|
| |
| ORGANISMO
|
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
|
| 1.
TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA |
IG152 - INTERNACIONAL - PARTICIPACIÓNS AGRUPADAS ORGANIZADAS POLO IGAPE EN EVENTOS EXPOSITIVOS INTERNACIONAIS (Art.10)
|
| 2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
O Igape poderá organizar participacións agrupadas en eventos expositivos internacionais celebrados fóra de Galicia -sexan de tipo comercial ou técnico-, sempre que se considere de interese co obxeto de que os participantes entren en contacto directamente con importadores, distribuidores e outras empresas para analizar as posibilidades de internacionalización, e dar a coñecer os seus produtos ou servizos en xeral, obter información de produtos, tendencias do mercado e tecnoloxía.
|
| 3.
TIPOS DE APOIO |
Subvención en réxime de concorrencia competitiva
|
| 4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
a) As empresas que teñan radicado algún centro de actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, incluídas as empresas con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.
b) Os consorcios de exportación con personalidade xurídica propia, asociacións empresariais, consellos reguladores e clusters (con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro) de carácter eminentemente empresarial que representen a un colectivo de empresas galegas. Os beneficiarios deberán estar domiciliados en Galicia.
Asemade, deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Desenvolver no centro radicado en Galicia calquera actividade económica subvencionable.
b) Deberán estar ao corrente das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.
c) No caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, incluídas as comunidades de bens, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación.
Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos.
|
| 5.
SECTORES INCENTIVABLES |
Calquera actividade económica, incluso a prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos, non excluída no Regulamento relativo ás axudas de mínimis. Serán subvencionables as actividades de produción de produtos agrícolas e as actividades do sector pesqueiro conforme ao establecido nos correspondentes Regulamentos.
Para aquelas actividades que se atopen comprendidas dentro dos sectores regulados por normas específicas da Unión Europea sobre axudas estatais, as axudas previstas nestes artigos axustaranse en cada caso ás ditas normas específicas.
|
| 6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
Cada participación agrupada que organice o Igape será obxecto da correspondente convocatoria, que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.
O Igape, co obxecto de facilitar a loxística da participación no evento, poderá contratar directamente os servizos comúns para todos os participantes, establecendo neste caso un prezo para cada participante que será obxecto de regulación e que deberá en todo caso ser ingresado previamente á celebración do evento.
|
| 7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
-
|
| 8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
a) Os gastos de aluguer do espazo expositivo (podendo incluír servizos básicos directamente vinculados ao aluguer e facturados pola organización). As facturas e pagamentos correspondentes a estes gastos poden ser de data anterior á data da solicitude pero referidas a un evento expositivo celebrado posteriormente á data de solicitude.
b) Os gastos de aluguer de mobiliario e equipos audiovisuais.
c) Os gastos de envío e de retorno de catálogos, produtos, stand e outros materiais necesarios para a participación no evento.
d) Os gastos de viaxe e aloxamento.
e) Os gastos de servizos de interpretación no evento e gastos de tradución e impresión de folletos. No caso de impresión, un exemplar dos folletos impresos debe achegarse no momento da xustificación.
f) Os gastos de asistencia técnica para a preparación de axenda de encontros e entrevistas.
g) Os gastos de deseño e construción do stand.
Serán subvencionables os investimentos e gastos realizados e pagados dentro do prazo concedido para a execución dos proxectos. Este período denomínase prazo de vixencia.
Quedan expresamente excluídos os gastos seguintes:
- O imposto sobre o valor engadido (IVE), ou imposto equivalente a nivel internacional que sexa repercutible e recuperable.
- Aqueles gastos que non estean expresamente referidos á actuación concreta que se propón para a subvención.
- Quedan excluídas as axudas á exportación (aquelas directamente asociadas ás cantidades exportadas, ao establecemento e ao funcionamento dunha rede de distribución e aos gastos correntes derivados da actividade exportadora)
Cando o importe do gasto subvencionable supere os 12.000 euros pola subministración de bens de equipamento ou prestación de servizos por empresas de consultaría ou asistencia técnica, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas a diferentes provedores con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou entrega do ben. A elección entre as ofertas presentadas deberá achegarse na xustificación.
|
| 9.
CONTÍA DAS AXUDAS |
Estableceranse en cada convocatoria os conceptos subvencionables coas súas respectivas contías e límites de axuda.
|
| 10.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
Pendente de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
|
| 11.
INCOMPATIBILIDADES |
a) Compatibles con calquera outra subvención a fondo perdido do Igape e con calquera outro tipo de subvención ou axuda concedida por outros organismos públicos ou privados, sempre e cando o seu cómputo non exceda os límites establecidos no Regulamento das axudas de mínimis.
b) No caso de axudas a empresas do sector de produción agrícola, os limites do Regulamento relativo ás axudas de mínimis no sector da produción de produtos agrícolas.
c) No caso de axudas ao sector pesqueiro, os límites o establecidos no Regulamento relativo ás axudas de mínimis no sector pesqueiro.
|
| 12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Resolución do 9 de maio de 2008 (DOG Nº92 do 14/05/2008) - Bases reguladoras das axudas do Igape á internacionalización das empresas galegas e convocatoria.
Resolución do 9 de maio de 2008 (DOG Nº107 do 04/06/2008) - Corrección de erros
Resolución do 23 de xaneiro de 2009 (DOG Nº19 do 28/01/2009) - Modificación bases
Resolución do 13 de febreiro de 2009 (DOG Nº36 do 20/02/2009) - Modificación do límite de minimis
Resolución do 3 de marzo de 2009 (DOG Nº48 do 10/03/2009) - Condicionamento da efectividade da modificación do límite de minimis
|
| 13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Información nas oficinas territoriais do IGAPE e no Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 902 300 903. Tamén a través de www.igape.es ou en informa@igape.es
Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cumprimentar previamente un cuestionario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través da aplicación de axuda establecida no enderezo de Internet http://www.tramita.igape.es
A tramitación seguirá o establecido no capítulo I das bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape, publicadas mediante Resolución do 12 de marzo de 2008 (DOG Nº55, do 18 de marzo).
A fin de prestar asistencia na cumprimentación do cuestionario, o Igape dispón dun Servizo de Asistencia Técnica a través dos teléfonos 902 300 903 ou 981 541 147
|
| 14.
OBSERVACIÓNS |
Para presentar a solicitude de cobramento, o beneficiario deberá cubrir previamente o cuestionario de liquidación a través da aplicación de axuda establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es
|