|
| |
| ORGANISMO
|
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
|
| 1.
TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA |
IG101 - PROXECTOS DE SERVIZOS AVANZADOS INTENSIVOS EN EMPREGO (ART.4.2) - Bases 2008
|
| 2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Favorecer a implantación de proxectos de servizos avanzados cunha creación de emprego ligado ao investimento igual ou superior a 10 postos de traballo de carácter indefinido. O investimento subvencionable debe ser superior a 200.000 euros.
|
| 3.
TIPOS DE APOIO |
Subvencións a fondo perdido en réxime de concorrencia non competitiva.
|
| 4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
Sociedades con obxecto empresarial, existentes ou en constitución, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Realizar unha iniciativa obxecto de apoio na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Desenvolver no centro obxecto do proxecto algunha das actividades subvencionables que se sinalan no artigo correspondente.
c) Achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.
d) En todos os casos estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e non estar suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión da Unión Europea, que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
e) Presentar un proxecto de investimento en servizos avanzados en Galicia no que o emprego a crear con carácter indefinido sexa igual ou superior a 10 novos postos de traballo, emprego que estará asociado a un investimento subvencionable superior a 200.000 €.
f) Comprometerse a manter o emprego existente.
g) Comprometerse a manter unha determinada composición do accionariado nos supostos en que esta represente un elemento substancial para garantir a viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto e así se establecese na resolución de concesión.
|
| 5.
SECTORES INCENTIVABLES |
Coas excepcións por actividade establecidas no Regulamento (CE) nº 800/2008, do 6 de agosto de 2008, xeral de exención por categorías, os proxectos subvencionables deberán en todo caso estar vinculados a algunha destas actividades, independentemente de calqueira outra que, ademáis desempeñe o solicitante:
a) Servizos de implantación de sistemas tecnolóxicos: monitorización e control de procesos industriais, sistemas de seguimento remoto e telecomando de procesos, sistemas mecatrónicos.
b) Enxeñaría de produtos e procesos industriais, enxeñería de proxectos aeronáuticos ou espaciais.
c) Centros de servizos telemáticos.
d) Centros de desenvolvemento de software.
e) Enxeñaría de ensaio e control de calidade en edificación, obra civil ou industria.
Excepcionalmente e en base ao interese estratéxico dun determinado proxecto, o Igape, poderá considerar como subvencionables outras actividades de servizos avanzados non especificadas neste apartado.
|
| 6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
O investimento mínimo asociado (200.000 €) debe ser executado e pagado no período de vixencia, estará suxeito a comprobación segundo o artigo 4.1.3
Os postos de traballo creados terán que cumprir as seguintes condicións:
a) Estar asociados directamente ao proxecto de investimento.
b) Ser creados no prazo de vixencia establecido na resolución de concesión, prazo que non superará os tres anos seguintes á finalización do investimento.
c) Manterse durante un período mínimo de cinco anos desde a creación para as grandes empresas e de 3 anos para as Pemes.
d) O proxecto de investimento deberá conducir a un incremento neto do número de empregados no establecemento de que se trate, comparado coa media dos últimos doce meses.
|
| 7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
-
|
| 8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
Serán subvencionables:
* Salarios brutos do persoal que se contrate, durante o período de vixencia, co límite dun ano de salario por traballador.
* Custos de formación específica do persoal para a implantación do proxecto de investimento cando as características da formación en relación coa actividade que se vaia desenvolver así o xustifique, cun límite máximo de custo apoiado do 20% dos salarios brutos subvencionables do proxecto.
A intensidade de axuda para os custos de formación específica será en todo caso do 25% dos custos subvencionables para as empresas que non cumpran a condición de Peme, do 35% para as medianas empresas e do 45% para as pequenas empresas.
Para a determinación do importe subvencionable, observarase os criterios e módulos de custo máximo subvencionable que poida aprobar o Consello de Dirección do Igape.
Excepcionalmente e en base ao interese estratéxico dun determinado proxecto, o Igape, poderá elevar o período de cómputo salarial ata dous anos por posto de traballo que se vaia crear.
Serán subvencionables os investimentos en bens de primeiro uso empresarial realizados e pagados con posterioridade á recepción da notificación do Igape da ELEXIBILIDADE do proxecto e ata a data de finalización do prazo concedido para a execución do proxecto (Non serán subvencionables os proxectos cuxa execución sexa iniciada previamente á confirmación por escrito do Igape)
No caso de investimentos en obra civil, os solicitantes estarán obrigados a levantar acta notarial que reflicta fidedignamente con posterioridade á recepción da notificación de elixibilidade do Igape, a non iniciación da obra.
Cando o importe do gasto subvencionable supere os 30.000 € pola execución da obra ou os 12.000 euros polo subministro dos bens de equipamento, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas a diferentes provedores con carácter previo á contratación do compromiso para a execución da obra ou a entrega do ben. (A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse na xustificación, deberá xustificarse nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa).
Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena da empresa antes da finalización do prazo de vixencia.
O investimento terá que manterse no centro de traballo en Galicia durante os cinco anos seguintes á finalización do prazo de vixencia.
|
| 9.
CONTÍA DAS AXUDAS |
Con carácter xeral, a axuda resultante calcularase como unha porcentaxe sobre o salario bruto do persoal a contratar, entre un 15% e un 30% da base subvencionable.
|
| 10.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e ata o esgotamento do crédito orzamentario, ou cando se publique a súa derrogación expresa
|
| 11.
INCOMPATIBILIDADES |
A subvención calculada sobre os salarios brutos concedida para un determinado proxecto será incompatible con calquera outra subvención a fondo perdido do Igape.
Será compatible, non obstante, con programas de axuda financeira do instituto como pode ser, entre outros, a subsidiación ao tipo de xuro e tamén con calquera outro tipo de subvención ou axuda concedida por outros organismos públicos ou privados, sempre e cando o seu cómputo non exceda os límites permitidos para Galicia no Regulamento (CE) 800/2008, do 6 de agosto de 2008.
As subvencións aos custos de formación serán incompatibles con calquera outra axuda pública.
|
| 12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Resolución do 12 de marzo de 2008 (DOG Nº55 do 18/03/2008) - Bases reguladoras dos Incentivos Económicos
Resolución do 12 de marzo de 2008 (DOG Nº73 do 16/04/2008) - Corrección de erros
Resolución do 5 de febreiro de 2009 (DOG Nº31 do 13/02/2009) - Modificación das bases reguladoras dos Incentivos Económicos
Resolución do 5 de febreiro de 2009 (DOG Nº40 do 26/02/2009) - Corrección de erros da modificación das bases reguladoras
Resolución do 19 de novembro de 2009 (DOG Nº231 do 25/11/2009) - Apoios específicos á provincia de Lugo
Resolución do 19 de novembro de 2009 (DOG Nº231 do 25/11/2009) - Apoios específicos á provincia de Ourense
Resolución do 10 de xuño de 2010 (DOG Nº118 do 23/06/2010) - Ampliación orzamentaria
Resolución do 10 de xuño de 2010 (DOG Nº127 do 06/07/2010) - Corrección de erros
Resolución do 22 de xullo de 2010 (DOG Nº155 do 13/08/2010) - Derogación das axudas
|
| 13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Instituto Galego de promoción Económica (Igape) - Teléfono: 902 300 903
www.igape.es ou informa@igape.es
Tramitación segundo o establecido no capítulo II das bases reguladoras do s procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape.
|
| 14.
OBSERVACIÓNS |
Servizos de apoio. Con carácter complementario e en función do seu interese estratéxico, o Igape poderá prestar de oficio servizos de apoio previos ao establecemento de novos proxectos, a favor daquelas empresas que pretendan implantarse por primeira vez na Comunidade Autónoma.
Os ditos servizos, que non terán compoñente de axuda, poderán consistir, entre outros, en:
- Información e asesoramento dos trámites a seguir para a implantación do proxecto.
- Estudos necesarios para sustentar a decisión de implantación.
- Xestións de busca de localizacións idóneas para o proxecto.
- Tramitación ante organismos públicos de autorizacións ou permisos necesarios para a súa posta en marcha.
- Facilitar contactos con outras empresas ligadas á súa actividade.
1.Provincias de Lugo e Ourense:
Elévase o límite máximo de acumulación de subvencións do 30% ao 50% para investimentos que realicen pequenas empresas, e ao 40% para medianas empresas.
Lugo: Estas medidas serán de aplicación ás solicitudes non resoltas presentadas desde o 24 de setembro.
Ourense: Estas medidas serán de aplicación ás solicitudes non resoltas presentadas desde o 22 de outubro
|