|
| |
| ORGANISMO
|
IGAPE- Instituto Galego de Promoción Económica
|
| 1.
TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA |
PRÉSTAMOS PARA FINANCIAR PROXECTOS EN MATERIA DE INNOVACIÓN TECNOLÓXICA
|
| 2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Establecemento de liñas de financiamento para a financiación de proxectos en materia de innovación tecnolóxica
|
| 3.
TIPOS DE APOIO |
Préstamo directo
|
| 4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
Sociedades mercantís que:
- Desenvolvan proxectos de innovación na CCAA de Galicia (excepcionalmente empresas galegas para proxectos fóra de Galicia)
- Pertenzan ós sectores de actividade do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica. 2002-2005.
- Conten con alomenos un 30% de recursos propios do orzamento total do proxecto.
|
| 5.
SECTORES INCENTIVABLES |
Actividades económicas relacionadas no Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2002-2005.
|
| 6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
Importe de financiamento: ata o 50% do orzamento do proxecto, excepcionalmente ata o 70%. Importe mínimo do préstamo: 60.000 € e máximo de 300.000 euros. Límite máximo de risco vivo por prestameira: 600.000 euros
Prazo de amortización: ata 7 anos. Carencia segundo as características do proxecto
Tipo de xuro: variable: Euribor a seis meses + 0,50 p.p.
Liquidación de xuros e amortización: a liquidación de xuros será semestral sen prexuízo dos períodos de carencia que se establezan. Os prazos de devolución determinaranse contractualmente dentro dos límites establecidos.
|
| 7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
Con carácter previo á súa resolución, o Igape solicitará o informe da Consellería de Innovación, Industria e Comercio respecto do grao de innovación e viabilidade técnica do proxecto, que deberá ser favorable para a concesión do préstamo.
|
| 8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
1.1. Actividades de desenvolvemento relativas a:
a) Investigación industrial - que teña por obxecto a adquisición de novos coñecementos de utilidade para a creación de novos produtos, procesos ou servizos, ou contribuír a mellorar os existentes.
b) Actividades de desenvolvemento precompetitivas: materialización dos resultados da investigación industrial nun plano, bosquexo ou deseño para produtos, procesos ou servizos novos, modificados ou mellorados, destinados á súa venda ou á súa utilización, incluída a creación dun primeiro prototipo non comercializable. Pode abranguer tamén, a formulación conceptual e os deseños doutros produtos, procesos ou servizos.
c) Proxectos de demostración, destinados ao desenvolvemento de experiencias piloto ou demostracións para aplicacións industriais ou para a súa explotación comercial.
1.2. Implantación de proxectos de innovación dirixidos á produción directa de novos produtos, á creación de novos procesos ou á prestación de novos servizos ou a obter melloras substanciais nos xa existentes.
|
| 9.
CONTÍA DAS AXUDAS |
O tipo de xuro variará por semestres naturais
O tipo de xuro nominal dos préstamos que se formalicen no 2º semestre de 2006 será o 3,058%.
Interés do 2ºsemestre de 2008: 5,40%
|
| 10.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
Estas bases terán vixencia indefinida ata que non se publique a súa derogación expresa.
|
| 11.
INCOMPATIBILIDADES |
O préstamo será compatible con outras fontes de financiamento públicas e/ou privadas, tanto subvencións como préstamos. O importe do préstamo do Igape limitarase á parte que non cubran as ditas fontes de financiamento alternativas
|
| 12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Resolución do 25 de abril de 2005 (DOG Nº84 do 03/05/2005)
Resolución do 19 de xuño de 2006 (DOG Nº123 do 28/06/2006) - Tipo de xuro de referencia para o segundo semestre do 2006
Resolución do 13 de decembro de 2006 (DOG Nº245 do 22/12/2006) - Tipo de xuro do 1º semestre de 2007
Resolución do 19 de decembro de 2007 (DOG Nº246 do 22/12/2007) - Tipo de xuro do 1º semestre de 2008
Resolución do 20 de xuño de 2008 (DOG Nº123 do 26/06/2008) - Tipo de xuro 2º semestre 2008
|
| 13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Oficinas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
Teléfono: 902 300 903.
www.igape.es, informa@igape.es
|
| 14.
OBSERVACIÓNS |
-
|