INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

O prazo de presentación finalizou o 08/04/2010
Resolución do 12 de marzo de 2008 (DOG Nº 55 do 18/03/2008 ) – Bases reguladoras
Resolución do 12 de marzo de 2008 (DOG Nº73 do 16/04/2008) - Corrección de erros
Resolución 5 de febreiro de 2009 (DOG Nº31 do 13/02/2009) - Modificación das bases reguladoras dos Incentivos Económicos
Formularios
Resolución do 13 de febreiro de 2009 (DOG Nº36 do 20/02/2009) - Modificación do límite de minimis
Resolución do 5 de febreiro de 2009 (DOG Nº40 do 26/02/2009) - Corrección de erros da modificación das bases
Resolución do 5 de febreiro de 2009 (DOG Nº40 do 26/02/2009) - Corrección de erros da modificación das bases
Resolución do 3 de marzo de 2009 (DOG Nº48 do 10/03/2009) - Condicionamento da modificación do límite de minimis
ORGANISMO
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
IG107 - PROXECTOS EMPRESARIAIS DE NOVOS EMPRENDEDORES (ART. 6)
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
Fomentar a aparición de empresas promovidas por novos emprendedores.
3. TIPOS DE APOIO
Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia non competitiva.
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
Pequenas e medianas empresas segundo a definición da Comisión Europea no anexo I do Regulamento (CE) nº 800/2008 (DOUE L 214, do 9 de agosto de 2008), que exerzan ou teñan intención de exercer a súa actividade económica en Galicia baixo calquera forma de persoa xurídica de obxecto mercantil e que, ademais, cumpran os seguintes requisitos:

a) Que o seu capital se atope maioritariamente participado pola suma das participacións de persoas físicas que non estean acometendo outras actividades económicas por conta propia á data de presentación da solicitude e das achegas de entidades de capital risco e investidores privados adscritos a unha rede asimilable ás coñecidas como redes de business-angels.
b) A participación no capital da empresa de persoas, físicas ou xurídicas, que si estean desenvolvendo outras actividades económicas á data de solicitude, non poderá exceder conxuntamente do 40%.
c) Que polo menos unha das persoas físicas participante no capital e sen outra actividade económica por conta propia á data de solicitude, teña unha dedicación plena ao proxecto, non podendo desempeñar outra actividade por conta allea durante o período de vixencia.
d) Que o proxecto presentado acade un mínimo de 20 puntos, como resultado de aplicar os criterios de avaliación e selección previstos no punto 6.5.
e) No caso de estar constituída a sociedade que propón o proxecto emprendedor, tanto a data de constitución como a data de alta censual non poderán ter unha antigüidade superior a 1 ano no momento da solicitude de axuda.

Ademáis deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Realizar unha iniciativa obxecto de apoio na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Desenvolver no centro obxecto do proxecto algunha das actividades subvencionables que se sinalan no artigo correspondente.
c) Achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.
d) En todos os casos estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.
e) No caso da liñas de axuda que se incardinan no devandito Regulamento (CE) nº 800/2008, non deberán estar suxeitos a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión da Unión Europea, que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

5. SECTORES INCENTIVABLES
Serán subvencionables os proxectos realizados por Pemes de todas as actividades económicas agás as excluídas segundo o Regulamento (CE) 800/2008 da Comisión do 6de agosto de 2008, xeral de exención por categorías (DOUE L 214, do 9 de agosto de 2008).
6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
Proxectos empresariais de novos emprendedores, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Presentar un custo subvencionable superior a 50.000 € e non superior a 500.000 € que se realizará no prazo de vixencia que se estableza na resolución de concesión; se o custo subvencionable resultara superior a 500.000 €, o Igape reduciría a base subvencionada a dita cantidade.

b) Ser viable técnica, económica e financeiramente.

c) Esta axuda concederase ao abeiro do Regulamento (CE) nº 800/2008 da comisión, do 6 de agosto e 2008, xeral de exención por categorías (DOUE L 214, do 9 de agosto de 2008). Agás no caso de pequenas empresas, a subvención sobre os aprovisionamentos e os gastos de aluguer establecidos nos puntos v.a) e b) do artigo 6.1 acollerase ao establecido no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión do 15 de decembro de 2006 relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de mínimis (DOUE L 397/5, do 28 de decembro de 2006).

