|
| |
| ORGANISMO
|
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
|
| 1.
TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA |
IG165 - ANÁLISE EMPRESARIAL DAS EMPRESAS GALEGAS CARA O ACCESO Ó MERCADO ALTERNATIVO BURSALTIL (M.A.B)
|
| 2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Facilitar a análise empresarial das empresas galegas cara o acceso ó Mercado Alternativo Bursátil (M.A.B)
|
| 3.
TIPOS DE APOIO |
Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.
|
| 4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
Poderán ser beneficiarios destas axudas as sociedades mercantís con personalidade xurídica propia, domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia ou que acometan unha porcentaxe importante do seu negocio global nos seus centros de traballo establecidos en Galicia, e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Empresas non participadas por outras que coticen en bolsa ou ben que esa participación sexa inferior ao 50%.
b) Fondos propios non inferiores a 4 millóns de euros no último depósito de contas no Rexistro Mercantil anterior á solicitude de axuda.
c) Achegar para o proxecto unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.
d) En todos os casos estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.
Os requisitos a) e b) anteriores, poderán ser substituídos por informe favorable de polo menos un asesor rexistrado por MAB.
|
| 5.
SECTORES INCENTIVABLES |
-
|
| 6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
-
|
| 7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
a) Sondaxe prevaloración: avaliación mediante contratación externa das condicións de partida da empresa que permitan decidir se está en condicións mínimas para abordar o inicio do proceso.
b) Estudo en profundidade e preparación de acceso definitiva: previo á colocación dos títulos no mercado, definición da operación de saída (características da emisión, importe, procedemento elixido,…), valoración e confección da documentación precisa entre CNMV e MAB, realizado por un asesor rexistrado por MAB ou por terceiros independentes coa aceptación por parte dun asesor rexistrado.
c) Presentación a investidores e colocación: fase final e saída ao MAB, constituída polo denominado road-show de presentación da empresa a potenciais investidores e, se é o caso, colocación definitiva de títulos, realizada por un asesor rexistrado por MAB.
|
| 8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
Serán subvencionables os custos de consultoría externa ou asistencia técnica (impostos excluídos).
Serán subvencionables os gastos realizados e pagados dentro do prazo concedido para a execución dos proxectos. Este prazo iniciarase coa presentación da solicitude de axuda e finalizará na data establecida na resolución de concesión.
No caso de que o gasto subvencionable supere os 12.000 €, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o presten. A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse na xustificación da subvención realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
|
| 9.
CONTÍA DAS AXUDAS |
Os proxectos definidos contarán cunha subvención a fondo perdido do 50% dos gastos de consultoría ou asistencia técnica aprobados polo Igape, dentro dos orzamentos presentados polo beneficiario na súa solicitude, cos seguintes límites de subvención:
a) Sondaxe prevaloración: ata 8.000 €.
b) Preparación de acceso definitiva: ata 70.000 €.
c) Presentación e colocación: ata 6.000 €.
|
| 10.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
O prazo de presentación de solicitudes abrirá ao día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG, no caso de coincidir sábado ou día inhábil en Santiago o prazo comezará o día hábil seguinte, e pecharase aos corenta días naturais; no caso de coincidir o inicio ou o remate do prazo en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela o prazo trasladarase ao día hábil seguinte.
|
| 11.
INCOMPATIBILIDADES |
Incompatible con calquera outra subvención a fondo perdido do Igape.
Será compatible, non obstante, con calquera outro tipo de subvención ou axuda concedida por outros organismos públicos ou privados, sempre e cando o seu cómputo non exceda para as Pemes os límites permitidos no Regulamento (CE) 800/2008 da Comisión e para as non Pemes os límites permitidos no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión do 15 de decembro de 2006 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis.
|
| 12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Resolución do 10 de decembro de 2008 (DOG Nº244 do 17/12/2008) - Bases reguladoras
Resolución do 10 de decembro de 2008 (DOG Nº252 do 30/12/2008) - Corrección de erros
Resolución do 13 de febreiro de 2009 (DOG Nº36 do 20/02/2009) - Modificación do límite de minimis
Resolución do 10 de decembro de 2008 (DOG Nº57 do 24/03/2009) - Corrección de erros
Resolución do 3 de marzo de 2009 (DOG Nº48 do 10/03/2009) - Condicionamento da efectividade da modificación do límite de minimis
Resolución do 17 de marzo de 2009 (DOG Nº60 do 27/03/2009) - 1ª convocatoria 2009
Resolución do 3 de xullo de 2009 (DOG Nº136 do 14/07/2009) - 2ª convocatoria 2009
|
| 13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Información nas oficinas territoriais do IGAPE e no Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 902 300 903. Tamén a través de www.igape.es ou en informa@igape.es
Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cumprimentar previamente un cuestionario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través da aplicación de axuda establecida no enderezo de Internet http://www.tramita.igape.es
|
| 14.
OBSERVACIÓNS |
Un solicitante poderá presentar como máximo un proxecto ao abeiro de cada unha das liñas anteriores, por convocatoria. Para estes efectos, considerarase como un mesmo solicitante as empresas vinculadas entre si.
Pagamento da subvención:
Para presentar a solicitude de cobramento, o beneficiario deberá cubrir previamente o cuestionario de liquidación a través da aplicación de axuda establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. Posteriormente o beneficiario presentará no Igape a súa solicitude de cobramento, achegando unha copia do traballo realizado asinada polos colaboradores externos e polo beneficiario da axuda, as facturas estendidas ao beneficiario e os xustificantes de pagamento do seu importe e, se é o caso, as ofertas de provedores e a memoria xustificativa da elección do provedor do servizo subvencionado.
|