|
| |
| ORGANISMO
|
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
|
| 1.
TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA |
BEI 2007: PRÉSTAMOS DO IGAPE PARA FINANCIAR PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN GALICIA CON FONDOS DO BANCO EUROPEO DE INVESTIMENTOS
|
| 2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Subvención dos gastos financeiros dos préstamos formalizados ao abeiro do programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia con Fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI).
|
| 3.
TIPOS DE APOIO |
Bonificar os gastos financeiros dos préstamos acollidos ao programa de préstamos para financiar proxectos de investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia con Fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) en réxime de concorrencia non competitiva.
|
| 4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
Os prestameiros serán empresas promotoras de investimentos elixibles que teñan a consideración de Peme independente. Recibirán a consideración de Peme aquelas empresas que cumpran as seguintes condicións:
- o seu número de empregados en nómina non sexa superior a 250.
- o seu volume anual de facturación non supere os 50.000.000 € ou o seu balance total non supere os 43.000.000 €.
Así mesmo, consideraranse Pemes ‘independentes’ aquelas que non teñan máis do 25% do seu capital en mans dunha ou varias sociedades ou entidades que non respondan elas mesmas á definición de Peme.
Para a bonificación dos gastos financieiros tamén poderán ser beneficiarias as empresas que cumpran individualmente cos límites de Peme pero non cumpran cos criterio de independencia sempre e cando:
a) O proxecto se localice nalgún dos municipios preferentes relacionados no anexo III, ou ben cando o proxecto sexa declarado de especial carácter dinamizador polo Consello de Dirección do Igape.
b) A actividade que se vaia desenvolver non estea nas excepcións establecidas no Regulamento (CE) 1628/2006, do 24 de outubro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas rexionais ao investimento.
|
| 5.
SECTORES INCENTIVABLES |
Non poderán acollerse a esta liña de financiamento os proxectos pertencentes aos sectores sinalados como ‘excluídos’ no Anexo II.
Os proxectos pertencentes aos sectores sinalados como ‘restrinxidos’ no Anexo II, só poderán acollerse a esta liña de financiamento cando o seu custo sexa inferior a 1.000.000 € ou conleven unha mellora do medio ambiente e/ou unha utilización máis racional dos recursos enerxéticos, e cumpran coas restricións sinaladas no citado Anexo.
|
| 6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
Só poderán financiarse con fondos do préstamo aqueles proxectos cuxo investimento financiable estea comprendido entre 240.000 euros e 25.000.000 euros.
O préstamo concedido polo Igape non poderá superar o 50% do custo do proxecto.
O importe do préstamo estará comprendido entre 120.000 euros e 12.500.000 euros.
Os prazos de amortización e carencia das operacións adaptaranse ás características e necesidades de cada proxecto, dentro dos límites establecidos no artigo 6º do Decreto 133/2002, que regula a concesión de préstamos polo Igape.
O tipo de xuro variará por semestres naturais sendo Euribor a 6 meses + 0.50 p.p.
O tipo de xuro nominal dos préstamos que se formalicen no 2º semestre de 2009 será o 2.00%.
Os préstamos que conceda o Igape devengarán unha única comisión, no momento da súa formalización do 1% do capital formalizado.
O tipo de xuro e a comisión de apertura poderán ser obxecto de subvención.
|
| 7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
-
|
| 8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
Inmobilizado material adquirido a terceiros.
-Novas infraestructuras e equipos técnicos para a ensinanza e a formación así como as instalacións de laboratorios e outras instalacións para a investigación e equipamento necesario.
-Incremento de capital circulante permanente necesario para aumentar a actividade produtiva asociada aos investimentos financiados.
Inmobilizado inmaterial: Compra ou desenvolvemento propio de software.
Excluídos o fondo de comercio, a adquisición de patentes e licenzas para actividades de telecomunicacións, as cotas ou dereitos de produción nos sectores de alimentación e agricultura, as licenzas ou dereitos de explotación de recursos minerais, así como outros dereitos de produción ou distribución.
En proxectos de investimento en investigación e desenvolvemento, e/ou promoción da innovación, e/ou promoción da sociedade da información:
- Custos de adquisición de licenzas de software (máx 50% do custo do proxecto).
- O custo de royalties asociados con patentes que sexan necesarias para a implementación e funcionamento do proxecto (máx 50% do custo do proxecto).
- Os custos dos salarios brutos do persoal directamente asociados coa actividade de investigación e desenvolvemento, e a actividade educativa e formativa.
- Os custos directamente relacionados coa protección dos deseños e as licenzas que xere o proxecto.
- Outros custos operativos relacionados co proxecto tales como o aluguer ou leasing das instalacións necesarias para a súa realización.
Activos fixos de segunda man (inmobles, maquinaria e instalacións) que se considerasen indispensables para o funcionamento eficiente doutros novos investimentos sempre que:
- non representen máis do 50% do financiamento solicitado na operación. Este límite non se aplicará aos proxectos de custo inferior a 350.000 €.
- Os inmobles, maquinaria e instalacións de segunda man non superen os 10 anos de idade.
Exclúense expresamente:
- Custos asociados a gastos operativos e de mantemento corrente (capital circulante), con excepción do ‘incremento de capital circulante permanente’.
- A compra de terreos. (O investimento en compra de terreos asociada directamente ao proxecto de investimento será aceptada para o cálculo do custo total do proxecto, aínda que non se considere un elemento elixible para ser financiado con cargo ao préstamo)
- Non serán financiados os investimentos que estean realizados e pagados antes da data de solicitude do préstamo, aínda que os investimentos realizados e pagados dende o 1 de xaneiro de 2007, serán aceptados para o cálculo do custo total do proxecto, excluíndose os tributos recuperables.
|
| 9.
CONTÍA DAS AXUDAS |
A comisión de apertura devengada a favor do Igape polo préstamo poderá ser integramente subvencionada no momento do seu devengo.
Durante a vixencia do préstamo subvencionable, bonificarase o tipo de xuro nominal anual ata en 2 puntos con carácter xeral, e ata 3 puntos en caso de que o préstamo estea garantido con aval bancario ou de Sociedade de Garantía Recíproca.
Serán subvencionables xuros e comisións de apertura dos préstamos utilizados para financiar os investimentos realizados e pagados dentro do prazo de vixencia establecido na resolución.
No caso de investimentos das empresas que cumpran individualmente cos límites de Peme pero non cumpran co criterio de independencia, dito prazo iniciarase con posterioridade á recepción da notificación do Igape da ELEXIBILIDADE do proxecto.
|
| 10.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ao día seguinte á publicación deste programa de préstamos no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de decembro de 2010.
No caso de esgotamento de crédito antes da dita data, publicarase no Diario Oficial de Galicia a finalización anticipada do prazo.
|
| 11.
INCOMPATIBILIDADES |
Se o beneficiario recibe para financiar o proxecto préstamos ou outro tipo de financiamento doutra entidade que canalice fondos procedentes do BEI, a suma do importe do financiamento mailo préstamo desta liña, non poderá superar o 50% do financiamento do proxecto.
Se recibe outros financiamentos con fondos estruturais comunitarios para o proxecto, o importe destes sumado ao importe do financiamento desta liña non poderá superar o 90% dos investimentos financiadas con fondos alleos.
Serán compatibles con calquera outra axuda pública ou privada, pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea, no Regulamento das axudas estatais ás pequenas e medianas empresas (DOUE L10, do 13 de xaneiro de 2001).
No caso de investimentos das empresas que cumpran individualmente cos límites de Peme pero non cumpran co criterio de independencia as axudas concederanse ao abeiro do Regulamento relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas rexionais ao investimento, e serán compatibles con calquera outra axuda sempre e cando o seu cómputo non exceda os límites permitidos para Galicia no dito regulamento.
|
| 12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Decreto 133/2002 do 11 de abril de 2009 (DOG Nº78 do 23/04/2002) - Decreto de concesión de préstamos polo Igape
Resolución do 12 de decembro de 2007 (DOG Nº244 do 19/12/2007) - Programa de préstamos do BEI
Resolución do 12 de decembro de 2007 (DOG Nº244 do 19/12/2007) - Bonificación gastos financeiros
Resolución do 19 de decembro de 2007 (DOG Nº246 do 21/12/2007) - Tipo de xuro 1º semestre 2008
Resolución do 12 de decembro de 2007 (DOG Nº20 do 29/01/2008) - Corrección de erros do programa de préstamos
Resolución do 15 de maio de 2008 (DOG Nº100 do 26/05/2008) - Modificación das bases reguladoras de bonificación dos gastos
Resolución do 20 de xuño de 2008 (DOG Nº123 do 26/06/2008) - Tipo de xuro 2º semestre 2008
Resolución do 11 de decembro de 2008 (DOG Nº245 do 18/12/2008) - Tipo de xuro 1º semestre 2009
Resolución do 23 de decembro de 2008 (DOG Nº253 do 31/12/2008) - Modificación do programa de préstamos BEI
Resolución do 23 de decembro de 2008 (DOG Nº253 do 31/12/2008) - Ampliación dotación orzamentaria
Decreto 45/2009 do 12 de febreiro de 2009 (DOG Nº48 do 10/03/2009) - Modificación do Decreto 133/2002
Resolución do 23 de xuño de 2009 (DOG Nº121 do 23/06/2009) - Tipo de xuro 2º semestre 2009
|
| 13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Os interesados presentarán nas oficinas do IGAPE a súa solicitude de concesión de préstamo do Igape para financiar proxectos de investimento en Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) mediante a instancia de solicitude (Anexo I) acompañado da documentación requerida nas bases reguladoras.
A bonificación dos gastos financieiros poderá presentarse simultáneamente á solicitude de concesión do préstamo mediante o Anexo I das bases reguladoras de bonificación dos gastos financieiros.
Información nas oficinas do Igape ou nos teléfonos 981 541147 / 902 300 903
|
| 14.
OBSERVACIÓNS |
Será necesaria a aprobación previa do BEI naqueles proxectos cuxo custo supere os 2.500.000 euros, reducíndose a 1.000.000 euros se o proxecto pertence a un sector económico restrinxido.
|