INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

O prazo de presentación finalizou o 30/06/2009
Resolución do 9 de maio de 2008 (DOG Nº92 do 14/05/2008) - Bases reguladoras
Resolución do 9 de maio de 2008 (DOG Nº107 do 04/06/2008) - Corrección de erros
Resolución do 23 de xaneiro de 2009 (DOG Nº19 do 28/01/2009) - Modificación bases
Resolución do 13 de febreiro de 2009 (DOG Nº36 do 20/02/2009) - Modificación límite de minimis
Resolución do 3 de marzo de 2009 (DOG Nº48 do 10/03/2009) - Condicionamento da modificación do límite de minimis
ORGANISMO
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
IG153 - INTERNACIONAL - PARTICIPACIÓN EN MISIÓNS EMPRESARIAIS INTERNACIONAIS DIRECTAS ORGANIZADAS POLO IGAPE (Art.12)
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
O Igape poderá organizar misións directas a calquera país do mundo sempre que se considere de interese co obxecto de que as empresas galegas entren en contacto directamente con importadores, distribuidores e outras empresas para analizar as posibilidades de cooperación, dar a coñecer produtos ou servizos e, en xeral, avaliar as posibilidades reais do mercado.
3. TIPOS DE APOIO
Subvención en réxime de concorrencia competitiva
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
a) As empresas que teñan radicado algún centro de actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, incluídas as empresas con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.

b) Os consorcios de exportación con personalidade xurídica propia, asociacións empresariais, consellos reguladores e clusters (con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro) de carácter eminentemente empresarial que representen a un colectivo de empresas galegas. Os beneficiarios deberán estar domiciliados en Galicia.

Asemade, deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Desenvolver no centro radicado en Galicia calquera actividade económica subvencionable.
b) Deberán estar ao corrente das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.
c) No caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, incluídas as comunidades de bens, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación.
Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos.

5. SECTORES INCENTIVABLES
Calquera actividade económica, incluso a prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos, non excluída no Regulamento relativo ás axudas de mínimis. Serán subvencionables as actividades de produción de produtos agrícolas e as actividades do sector pesqueiro conforme ao establecido nos correspondentes Regulamentos.

Para aquelas actividades que se atopen comprendidas dentro dos sectores regulados por normas específicas da Unión Europea sobre axudas estatais, as axudas previstas nestes artigos axustaranse en cada caso ás ditas normas específicas.

6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
O Igape poderá organizar misións directas a calquera país do mundo sempre que se considere de interese co obxecto de que as empresas galegas entren en contacto directamente con importadores, distribuidores e outras empresas para analizar as posibilidades de cooperación, dar a coñecer produtos ou servizos e, en xeral, avaliar as posibilidades reais do mercado.

Cada misión que organice o Igape será obxecto da correspondente convocatoria na que se especificarán: as datas da misión, país/es de destino, sectores preferentes e calquera outra característica propia da misión que se vai celebrar, e requisitos de participación. A dita convocatoria será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

O Igape, co obxecto de facilitar a loxística do evento, poderá contratar directamente os servizos comúns para todos os participantes, establecendo neste caso un prezo para cada participante que será obxecto de regulación e que deberá en todo caso ser ingresado previamente á celebración do evento.

7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
-
8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
a) Os gastos de viaxe e aloxamento: dos representantes dos beneficiarios participantes na misión.
b) Os gastos de servizos de interpretación na misión e os gastos de tradución e impresión de folletos. No caso de impresión, un exemplar dos folletos impresos debe achegarse no momento da xustificación.
c) Os gastos de envío e de retorno de catálogos, produtos e outros materiais necesarios para a misión.

Serán subvencionables os investimentos e gastos realizados e pagados dentro do prazo concedido para a execución dos proxectos. Este período denomínase prazo de vixencia.

Quedan expresamente excluídos os gastos seguintes:

- O imposto sobre o valor engadido (IVE), ou imposto equivalente a nivel internacional que sexa repercutible e recuperable.
- Aqueles gastos que non estean expresamente referidos á actuación concreta que se propón para a subvención.
- Quedan excluídas as axudas á exportación (aquelas directamente asociadas ás cantidades exportadas, ao establecemento e ao funcionamento dunha rede de distribución e aos gastos correntes derivados da actividade exportadora)

Cando o importe do gasto subvencionable supere os 12.000 euros pola subministración de bens de equipamento ou prestación de servizos por empresas de consultaría ou asistencia técnica, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas a diferentes provedores con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou entrega do ben. A elección entre as ofertas presentadas deberá achegarse na xustificación.

9. CONTÍA DAS AXUDAS
A contía e límites da axuda establécense sobre os conceptos subvencionables en función do país/países do destino da misión (os países que se atopen en máis dun destes grupos adscribiranse ao grupo que lle resulte máis favorecedor):

a) Brasil, Rusia, India, China ou México: 50% sobre a base subvencionable. Máx: 6.000€ por participante.

b) Os 12 últimos países adheridos á UE (Bulgaria ,Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta, Polonia, República Checa, Romanía) e os 3 países candidatos oficiais á preadhesión (Croacia, República de Macedonia, Turquía): 50% sobre a base subvencionable. Máx: 5.000€ por participante.

c) Países con CPN do Igape en Alemaña, Polonia, Estados Unidos, China e Xapón (e aqueles outros países onde no futuro o Igape constitúa un novo CPN): 40% sobre a base subvencionable. Máx: 3.000€ por participante para misións con destino Europa e 6.000€ por participante para misións con destino fóra de Europa.

d) Países onde haxa asociacións de empresarios de orixe galega (legalmente constituídas e que teñan asinado convenio co Igape): Arxentina, Brasil, México, Portugal, República Dominicana, Uruguai, Venezuela e aqueles outros países onde no futuro se constitúan este tipo de asociacións e que figurarán na páxina web www.rede.galiciaexterior.es: 40% sobre a base subvencionable. Límite máximo de 3.000€ por participante para misións con destino Europa e 6.000€ por participante para misións con destino fóra de Europa.

e) Resto de países: 40% sobre a base subvencionable. Máx: 3.000€ por participante para misións con destino Europa e 6.000€ por participante para misións con destino fóra de Europa.

10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Pendente de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
11. INCOMPATIBILIDADES
a) Compatibles con calquera outra subvención a fondo perdido do Igape e con calquera outro tipo de subvención ou axuda concedida por outros organismos públicos ou privados, sempre e cando o seu cómputo non exceda os os límites establecidos no Regulamento das axudas de mínimis

b) No caso de axudas a empresas do sector de produción agrícola, os limites do Regulamento relativo ás axudas de mínimis no sector da produción de produtos agrícolas.

c) No caso de axudas ao sector pesqueiro, os límites o establecidos no Regulamento relativo ás axudas de mínimis no sector pesqueiro.

12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Resolución do 9 de maio de 2008 (DOG Nº92 do 14/05/2008) - Bases reguladoras das axudas do Igape á internacionalización das empresas galegas e convocatoria.
Resolución do 9 de maio de 2008 (DOG Nº107 do 04/06/2008) - Corrección de erros
Resolución do 23 de xaneiro de 2009 (DOG Nº19 do 28/01/2009) - Modificación bases
Resolución do 13 de febreiro de 2009 (DOG Nº36 do 20/02/2009) - Modificación do límite de minimis
Resolución do 3 de marzo de 2009 (DOG Nº48 do 10/03/2009) - Condicionamento da efectividade da modificación do límite de minimis

13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Información nas oficinas territoriais do IGAPE e no Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 902 300 903. Tamén a través de www.igape.es ou en informa@igape.es

Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cumprimentar previamente un cuestionario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través da aplicación de axuda establecida no enderezo de Internet http://www.tramita.igape.es

A tramitación seguirá o establecido no capítulo I das bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape, publicadas mediante Resolución do 12 de marzo de 2008 (DOG Nº55, do 18 de marzo).

A fin de prestar asistencia na cumprimentación do cuestionario, o Igape dispón dun Servizo de Asistencia Técnica a través dos teléfonos 902 300 903 ou 981 541 147

14. OBSERVACIÓNS
Para presentar a solicitude de cobramento, o beneficiario deberá cubrir previamente o cuestionario de liquidación a través da aplicación de axuda establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal