INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

O prazo de presentación finalizou o 31/12/2009
Resolución do 4 de novembro de 2008 (DOG Nº215 do 05/11/2008) - Bases reguladoras
Resolución do 4 de novembro de 2008 (DOG Nº217 do 07/11/2008) - Corrección de erros
Resolución do 26 de novembro de 2008 (DOG Nº236 do 04/12/2008) - Adhesión entidade financieira
Resolución do 23 de xaneiro de 2009 (DOG Nº19 do 28/01/2009) - Modificación bases
Resolución do 5 de febreiro de 2009 (DOG Nº29 do 11/02/2009) - Ampliación orzamento
Resolución do 13 de febreiro de 2009 (DOG Nº31 do 13/02/2009) - Adhesión entidade financieira
Resolución do 13 de febreiro de 2009 (DOG Nº36 do 20/02/2009) - Modificación límite de minimis
Resolución do 3 de marzo de 2009 (DOG Nº48 do 10/03/2009) - Condicionamento da modificación do límite de minimis
Resolución do 20 de marzo de 2009 (DOG Nº61 do 30/03/2009) - Modificación actividades subvencionables
Resolución do 6 de abril de 2009 (DOG Nº77 do 22/04/2009) - Adhesión entidade financieira
Resolución do 16 de xuño de 2009 (DOG Nº123 do 25/06/2009) - Modificación das bases
Resolución do 28 de agosto de 2009 (DOG Nº172 do 02/09/2009) - Modificación das bases
Resolución do 15 de febreiro de 2010 (DOG Nº35 do 22/02/2010) - Ampliación orzamentaria
Resolución do 13 de abril de 2010 (DOG Nº73 do 20/04/2010) - Ampliación orzamentaria
ORGANISMO
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
IG164 - LIÑA 3 - PROGRAMA DE AMPLIACIÓN DE CAPITAL SOCIAL
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
Facilitar o acceso ó financiamento por parte das Pemes co obxecto de adecuar e reforzar a súa estrutura financeira.
3. TIPOS DE APOIO
Préstamos.

4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
Socios actuais ou futuros de Pemes con forma xurídica de sociedades mercantís ou sociedade cooperativa xa constituídas, que soliciten financiamento alleo co obxecto de obter fondos con destino exclusivo á toma de participación nunha ampliación de capital con desembolso inicial do 100% desta, no marco dun acordo de ampliación de capital adoptado pola xunta xeral da sociedade.

Os socios aos que se refire o parágrafo anterior poderán ser tanto persoas físicas como xurídicas, sen necesidade de cumprir os requisitos establecidos no artigo 2º en canto á localización nin as actividades subvencionables. Non obstante, no caso de tratarse de empresas deberán acreditar o requisito de Peme. Así mesmo, as sociedades que amplíen o seu capital deberán cumprir ditos requisitos, é dicir, ter radicado o centro da súa actividade económica en Galicia e realizar algunha das actividades subvencionables recollidas no Anexo I das bases.

5. SECTORES INCENTIVABLES
Actividades recollidas no Anexo I.

- Agricultura
- Pesca e acuicultura
- Industria extractiva
- Industria agroalimentaria
- Industria manufactureira
- Fornecemento de enerxía eléctrica, gas, vapor, aire acondicionado
- Fornecemento de auga, actividades de saneamento, xestión de residuos e descontaminación
- Construcción
- Comercio por xunto e a retallo; reparación de vehículos de motor e motocicletas.
- Transporte e almacenamento
- Hostalaría
- Información e comunicacións
- Actividades inmobiliarias
- Actividades profesionais, científicas e técnicas
- Actividades administrativas e servizos auxiliares
- Outros servizos

6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
A solicitude presentada ao Igape deberá basearse nun diagnóstico e nun plan estratéxico da sociedade que pretende levar a cabo a ampliación de capital, do que, a xuízo do Igape, se deduza a viabilidade técnica, económica e financeira a longo prazo sobre a base dunhas perspectivas obxectivas en canto ás súas futuras condicións de funcionamento e que, en todo caso, conleve ao restablecemento do seu equilibrio financeiro.

Non poderán subsidiarse as ampliacións de capital no caso de que a empresa emisora efectuara unha redución do capital social nos últimos tres exercicios, excepto que esta redución fose destinada a compensación de perdas.
7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
-
8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
Toma de participacións nunha ampliación de capital.

9. CONTÍA DAS AXUDAS
• Importe do préstamo:
O importe máximo de préstamo subsidiable será de 600.000 € por empresa que amplía o seu capital. Excepcionalmente, en aqueles casos en que o Igape o xulgue de especial interese socioeconómico poderanse contemplar importes superiores. O importe mínimo atendible por cada un dos socios solicitantes será de 3.000 €.

En todo caso, o volume do préstamo con dereito a subsidiación determinarao o Igape a partir da análise das necesidades financeiras que se derivan do diagnóstico e dos estados financeiros da sociedade e limitarase ao necesario para o restablecemento do equilibrio financeiro da sociedade emisora, fixándose o limite máximo de ampliación subvencionable cando se alcance a relación 55/45 entre fondos propios e pasivo alleo.

• Prazo máximo de amortización:
Non se establece. Non obstante, a subsidiación calcularase para un préstamo teórico a 7 anos.

• Tipo de xuro nominal anual:
EURIBOR a 6 meses + tipo adicional pactado entre as partes.
Tipo adicional máximo:
1,50 puntos cando a operación estea avalada ao 100% por unha SGR.
1,75 puntos cando a operación estea avalada por un importe inferior ao 100% e superior ao 50%.
2 puntos cando a operación estea avalada por importe inferior ou igual ao 50%.
• Comisións:
As entidades financeiras prestamistas poderán percibir unha comisión de apertura máxima dun 1% e as SGR unha comisión de estudo máxima dun 0,50%.

* Axuda do Igape:

• Subsidiación ao tipo de tipo adicional pactado:
1,50 puntos cando a operación estea avalada ao 100% por unha SGR.
1,75 puntos cando a operación estea avalada por un importe inferior ao 100% e superior ao 50%.
2 puntos cando a operación estea avalada por importe inferior ou igual ao 50%.
• Subvención da comisión do aval financeiro prestado pola SGR.
• Subvención do 50% da comisión de estudo da SGR e apertura da entidade financeira.

A axuda financeira que se conceda pagarase dunha soa vez.

Apoios adicionais específicos ás pemes que desenvolvan as seguintes actividades:
- Explotación de gando bovino para a produción de leite (CNAE 2009: 01.41)
- Fabricación de produtos lácteos (CNAE 2009: 10.5) ou ben comercio por xunto de produtos lácteos (CNAE 2009: 46.33), neste caso soamente cooperativas ou sociedades agrarias de transformación.

Estes apoios adicionais consistirán en engadir á subsidiciación anterior unha subsidiación equivalente ao euríbor a prazo de seis meses, cun máximo de 2,00 puntos, coa finalidade de que o tipo de xuro sexa cero para o beneficiario.
10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes na entidade de crédito iniciarase o día seguinte á publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de decembro de 2009.
11. INCOMPATIBILIDADES
Compatibles con calquera outras axudas públicas ou privadas, pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea.
A subvencións financeiras que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de mínimis.
As axudas de mínimis totais non poderán superar 200.000 € durante calquera período de tres exercicios fiscais.
Este límite será de 100.000 € para as empresas do sector do transporte por estrada.
Para as empresas que operen no sector primario pesqueiro este límite será de 30.000 €.

12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Resolución do 4 de novembro de 2008 (DOG Nº215 do 05/11/2008) - Bases reguladoras
Resolución do 4 de novembro de 2008 (DOG Nº217 do 07/11/2008) - Corrección de erros
Resolución do 26 de novembro de 2008 (DOG Nº236 do 04/12/2008) - Adhesión entidade financieira
Resolución do 23 de xaneiro de 2009 (DOG Nº19 do 28/01/2009) - Modificación das bases
Resolución do 5 de febreiro de 2009 (DOG Nº29 do 11/02/2009) - Ampliación orzamento
Resolución do 13 de febreiro de 2009 (DOG Nº31 do 13/02/2009) - Adhesión entidade financieira
Resolución do 13 de febreiro de 2009 (DOG Nº36 do 20/02/2009) - Modificación do límite de minimis
Resolución do 3 de marzo de 2009 (DOG Nº48 do 10/03/2009) - Condicionamento da efectividade da modificación do límite de minimis
Resolución do 20 de marzo de 2009 (DOG Nº61 do 30/03/2009) - Modificación das actividades subvencionables
Resolución do 6 de abril de 2009 (DOG Nº77 do 22/04/2009) - Adhesión entidade financieira
Resolución do 16 de xuño de 2009 (DOG Nº123 do 25/06/2009) - Modificación das bases
Resolución do 28 de agosto de 2009 (DOG Nº172 do 02/09/2009) - Modificación das bases
Resolución do 15 de febreiro de 2010 (DOG Nº35 do 22/02/2010) - Ampliación orzamentaria
Resolución do 13 de abril de 2010 (DOG Nº73 do 20/04/2010) - Ampliación orzamentaria
13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cubrir previamente un cuestionario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través da aplicación de axuda establecida no enderezo da Internet http://www.tramita.igape.es

Co fin de prestar asistencia na formalización do cuestionario, o Igape pon a disposición do interesado o seu Servizo de Asistencia Técnica (números de teléfono 902 300 903 ou 981 541 147).

Na instancia normalizada (anexo II) correspondente ao programa de ampliación de capital deberá asinar tamén o representante legal da empresa que procederá a ampliar capital.

O Igape remitirá o cuestionario da solicitude cursada á entidade financeira e, no seu caso, á sociedade de garantía recíproca, designadas polo solicitante. As operacións subsidiadas poderán formalizarse, a risco do prestameiro, desde a data de remisión do Igape á entidade financeira do expediente, sen que a dita remisión supoña recoñecemento do dereito do solicitante a percibir finalmente a axuda.

14. OBSERVACIÓNS
Prazo máximo para a formalización da operación: 3 meses dende o día seguinte á data de notificación da concesión.

Período de disposición: non poderá ser superior a un mes a partir da data de formalización do préstamo ou da notificación da resolución de concesión, no caso de que esta fose posterior.

O cobramento da subvención solicitarase no prazo de dous meses desde a data da formalización do préstamo.

Para presentar a solicitude de cobramento, o beneficiario deberá cubrir previamente o cuestionario de liquidación a través da aplicación de axuda establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es
 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal