| 12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Resolución do 22 de xullo de 2009 (DOG Nº148 do 30/07/2009) - Bases reguladoras
Resolución do 19 de xaneiro de 2010 (DOG Nº15 do 25/01/2010) - Modificación
Resolución do 30 de xuño de 2010 (DOG Nº128 do 07/07/2010) - Modificación prazo solicitudes
|
| 13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cumprimentar previamente un cuestionario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través da aplicación de axuda establecida no enderezo de Internet http://www.tramita.igape.es
A fin de prestar asistencia na cumprimentación do cuestionario, o Igape pon a disposición do interesado o seu Servizo de Asistencia Técnica, cun sistema de cita previa concertada a través do mencionado enderezo de internet ou dos números de teléfono 902 300 903 ou 981 541 147
|
| 14.
OBSERVACIÓNS |
O prazo para a formalización da operación financeira vencerá aos 2 meses dende a data de notificación da resolución de concesión da axuda do Igape.
|