7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
-
8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
a) Investimentos realizados en:
- Obra civil para construción, reforma ou habilitación de instalacións suxeitos, de ser o caso, aos módulos máximos de custo subvencionable que poida establecer o Consello de Dirección do Igape.
- Bens de equipo: maquinaria de proceso, utensilios, equipos informáticos, mobiliario, instalacións específicas para a actividade subvencionable, elementos de transporte interior, vehículos especiais de transporte exterior, medios de protección do ambiente e outros bens de equipo ligados ao proxecto. Nos sectores do transporte e loxístico non serán subvencionables os elementos de transporte exterior.
- Outros investimentos en activos fixos mobiliarios.
- Gastos de establecemento e investimentos en inmobilizado inmaterial: aplicacións informáticas, gastos de investigación e desenvolvemento; propiedade industrial e intelectual, podendo incluír licenzas de fabricación, patentes e o canon fixo de franquías no seu primeiro ano.
- Aprovisionamentos necesarios para o inicio da actividade limitada ao 5% do importe subvencionado total.

b) Os gastos de aluguer en bens mobles e inmobles cando polas características do proxecto supoñan unha dificultade inicial para a súa maduración, quedando limitado en todo caso pola súa necesidade e ata un prazo máximo dun ano.

Serán subvencionables os custos realizados e pagados dentro do prazo de vixencia establecido na resolución de concesión, que se iniciará coa presentación da solicitude de axuda e finalizará na data establecida na resolución de concesión.

Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena da empresa antes da finalización do prazo de vixencia.

O investimento terá que manterse no centro de traballo en Galicia durante os 5 anos seguintes á finalización do prazo de vixencia no caso de adquisición de bens inmobles, que poderá reducirse a 3 anos no caso doutros bens inventariables.

Todos os investimentos deberán realizarse en bens novos.

No caso de activos intangibles, para ser considerados subvencionables, deberán cumplir ademais todas estas condicións: 1) empregaranse exclusivamente na empresa beneficiaria da axuda; 2) consideraranse activos amortizables; 3) adquiriranse a terceiros en condicións de mercado sen que o adquirente esta en posición de exercer o control sobre o vendedor, ou viceversa; 4) deberán incluírse nos activos da empresa.

Os investimentos e gastos previstos polo solicitante deberán ser especificados na solicitude, coa planificación anualizada destes.

Cando o importe do gasto subvencionable supere os 30.000 € pola execución da obra ou os 12.000 € polo subministro dos bens de equipo, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas a diferentes provedores con carácter previo á contratación do compromiso para a execución da obra ou a entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren.

9. CONTÍA DAS AXUDAS
Con carácter xeral, e cos límites establecidos no caso de conceptos de gasto suxeitos a mínimis, a subvención non superará o 40% dos gastos subvencionables; tendo en conta ademais que a axuda resultante non poderá superar tampouco o 40% de subvención bruta calculada sobre os gastos comprendidos no punto a) anterior.
10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e ata o esgotamento do crédito orzamentario, ou cando se publique a súa derrogación expresa.

Esta axuda queda derrogada na Resolución do 30 de marzo de 2010 (DOG Nº65 do 08/04/2010)
11. INCOMPATIBILIDADES
Un determinado proxecto será incompatible con calquera outra subvención a fondo perdido do Igape. Será compatible, non obstante, cos programas de axuda financeira do instituto como poden ser, entre outros, os préstamos ou a subsidiación ao tipo de xuro, e tamén con calquera outro tipo de subvención ou axuda concedida por outros organismos públicos ou privados, sempre e cando o seu cómputo non exceda os límites permitidos para Galicia no Regulamento (CE) nº 800/2008, xeral de exención por categorías (DOUE L 214, do 9 de agosto de 2008) ou nos casos establecidos no punto 6.4.1 (aprovisionamentos para o inicio da actividade e gastos de aluguer en bens mobles e inmobles), os límites do Tratado ás axudas de mínimis
12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Resolución do 12 de marzo de 2008 (DOG Nº 55 do 18/03/2008) - Nova redacción das bases reguladoras dos Incentivos Económicos
Resolución do 12 de marzo de 2008 (DOG Nº73 do 16/04/2008) - Corrección de erros
Resolución 5 de febreiro de 2009 (DOG Nº31 do 13/02/2009) - Modificación das bases reguladoras dos Incentivos Económicos
Resolución do 13 de febreiro de 2009 (DOG Nº36 do 20/02/2009) - Modificación do límite de minimis
Resolución do 5 de febreiro de 2009 (DOG Nº40 do 26/02/2009) - Corrección de erros da modificación das bases reguladoras
Resolución do 3 de marzo de 2009 (DOG Nº48 do 10/03/2009) - Condicionamento da efectividade da modificación do límite de minimis
Resolución do 30 de marzo de 2010 (DOG Nº65 do 08/04/2010) - Bases reguladoras do programa Re-emprende 2010
13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Información nas oficinas territoriais do IGAPE e a través do teléfono 902 300 903 ou 981 54 11 47.
Tamén a través de www.igape.es ou en informa@igape.es

Para presentar a solicitude de axuda os interesados deberán cubrir previamente un cuestionario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto e para presentar a solicitude de cobramento deberán cubrir un cuestionario de liquidación, a través da aplicación de axuda establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es., como se establece nos artigos 1 e 7 do capítulo I das bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape. O resto da tramitación seguirá o establecido no capítulo II das citadas bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape.

14. OBSERVACIÓNS
-
 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal