
Xerar documento de Word imprimible. |
O prazo de presentación finalizou o 20/08/2010
|
|
| |
| ORGANISMO
|
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras
|
| 1.
TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA |
AXUDAS ÁS PEMES PARA O FINANCIAMENTO DE ACTUACIÓNS DESTINADAS Á PREVENCIÓN, PROTECCIÓN, MELLORA E COÑECEMENTO AMBIENTAL
|
| 2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Esta orde ten por obxecto regular a concesión, polo procedemento de concorrencia competitiva, e facer pública para os anos 2010 e 2011 a convocatoria de subvencións para o financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental.
|
| 3.
TIPOS DE APOIO |
Axuda a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.
|
| 4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
Pequenas e medianas empresas (pemes) que, cumprindo o establecido no punto segundo deste artigo, teñan o seu domicilio social ou algún dos seus centros no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e sexa neste mesmo ámbito territorial no que se desenvolva ou materialice o proxecto ou actuación obxecto da subvención.
Para a realización de estudos de análise de riscos ambientais consideraranse beneficiarios unicamente as pemes que, ademais de cumprir o establecido no punto anterior, desenvolvan algunha das actividades enumeradas no anexo III da Lei 26/2007, do 23 de
outubro, de responsabilidade ambiental.
Non poderán concorrer na presente convocatoria aquelas empresas que fosen condenadas por delito, falta ou infracción administrativa relacionada co medio ata que non transcorra o prazo para a prescrición da sanción imposta de conformidade coa lexislación que lle sexa de aplicación.
|
| 5.
SECTORES INCENTIVABLES |
Non poderá concederse a empresas dos seguintes sectores:
a) Pesca e acuicultura, segundo se establece no Regulamento (CE) 104/2000, do Consello.
b) Produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do tratado.
c) Actividades relacionadas coa exportación a países terceiros ou estados membros cando a axuda estea vinculada directamente ás cantidades exportadas, á creación e funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos de explotación vinculados
á actividade de exportación.
d) Carbón, segundo se define no Regulamento (CE) 1407/2002.
e) Empresas en crise.
No suposto das empresas que realicen por conta allea operacións de transporte por estrada, non poderán concederse axudas para a adquisición de vehículos de transporte de mercadorías por estrada.
|
| 6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
-
|
| 7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
-
|
| 8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
1. As actuacións ás que van destinadas estas axudas refírense á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental.
2. Non se subvencionarán aquelas propostas ao abeiro desta orde que sexan de obrigado cumprimento pola lexislación vixente nin tampouco aqueles proxectos que xa resultasen beneficiarios de axudas outorgadas por esta mesma consellería para a
mesma finalidade.
En particular, serán actuacións subvencionables as seguintes:
a) Investimentos das empresas co fin de acadar unha redución das emisións á atmosfera:
a.1. Investimentos que produzan unha redución efectiva de emisións de gases efecto invernadoiro (GEI), tales como:
-Investimentos tecnolóxicos que supoñan unha redución de emisións a atmosfera de GEI.
-Investimentos para a mellora da eficiencia enerxética en calquera ámbito da actividade da empresa.
-Investimentos para a substitución do tipo de combustible empregado pola empresa que implique modificacións de equipamentos e/ou instalacións sempre e cando supoñan unha redución de GEI.
-Investimentos para a substitución ou adaptación do vehículo para o transporte de mercadorías (sempre e cando, tratándose de transporte de mercadorías por estrada, este se realice por conta propia) ou pasaxeiros que supoñan unha redución de emisións
polo emprego de enerxías alternativas (gas natural, propano, electricidade...).
-A elaboración de plans de cambio climático que inclúan, como mínimo, actuacións de redución e formación na peme, así como actuacións de planificación en materia de transporte para empresas co obxectivo de actuar sobre a mobilidade dos traballadores
ata o seu posto de traballo (polígonos, centros de traballo) que supoñan unha reducción de GEI.
-Calquera outra actuación ou investimento relacionado co obxecto desta epígrafe.
No caso das pemes incluídas no ámbito de aplicación da Lei 1/2005, do 9 de marzo, pola que se regula o réxime de comercio de dereitos de emisión de GEI, e da Orde do 13 de novembro de 2007, non se considerarán aqueles proxectos que supoñan reducións
no consumo de materias primas e combustibles autorizados para a instalación sometida á dita lei.
a.2. Investimentos que supoñan unha redución ou mellora na medición das emisións distintas dos GEI:
-Investimentos tecnolóxicos que supoñan unha redución de emisións a atmosfera distinta dos GEI.
-Investimentos para a mellora da seguridade das plataformas de medicións en focos e mellora e adquisición de equipamentos de medición en continua, SAM.
-Calquera outra actuación ou investimento relacionado co obxecto desta epígrafe.
b) Investimentos das empresas destinados a mellorar o seu comportamento ambiental en materia de xestión e uso sustentable dos recursos e os residuos.
Prevese nesta epígrafe as instalacións ou procesos produtivos que dean lugar nas propias instalacións produtivas a:
b.1. Unha reutilización de produtos ou materiais empregados.
b.2. Unha redución da cantidade de residuos industriais xerada.
b.3. Unha axeitada separación en orixe dos residuos xerados.
b.4. A reciclaxe ou calquera outra forma de aproveitamento posterior deste tipo de residuos.
b.5. A introdución de mellores tecnoloxías aplicadas á xestión e uso sustentable dos recursos e dos residuos.
b.6. Calquera outra actuación ou investimento relacionado co obxecto deste apartado.
c) Estudos de análise e avaliación de riscos ambientais en instalacións industriais. Prevese aquí aquelas actuacións relacionadas coa realización de estudos de análise de riscos ambientais en instalacións industriais, de conformidade co disposto polo Real decreto 2090/2008, do 22 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento parcial da Lei 26/2007, do 23 de outubro, de responsabilidade ambiental.
d) A implantación e mantemento no Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Ambiental (EMAS) segundo o recollido no Regulamento
(CE) 1221/2009, do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de novembro, relativo á participación voluntaria de organizacións nun sistema comunitario de xestión e auditoría medioambientais (EMAS), e polo que se derrogan o Regulamento (CE) 761/2001
e as decisións 2001/681/CE e 2006/193/CE da Comisión. Serán actuacións subvencionables ao amparo desta epígrafe:
d.1. Os traballos de consultoría, verificación e validación realizados para a implantación do sistema de xestión ambiental EMAS e rexistro da entidade solicitante.
d.2. Os traballos de verificación e validación que sexa necesario realizar para a renovación no rexistro cada tres anos, a través da validación da declaración ambiental actualizada.
Cómpre sinalar que, en relación con esta letra d), non se considerarán actuacións subvencionables as medicións, análises e estudos.
e) Investimentos para a adaptación do software destinado a potenciar o emprego, por parte das empresas, de medios electrónicos no cumprimento das obrigas de información en materia ambiental, en particular no tocante á xestión dos residuos industriais
e á realización da autodiagnose ambiental.
En particular, non serán gastos subvencionables os seguintes:
-Os gastos non xustificados correctamente ou que non sexan obxecto de subvención, así como os gastos non imputables ao investimento.
-O imposto sobre o valor engadido así como calquera outro imposto de natureza similar que sexa recuperable. Tampouco se subvencionarán os impostos persoais ou sobre a renda.
-Os gastos financeiros derivados do investimento.
-No tocante a terreos e bens inmobles, serán subvencionables as adquisicións de terreos e de bens inmobles nos que exista unha relación directa entre a compra e os obxectivos do proxecto. Non será subvencionable a adquisición de terreos por importe superior
ao 10% do gasto total subvencionable. En todo caso, o importe subvencionable non poderá superar o valor de mercado dos terreos e dos bens inmobles, extremo que deberá acreditarse mediante certificado de taxador independente debidamente acreditado e inscrito
no correspondente rexistro oficial.
-Os gastos de persoal, tanto propio como externo.
-Respecto dos bens de equipamento de segunda man, estes non serán subvencionables cando non se cumpran os requisitos seguintes:
*Que conste unha declaración do vendedor sobre a orixe dos bens e sobre que estes non teñen sido obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria.
*O prezo non poderá ser superior ao valor de mercado e deberá ser inferior ao custo dos bens novos similares, estes extremos acreditaranse mediante certificación de taxador independente.
-Así como todos aqueles gastos que figuren no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como non subvencionable.
|
| 9.
CONTÍA DAS AXUDAS |
a) Para a investimentos das empresas co fin de acadar unha redución das emisións á atmosfera:
Ata un 60% dos custos totais subvencionables do proxecto cun límite máximo de 60.000 €.
b) Para investimentos das empresas destinadas á xestión dos recursos e dos residuos:
Ata un 60% dos custos totais subvencionables do proxecto cun límite máximo de 60.000 €.
c) Para a realización dos estudos de análise e avaliación de riscos ambientais en instalacións industriais:
Ata un 60% do custo do análise de risco ambiental, cun límite máximo de 10.000 €.
d) Para a implantación e mantemento do Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Ambiental (EMAS):
-Ata un 60% do custo da implantación e verificación, cun límite máximo de 15.000 € para os beneficiarios que realicen a implantación e inscrición no Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Ambiental.
-Ata un 60% do orzamento cando a implantación ou verificación se realice partindo da norma ISO 14001, cun importe máximo de 2.500 €.
-Ata un 60% do custo da verificación para a renovación do rexistro cun límite máximo de 5.000 €.
e) No caso de investimentos para a adaptación do software destinado a potenciar o emprego, por parte das empresas, de medios
electrónicos no cumprimento das obrigas de información en materia ambiental, en particular no tocante á xestión dos residuos industriais e á realización da autodiagnose ambiental:
Ata un 60% dos custos subvencionables cun límite máximo de 10.000 €.
|
| 10.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
|
| 11.
INCOMPATIBILIDADES |
As axudas que se concedan ao abeiro desta orde terán a consideración de axudas de minimis e réxense polo establecido no Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis (DOUE nº 379, do 28 de decembro). A axuda total concedida baixo este concepto de minimis por calquera Administración pública a un mesmo beneficiario non poderá exceder os 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. No sector do transporte por estrada este
importe non será superior a 100.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.
Estas axudas serán compatibles con outras que, para a mesma finalidade, concedan outras administracións públicas sempre e cando estas últimas non estean cofinanciadas tamén polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, por calquera outro fondo ou instrumento financeiro comunitario e o importe total das axudas non supere, illadamente ou conxuntamente con outras, nin o custo elixible do proxecto, de acordo coa normativa sobre gastos subvencionables nin o custo total da actividade que se vaia desenvolver.
|
| 12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Orde do 15 de xullo de 2010 (DOG Nº 137 do 20/07/2010) - Bases reguladoras e convocatorias 2010 e 2011
|
| 13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
|
| 14.
OBSERVACIÓNS |
Estas axudas están sometidas ao réxime de minimis.
|
|