INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

O prazo de presentación finaliza o 31/12/2010
Decreto 133/2002 do 11 de abril (DOG Nº78 do 23/04/2009) - Decreto de concesión de préstamos
Decreto 45/2009 do 12 de febreiro (DOG Nº48 do 10/03/2009) - Modificación do Decreto 133/2002
Resolución do 16 de marzo de 2009 (DOG Nº58 do 25/03/2009) - Programa de préstamos do BEI
Formularios
Resolución do 8 de xuño de 2009 (DOG Nº116 do 16/06/2009) - Modificación préstamos BEI
Resolución do 21 de outubro de 2009 (DOG Nº212 do 29/10/2009) - Modificación
ORGANISMO
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
BEI 2009: PRÉSTAMOS DO IGAPE PARA FINANCIAR PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN GALICIA CON FONDOS DO BANCO EUROPEO DE INVESTIMENTOS
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
Establecer unha liña de préstamos directos do Igape para financiar proxectos de investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia con Fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI).

3. TIPOS DE APOIO
Liña de préstamos directos do Igape para financiar proxectos de investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia con Fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) en réxime de concorrencia non competitiva.
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
Os prestameiros serán empresas promotoras de investimentos elixibles que teñan a consideración de Peme independente. Poderán concederse préstamos a Pemes que non cumpran o criterio de independencia segundo se define neste punto ata un importe máximo conxunto de 66.666.666 € (1/3 do préstamo global concedido ao Igape).

Recibirán a consideración de peme aquelas empresas nas que o seu número de empregados en nómina a tempo completo non sexa superior a 250.

Así mesmo, consideraranse Pemes ‘independentes’ aquelas que:

a) Non teñan máis do 25% do seu capital en mans dunha ou varias sociedades.

b) Se o 25% ou máis do seu capital pertence a outra/s empresa/s, sempre que o número total de empregados do grupo consolidado sexa inferior a 250 personas;

c) Se o 25% ou máis do seu capital pertence a un ente local, sempre que este teña menos de 5.000 habitantes e un orzamento anual inferior a 10 millóns de euros;

d) Se o 25% ou máis do seu capital pertence a empresas ou institucións que se adecuen ás excepcións recollidas no número 2º do artigo 3 da Recomendación da Comisión 2003/361/CE do 6 de maio de 2003, é dicir: sociedades de capital-risco ou grupos de persoas físicas que practican unha actividade regular de investimento en capital-risco (investidores providenciais ou business angels) sempre que o seu investimento total nunha mesma empresa non sexa superior a 1.250.000 euros; universidades ou centros de investigación sen fin de lucro; e investidores institucionais incluíndo, entre outros, os fondos de desenvolvemento rexional.

As sociedades holding financeiras de grupos industriais ou as sociedades de leasing vinculadas a determinadas empresas de fabricación non poderán recibir financiamento para Pemes.
5. SECTORES INCENTIVABLES
Serán susceptibles de financiamento para Pemes proxectos en todos os sectores, coas seguintes excepcións:

a) A fabricación de armamento, armas e municións, as instalacións ou infraestruturas militares ou policiais e o material ou infraestruturas destinados a limitar os dereitos individuais ou a liberdade das persoas (cárceres e centros de detención de todo tipo).
b) Os xogos de azar coas instalacións conexas.
c) A produción, transformación ou distribución de tabaco.
d) As actividades que implican a utilización de animais vivos con fins experimentais ou científicos.
e) As actividades cuxo impacto sobre o ambiente só pode ser atenuado ou compensado en moi escasa medida.
f) As actividades que poidan ser controvertidas por razóns de orde moral ou ética.
g) As actividades cuxo único propósito sexa a promoción inmobiliaria.

6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
Por regra xeral, os proxectos deberán prever novos investimentos e/ou intervencións de ampliación ou mellora de instalacións existentes, para realizar na Comunidade Autónomade Galicia.

* Importe do investimento e do financiamento:
Só poderán financiarse con fondos do préstamo aqueles proxectos cuxo investimento financiable estea comprendido entre 240.000 € e 25.000.000 €.
A suma do financiamento para cada proxecto máis as potenciais subvencións non excederá en ningún momento o 100% do custo do proxecto.

* Prazo e carencia: os préstamos que conceda o Igape terán un prazo mínimo de amortización de 24 meses e máximo ata o permitido no Decreto 133/2002, do 11 de abril (12 anos) sen que en ningun caso poida superar a vida económica e técnica dos bens financiados. Poderá establecerse un prazo de carencia máximo de 4 anos.

* Tipo de xuro: o tipo de xuro variará por semestres naturais e determinarase de acordo coa seguinte norma:
Tipo de referencia: euribor a prazo de 6 meses
Tipo adicional: 0.50 puntos porcentuais

* Comisión de apertura: os préstamos que conceda o Igape devengarán unha única comisión, no momento da súa formalización, do 1% do capital formalizado.

* Amortización anticipada: a prestameira ten a facultade de proceder ao reembolso total ou parcial do préstamo, mediante notificación dirixida ao Igape cun aviso previo mínimo de 15 días hábiles, e coincidente, en calquera caso, cunha data de revisión do tipo de xuro.

7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
-
8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
Con carácter xeral poderán financiarse todos os investimentos e gastos incorridos no contexto do dsenvolvemento das Pemes, coa excepción das operacións puramente financeiras.

Un proxecto está constituído por un conxunto de investimentos e gastos que deben ser identificables en termos de localización, concepción e vantaxes. O proxecto debe levarse a cabo nun prazo máximo de tres anos.

Os investimentos e gastos que poden ser obxecto de financiamento son os seguintes:

a) A adquisición de activos materiais. O financiamento da compra de terreos quedará excluída a non ser que por motivos técnicos resulte de todo punto indispensable para o investimento, nese caso o custo do investimento, coa dedución previa dos custos de adquisición de terreos e doutros custos non admisibles, sempre debe ser superior ao importe do financiamento do BEI. O financiamento da compra de terreos agrícolas está totalmente excluída.

b) Os investimentos relacionados con activos inmateriais, entre eles:
- Os custos de desenvolvemento, planificación e financiamento durante a fase de construción; os gastos de I+D (custos, gastos de desenvolvemento e salarios brutos directamente relacionados cos compoñentes de investigación, desenvolvemento e innovación das empresas).
- A creación de redes de distribución nos mercados nacionais ou outros dentro da UE (adquisición de activos ou marcas, custos de explotación e custos de persoal).
-A sucesión interxeracional ou a transmisión de empresas a membros do persoal co fin de garantir a continuidade das actividades económicas da empresa en cuestión. O alcance do financiamento queda limitado a aqueles casos en que tanto o comprador como a empresa obxecto de transmisión sexan Pemes e a contía non exceda 1 millón de euros. A adquisición de empresas por si mesma non é susceptible de financiamento.

c) O aumento con carácter permanente do capital circulante necesario para o crecemento do negocio.
Entenderase como capital circulante o valor das existencias (materias primas, produto en curso e produto terminado) máis o saldo resultante da diferenza entre as contas de clientes e provedores.

9. CONTÍA DAS AXUDAS
-
10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación deste programa de préstamos no DOG e finalizará o 31 de decembro de 2010.

No caso de esgotamento de crédito antes da dita data, publicarase no Diario Oficial de Galicia a finalización anticipada do prazo.

11. INCOMPATIBILIDADES
Serán compatibles con calquera outra axuda pública ou privada, pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea, no Regulamento das axudas estatais ás pequenas e medianas empresas (DOUE L10, do 13 de xaneiro de 2001).

No caso de investimentos das empresas que cumpran individualmente cos límites de Peme pero non cumpran co criterio de independencia as axudas concederanse ao abeiro do Regulamento relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas rexionais ao investimento, e serán compatibles con calquera outra axuda sempre e cando o seu cómputo non exceda os límites permitidos para Galicia no dito regulamento.

12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Resolución do 16 de marzo de 2009 (DOG Nº58 do 25/03/2009) - Programa de préstamos do BEI
Decreto 133/2002 do 11 de abril de 2009 (DOG Nº78 do 23/04/2002) - Decreto de préstamos do Igape
Resolución do 23 de decembro de 2008 (DOG Nº253 do 31/12/2008) - Modificación do programa de préstamos BEI
Resolución do 8 de xuño de 2009 (DOG Nº116 do 16/06/2009) - Modificación dos préstamos BEI
Resolución do 21 de outubro de 2009 (DOG Nº212 do 29/10/2009) - Modificación

13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Os interesados presentarán nas oficinas do IGAPE a súa solicitude de concesión de préstamo do Igape para financiar proxectos de investimento en Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) mediante a instancia de solicitude (Anexo I) acompañado da documentación requerida nas bases reguladoras.

Información nas oficinas do Igape ou nos teléfonos 981 541147 / 902 300 903

14. OBSERVACIÓNS
As empresas prestameiras terán un prazo de 6 meses desde a notificación da aprobación da operación para formalizala pola súa conta.
 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal