|
| |
| ORGANISMO
|
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
|
| 1.
TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA |
IG162 - LIÑA 1- PROGRAMA DE APOIO AO CIRCULANTE
|
| 2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Pólizas de crédito ou préstamo que se destinen ao financiamento do activo corrente.
|
| 3.
TIPOS DE APOIO |
Préstamos ou pólizas de crédito.
|
| 4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
Pequenas e medianas empresas.
Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.
|
| 5.
SECTORES INCENTIVABLES |
Actividades recollidas no Anexo I.
- Agricultura
- Pesca e acuicultura
- Industria extractiva
- Industria agroalimentaria
- Industria manufactureira
- Fornecemento de enerxía eléctrica, gas, vapor, aire acondicionado
- Fornecemento de auga, actividades de saneamento, xestión de residuos e descontaminación
- Construcción
- Comercio por xunto e a retallo; reparación de vehículos de motor e motocicletas.
- Transporte e almacenamento
- Hostalaría
- Información e comunicacións
- Actividades inmobiliarias
- Actividades profesionais, científicas e técnicas
- Actividades administrativas e servizos auxiliares
- Outros servizos
|
| 6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
Pemes que formalicen unha nova póliza de crédito ou préstamo que se destine ao financiamento de activo corrente por atoparse a empresa nalgunha das seguintes situacións:
- Pemes con fluxos monetarios de entrada e saída que non se corresponden e presenten problemas de liquidez.
- Pemes cun peso considerable do activo corrente dentro da estrutura do activo que sexa habitual no sector.
- Pemes que precisen de financiamento das súas campañas de produción.
Non se considerará nova póliza a renovación dunha previa.
|
| 7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
-
|
| 8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
-
|
| 9.
CONTÍA DAS AXUDAS |
• Importe do préstamo/crédito:
O importe máximo de préstamo/crédito subsidiable será de 600.000 €. Excepcionalmente, en aqueles casos en que o Igape o xulgue de especial interese socioeconómico poderanse contemplar importes superiores. O importe mínimo atendible será de 3.000 €.
• Prazo máximo de amortización.
O prazo máximo en calquera das modalidades será de tres anos. Non obstante, na modalidade de póliza de crédito a subsidiación de xuros limítase ao primeiro ano de vixencia.
• Tipo de xuro nominal anual:
Euribor a 6 meses + tipo adicional pactado entre as partes
Tipo adicional máximo:
1,50 puntos cando a operación estea avalada ao 100% por unha SGR.
1,75 puntos cando a operación estea avalada por un importe inferior ao 100% e superior ao 50%.
2 puntos cando a operación estea avalada por importe inferior ou igual ao 50%.
• Comisións:
As entidades financeiras prestamistas poderán percibir unha comisión de apertura máxima dun 1% e as SGR unha comisión de estudo máxima dun 0,50%.
* Axuda do Igape:
• Subsidiación ao tipo de tipo adicional pactado:
1,50 puntos cando a operación estea avalada ao 100% por unha SGR.
1,75 puntos cando a operación estea avalada por un importe inferior ao 100% e superior ao 50%.
2 puntos cando a operación estea avalada por importe inferior ou igual ao 50%.
• Subvención da comisión do aval financeiro prestado pola SGR.
• Subvención do 50% da comisión de estudo da SGR e apertura da entidade financeira.
A axuda financeira que se conceda pagarase dunha soa vez.
Apoios adicionais específicos ás pemes que desenvolvan as seguintes actividades:
- Explotación de gando bovino para a produción de leite (CNAE 2009: 01.41)
- Fabricación de produtos lácteos (CNAE 2009: 10.5) ou ben comercio por xunto de produtos lácteos (CNAE 2009: 46.33), neste caso soamente cooperativas ou sociedades agrarias de transformación.
Estes apoios adicionais consistirán en engadir á subsidiciación anterior unha subsidiación equivalente ao euríbor a prazo de seis meses, cun máximo de 2,00 puntos, coa finalidade de que o tipo de xuro sexa cero para o beneficiario.
|
| 10.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
O prazo de presentación de solicitudes na entidade de crédito iniciarase o día seguinte á publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de decembro de 2009.
|
| 11.
INCOMPATIBILIDADES |
Compatibles con calquera outras axudas públicas ou privadas, pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea.
A subvencións financeiras que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de mínimis.
As axudas de mínimis totais non poderán superar 200.000 € durante calquera período de tres exercicios fiscais.
Este límite será de 100.000 € para as empresas do sector do transporte por estrada.
Para as empresas que operen no sector primario pesqueiro este límite será de 30.000 €.
|
| 12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Resolución do 4 de novembro de 2008 (DOG Nº215 do 05/11/2008) - Bases reguladoras
Resolución do 4 de novembro de 2008 (DOG Nº217 do 07/11/2008) - Corrección de erros
Resolución do 26 de novembro de 2008 (DOG Nº236 do 04/12/2008) - Adhesión entidade financieira
Resolución do 23 de xaneiro de 2009 (DOG Nº19 do 28/01/2009) - Modificación das bases
Resolución do 5 de febreiro de 2009 (DOG Nº29 do 11/02/2009) - Ampliación orzamento
Resolución do 13 de febreiro de 2009 (DOG Nº31 do 13/02/2009) - Adhesión entidade financieira
Resolución do 13 de febreiro de 2009 (DOG Nº36 do 20/02/2009) - Modificación do límite de minimis
Resolución do 20 de marzo de 2009 (DOG Nº61 do 30/03/2009) - Modificación das actividades subvencionables
Resolución do 6 de abril de 2009 (DOG Nº77 do 22/04/2009) - Adhesión entidade financieira
Resolución do 3 de marzo de 2009 (DOG Nº48 do 10/03/2009) - Condicionamento da efectividade da modificación do límite de minimis
Resolución do 16 de xuño de 2009 (DOG Nº123 do 25/06/2009) - Modificación das bases
Resolución do 28 de agosto de 2009 (DOG Nº172 do 02/09/2009) - Modificación das bases
Resolución do 15 de febreiro de 2010 (DOG Nº35 do 22/02/2010) - Ampliación orzamentaria
Resolución do 13 de abril de 2010 (DOG Nº73 do 20/04/2010) - Ampliación orzamentaria
|
| 13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cubrir previamente un cuestionario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través da aplicación de axuda establecida no enderezo da Internet http://www.tramita.igape.es
Co fin de prestar asistencia na formalización do cuestionario, o Igape pon a disposición do interesado o seu Servizo de Asistencia Técnica (números de teléfono 902 300 903 ou 981 541 147).
O Igape remitirá o cuestionario da solicitude cursada á entidade financeira e, no seu caso, á sociedade de garantía recíproca, designadas polo solicitante. As operacións subsidiadas poderán formalizarse, a risco do prestameiro, desde a data de remisión do Igape á entidade financeira do expediente, sen que a dita remisión supoña recoñecemento do dereito do solicitante a percibir finalmente a axuda.
|
| 14.
OBSERVACIÓNS |
Prazo máximo para a formalización da operación: 3 meses dende o día seguinte á data de notificación da concesión.
Período de disposición:
Permitirase a disposición gradual das cantidades necesarias durante o período de vixencia da póliza. Permitirase a disposición total desde o momento da formalización, no caso de operacións de préstamo.
O cobramento da subvención solicitarase no prazo de:
- Pólizas de préstamo: dous meses desde a formalización ou da notificación da resolución de concesión, no caso de que esta fose posterior.
- Pólizas de crédito: dous meses desde o vencemento do primeiro ano de vixencia.
Para presentar a solicitude de cobramento, o beneficiario deberá cubrir previamente o cuestionario de liquidación a través da aplicación de axuda establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es
|